Archive | enero 2014

TEXTO DE Josefina Calvo Sánchez- celebrando o Día da Paz

DÍA DA PAZ, 29 DE XANEIRO DO 20014

 

            Hoxe, a UNED SENIOR de Xestoso, estamos celebrando o Día da Paz ¡Que ben soa esa palabra e que ben a gusto nos sentimos cando no noso entorno temos paz e harmonía!

           

            A Paz, que tanto desexamos todos os que loitamos por ela, porque no mundo hai moitas persoas que a precisan con gran urxencia. Que están pasando tantas calamidades, fame… fame de tantas cousas… de comida, de compaña, de traballo, de comprensión, de cariño…, que se senten tan baleiros, que non teñen ilusión por nada na vida. Mentres, os que teñen todo iso e moito máis, miran para outro lado e ignoran o sufrimento dos demais.

 

            Acaban de pasar as festas navideñas. Nas nosas casas, houbo comida, bebida e agasallos para todos. Os Reis Magos trouxeron moitas cousas, sobre todo, para os máis pequenos, que comezan a abrir regalos e, ao final,  só xogan cun ou dous, como moito, e para a miña humilde opinión, iso é un despilfarro por parte dos seus proxenitores, cando miles de nenos coma os nosos morren de fame e non teñen nin un só xoguete.

 

            ¿Non sería máis humano que houbera máis igualdade? ¿Que todo o mundo tivera o preciso para vivir? ¡Cantas toneladas de comida se tiran e canta xente morre de fame ao ano! ¿Por que non se controla iso?  Porque falla a organización e que dentro de nós lata un nobre corazón.

 

            Conseguindo todo iso, poderemos comezar a falar de Paz. Mentres ese momento non chega, na UNED SENIOR, seguiremos todos unidos, demostrando a todo o mundo que nunca nos renderemos, e que sempre estaremos apoiando as boas causas, loitanto contra as inxusticias, e que estamos todos de acordo en que hai que acabar con elas, para construir un mundo mellor para os nosos fillos e netos, que o teñen moi complicado o día de hoxe.

 

            E tamén quero dar as gracias ao fundador da UNED SENIOR DE XESTOSO, ao cura D. Luis Ángel Rodríguez Patiño, xa que, sen el, non sería posible que nos coñecéramos este grupo de persoas que tan ben nos levamos, e compartimos comidas e xuntanzas, viaxes, anécdotas, ensaios, nos que tocamos e cantamos e, ás veces, tamén nos trabucamos, porque somos humanos e non hai ninguén perfecto. Pero, dos erros tamén se aprende. Rimos e divertímonos, loitamos e unimos as nosas forzas para facer un mundo mellor.

 

            E que a UNED SENIOR, por onde queira que vaia, destaque pola súa sencillez, humildade e polo seu bo facer, para axudar ao máis débil, e seguir os pasos do seu fundador. E con iso xa podemos estar satisfeitos.

 

            ¡Moitas gracias!

 

           

            Josefina Calvo Sánchez

            UNED SENIOR DE XESTOSO

            Aula de Paderne

A UNED SENIOR EN BRETOÑA:RAÍCES GALEGAS EN BRETOÑA

Imagen 

Era o 28 de xaneiro de 2014:

Con condicións climatolóxicas moi adversas; pero con moitas ganas de aprender, o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso acompañado polo Coordinador (D. Luis Ángel Rodríguez Patiño) e o Profesor de Cultura Galega (D. Felipe Senén López), dirixiuse a BRETOÑA, un lugar situado entre a Mariña Luguesa e a Terra Cha  que –de non ser pola súa importancia histórica-, non chamaría a atención de ninguén.

 

Para os ollos dunha persoa profana na materia, unha parroquia como outra calquera. A simple vista, nada que nos fixera sospeitar.

Para os ollos do noso Profesor, un lugar cargado de historia do Antigo Reino de Galicia.

 

Que había grandes extensións de terreo, saltaba á vista.

Que noutrora houbera  ferro pola zona, tamén se pode deducir dado que os lóstregos descargan por alí con certa frecuencia…

Pero que fora un lugar cargadiño de historia non se pode imaxinar tan facilmente.

 

Foi o noso Profesor quen nos descubríu os tesouros que encerra aquela terra.

 

Nos tempos que nos toca vivir, dá moito que falar o feito de que  a xuventude teña que recorrer mundo para buscarse un porvir; pero se analisamops un pouco; comprobamos que sempre houbo movementos de poboación por diferentes motivos na procura dunha vida mellor.

 

Tal foi o caso dos REFUXIADOS BRITONS, procedentes dos sur de Inglaterra que fuxiron dos saqueos anglosaxóns e asentáronse  en BRETOÑA (Pastoriza-LUGO), no MONASTERIUM MÁXIME protexidos por bispos e xerarcas.

Destaca a figura de MAELOC  ou MAHILOC que exercía como bispo e máis como abad.

Alí se asentaron aproveitando varias oportunidades:

 

-A decadencia do Imperio romano cando Constantino trasladou a capital para Constantinopla.

 

-A división do Imperio cos fillos de Teodosio: Arcadio e Honorio. Xa din alí: “Divide e perderás”

 

-As relacións con Idacio, bispo Dumiense.

 

-Creando as parroquias arredor das fontes, das árbores e de todos aquelas estructuras pagás;  para ir cristianizando o país.

A cargo de cada parroquia poñían un vicario; daí o nome dalgunha aldea como Vigo.

 

-Aproveitando as xestións feitas pola monxa Exeria nas súa viaxes a Xerusalén. Naqueles tempos a mulleres exercían o culto divino.

As mulleres  chamábanse CHAVELLAS  e o s homes BRETÓNS ou BIORTOS ¿Imaxinábao?

 

-E as correntes Priscilianistas. Por algo Prisciliano foi un heroe e morreu decapitado.

 

-Correxindo certas prácticas como a antropofaxia.

(Moita fame debía de haber…)

 ¿Por que nos queixamos tanto agora?

¿Será por vicio, por necesidade pu por ignorancia?

 

-Etc, etc.

 

Co paso do tempo o poder foise trasladando  a San Mariño de Mondoñedo onde se encontra a catedral románica máis antiga de Europa (según din os lugareños).

 

Máis tarde a invasión musulmana provocou a fuxida a Mondoñedo, sendo esta vida capital de provincia do ANTIGO REINO DE GALICIA ata que que no ano 1833 entrou en vigor a actural división administrativa do Estado.

 

Pero en BRETOÑA consérvase vestixios de suma importancia: sepulcros paleocristinas e otros que descansan baixo terra até que alguén decida seguir estudiando as raices do ANTIGO REINO DE GALICIA.

 

Tamén vsitamos o nacemento do PAI MIÑO en Fonte Miña que rebosaba auga e vida a máis non poder.

 Incluso merodeaban pacificamente as grarzas polo entorno.

 

Unha zona ben acondiconada con pasarelas de madeira  dispostas para faciltar o disfrute de cantas persoas queiran gozar da nai natureza en estado puro.

Un  monumento escultórico feito por Picallo, natural de Sada, representa ó pai Miño sobre dúas ninfas que soimbolizan o Sil e o Avia . Símbolo que tamén está representado na bandeira galega.

 O Miño é para Galicia algo así como a columna vertebral para un humano.

 

Percorrendo a zona anegada polas augas da choiva, divisamos varios niños de cigoñas que aparecerán pola zona en canto chegue o San Brais.

 

De paso por Castro de Rei aproveitamos para visitar o CARBALLO DE LUXÍS, toda unha obra de arte vexetal feita pola nai natureza durante seis ou setecentos anos.

Xa se sabe, as cousas ben feitas, levan tempo.

Está recollida no CATALOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALICIA e D. Xosé Andrés Crecente Vega, sacerdote, catedrático de latín e escritor da zona dedicoulle un poema para que ninguén o esmoucara porque esa foi a razón pola que chegou en estado virxinal ó día de hoxe.

 

Aínda que o día era invernal cen por cen, o noso sangue fervía por sabérmonos herdeiros dun país con raíces moi profundas; aínda moito máis profundas que as do Carballo de Luxís.

 

E o noso futuro como pura raza galega proxéctase cara o infinito en tódalas direccións como as pólas do CARBALLO DE LUXÍS.

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da Uned Sénior de Xestoso.

Aula de PADERNE (A Coruña)

EDUCAR PARA A PAZ

Imagen

 

A Paz é un ben de valor incalculable, pero non brota espontaneamente.

Todos desexamos  vivir en paz.

Pero a realidade é que a nosa paz vese perturbada moitas veces e ocasiónanos severos trastornos.

 

Unhas veces sentímonos incómodos con nós mesmos porque algo nos saíu mal.

Outras sentímonos incómodos con outras persoas debido a axentes externos.

Unhas veces somos nós mesmos quen nos creamos problemas, outras veces creámolos os outros.

 

Un lío. Un auténtico lío.

 

¿Por que ocorren estas cousas?

 

¿En que medida están relacionadas coa educación para a paz?

Intentarei explicarme con exemplos da vida diaria:

 

Estes días pasados vivín unha experiencia que me fixo reflexionar ó respecto:

 

Estaba nunha consulta médica cando de repende oín –na sala contigua- o prantro dunha criatura que berraba como se lle estiveran sacando un ril en vivo.

 

Cando saín da consulta comprobei que era alguén coñecido.  

Acerqueime á criatura en cuestión que estaba espatarrada no chan coa pataleta en do maior.

 Era un neno de tres anos ó que a súa mamá lle recriminara por algo que fixera mal.

Ó ver que me dirixía cara a eles, a nai argumentou que estaba enfadado porque lle reñera, pero ó mesmo tempo a súa mirada era cómplice coa do seu neno que choraba escandalosamente.

O neno ademais de facer un escándalo, estaba estudiando a reacición psicolóxica da nai.

Eu, para disuadilos daquela situación, intentei acariciar ó neno e dicirlle algo.

 El rechazou a miña caricia e refuxiose no regazo da nai ó mesmo tempo que rematou o pranto.

 

En canto observei aquela movida entre nai e fillo, díxenlle á nai:

“CHANTAXEOUTE EMOCIONALMENTE BEN CHANTAXEADA”

 

A nai non me dixo palabra pero eu entendín o seu pensamento:

¿Que saberá Mercedes desto?

¿Que saberá Mercedes da mña relación co meu neno?

 

Eu, moi discretamente despedinme porque vin que ninguén me chamaba naquel enterro.

 

Ó mesmo instante a miña mente trasladouse no tempo e no espazo ó ano 1974 cando eu presenciei unha experiencia semellante, pero con actitude maternal ben diferente.

 

Fai corenta anos estaba outra mestra e máis eu ó cargo dunha aula de maternais con oitenta  nenos de dous e tres anos.

A outra mestra tiña naquela clase dous fillos, un de dous e outro de tres aniños.

 

Un día á hora de dárlle-la merenda o de tres anos montou unha pataleta protestándolle á nai porque non lle gustaba o chocolate con pan. O neno púxose un pouco raiante. Non quería obedecer.

A nai ergueu a man e deulle unha labazada na meixela esquerda.

Ó mesmo instante o neno botouse a chorar e do seu tenro nariz saíron dúas enormes velas de mocos que lle chegaban á boca.

O neno sentía moita dor porque lle parecíia que súa nai non o quería polo feito de que non accedía ó seu capricho.

A nai con máis dor no corazón que o fillo seguíu co seu traballo.

O neno ó ver que non lle quedaba outra púxose a come-lo chocolate co pan e cando rematou dirixiuse á nai para que le dera a aprobación polo deber cumprido e todo rematou aí.

 

Se a nai accedera naquea ocasión e se deixara levar polo que lle dicía o seu corazón maternal, sen utiliza-la razón; o neno seguirá chataxeándoa unha e outra vez.

 

Sería un mimoso e un caprichoso de neno, de xove, de adulto e de ancián.

A súa conducta daría pé a máis dunha situación  violenta coas persoas máis próximas.

Como foi educado a tempo, hoxe é un gran cirurxián que traballa nun hospital de Palma de Mallorca e ten seis fillos educados coa mesma disciplina.

 

A PAZ edúcase durante toda a vida, pero a ser posible hai que empezar na infancia porque os nenos son moi sabios e saben que estratexias utilizar para toca-las fibras máis sensiblas dos proxenitores.

 

O alumnado da Uned Sénior por norma xeral foi educado na disciplina que reinaba naqueles tempos.

Os nosos proxenitores dábannos todo o que podían e máis, pero non andaban  con contemplacións.

Daquela a palabra dun pai ou dunha nai era sagrada. Había respeto. Os pais tiñan autoridade sobre os fillos e os mestres sobre os alumnos.

Esa foi unha das razóns de peso polas que hoxe somos persoas de paz: traballadoras, humildes, caladas e cumpridoras.

 

A xeración seguinte pasouse uns cantos pobos. Quixo modernizarse –no sentdo negativo da palabra- e chegou á conclusión de que ó neno hai que deixalo co que quere porque se non traumatízase e non vaia ser….

 

¿Cal é o resultado?

 

-Relacións tensas na idade escolar porque non saben repetar a autoridade do profesorado nin os  os dereitos do resto do alumnado.

 

-Relacións tensas na etapa adolescente porque non saben acomodarse ó medio. Non saben que teñen que apretar duro nos estudios para labrarse un futuro prometedor.

O profesorado a veces séntese impotente porque o alumnado ten máis que dicir.

 

-Relacións tensas cos proxenitores porque chega un momento no que estes non poden soportar o ritmo de vida que lles piden.

E cando a familia non é capaz de controlar a situación di:

 

 “¡QUE TE EDUQUE O MUNDO!”

 

Si, Si… Pero o mundo non educa.

 O mundo trastea.

O mundo no acepta chantaxes.

 

A persoa en cuestión enfróntase a situacións tensas por onde queira que vaia.

 

-Na vida de parella  crea problemas de covivencia á segunda de cambio  porque xa non pode chantaxear .

 

-A familia rómpese porque xa non se soportan.  A violencia está servida por calquera cousiña.

 

– Na vida laboral pode pasar algo do mesmo.

 A convivencia non é o que debía ser.

  O rendemento profesional tampouco.

En ocasións non se ama o que se fai e tampouco é feliz a persoa traballadora.

 

-Desafortunadamente tamén repercute no trato coas persoas maiores.

Antes, os  maiores eran venerados e coidados con amor e por amor. Agora hai moitos casos que segue facéndose do mesmo xeito pero tamen é ben certo que noutros deixa moito que desexar.

 

Pode observarse na vida diaria:

 

-Cando  a famila vai de vacacións moi  poucos maoires se ven.

 

-Cando hai actos sócias a nivel familiar, moi poucos maiores se ven.

 

-No que pasa dentro do seo familiar, tampouco se teñen moitas noticias porque se perdoa o imperdoable con tal de deixar á familia nun posto ben alto diante da sociedade.

 

¿Que pode aportar o alumado da Uned Sénior para favorecer a convivencia en paz?

 

En primeiro lugar dar exemplo: ser persoa pacíficas velando pola paz aínda que sexa o prezo ben elevado.

 

Xa din alí: “PAZ NA CASA E GUERA FÓRA”

 

Aínda que non debe ser nada doado sentirse unha persoa pacífica cando se pensa que se sacrificou moito  polos seus e agora non se ve correspondida.

 

Moitas veces teremos que poñernos na pel do outro e facer unha reflexión sobre os nosos fallos á hora de educar para a paz.

 

Seguro que o fixemos o mellor que soubemos ou poidemos, pero tamén é ben seguro que cometemos moitos erros dos que agora podemos sentirnos víctimas.

 

Non somos perfectos.

Somos seres en estado evolutivo que imos aprendendo moi lentamente  ó longo dos tempos.

 

Nós non somos prefectos e polo tanto non podemos esixir gozar dunha paz completa e por eso debemos empregar grandes doses de paciencia para seguir velando por ela,  esperando tempos mellores.

 

O que si podemos facer é ter bos relacións de convivencia pacífica entre nós.

¿Como?

Deixando os celos a un lado.

 Aquí todos somos iguais.

Todos somos importantes e  ninguén é imprescindible.

 

Estamos  chamados a convivir en paz poñendo a disposición dos outros as mellores cualidades que temos e mostrándonos o mellor que somos.

Dando bo exemlo ás xeracións vindeiras, xa estamos velando pola paz de modo moi positivo.

 

A estas alturas non podemos facer moito máis.

 

MERCEDES CAHAZA PLATAS

 Alumna da Uned Sénior de Xestoso, aula de PADERNE.

UNHA REFLEXIÓN MÁIS SOBRE A PAZ

 

Imagen 

 

            A Paz significa harmonía, ausencia de conflito. Pero, onde está a harmonía? Hai conflitos por todas partes. Guerras, con miles de vidas truncadas e millóns de persoas desprazadas dos seus países e lugares de residencia, vivindo hacinadas en campos de refuxiados en condicións infrahumanas. Por que ocorren as guerras? Non son por motivos relixiosos, como nos queren facer crer. As guerras prodúcense por intereses económicos e de dominio dos territorios, codiciados pola súa riqueza en materias primas ou outros produtos. Aos que as provocan non lles importa  a morte de miles de seres humanos nin a destrución de toda a súa forma de vida.

            A parte das guerras, tantos millóns de persoas sobrevivindo, cada día, en condicións de auténtica miseria, sen o máis elemental para poder saír adiante: falta de alimentos, auga potable, saúde, educación, etc., etc. Tantas e tantas persoas desprazadas do seu medio porque as grandes multinacionais lles ocupan a súa terra para explotacións de agricultura industrial, que a eles non lles beneficia en nada, e por enriba, non son sostibles medioambientalmente. Mentres isto ocorre, miles de persoas morren de fame no mundo.

            E aquí, arredor de nós. Non fai falta ir a África ou a outros lugares do terceiro mundo. Ben cerca, temos case seis millóns de parados. Miles de familias nas que na súa casa non entra un euro. Como se pode vivir desta maneira? Persoas que foron expulsadas dos seus fogares por non poder pagar a hipoteca. Xubilados con pensións de miseria que teñen que pagar os seus medicamentos e non teñen con que.

            Por outro lado, están os amos do mundo, que seguen a amasar fortunas, fabricando os produtos que venden en países onde os traballadores e traballadoras viven unha auténtica escravitude. Despois, estes ricachóns danlle uns cantos millóns a algunha organización de caridade e xa lles queda “a conciencia tranquila”. Xa cumpriron. O que practica a caridade é o que comparte o que ten; non o que dá o que lle sobra.

            Logo, temos os banqueiros, a troika, o fondo monetario internacional, o banco central europeo, os mercados, etc. En fin, o poder, que está provocando que a riqueza se concentre, cada vez máis, nuns poucos, e a inmensa maioría da poboación sexa cada día máis pobre.

            Están tamén toda unha restra de corruptos que, co beneplácito do poder, amasan fortunas, malversando fondos públicos e outras lindezas. Estos son os que arruínan a economía, e non a xente normal que vive a diario do seu traballo.

            E cando as persoas se manifestan para amosar a súa repulsa contra todos estes atropellos, dinlles que son violentos, case terroristas. A verdade é que non sei como non hai aínda máis conflitos. No fondo, é que somos xente de paz, e tamén que as familias, solidariamente, comparten o pouco que teñen cos seus fillos, netos e demais persoas necesitadas. Se non, a violencia xa estaría servida. Pois, se a xente é tratada con violencia polo poder, tamén responderá con violencia.

            Non pode haber PAZ se non hai XUSTIZA. Polo tanto, procuremos a xustiza para termos a paz.

 

 

            Mª Lourdes Pérez Freire

            Uned Senior de Xestoso, aula de Paderne

            Xaneiro 2014

           

           

           

UNED SENIOR-CLASE DE CULTURA GALEGA EN LOURENZÁ

Imagen

CLASE DE CULTURA GALEGA EN  LOURENZÁ

 

O día 21 de xaneiro,  dous meses antes do comezo da primavera, o clima presentábase puramente invernal: gris, chuvioso e frío; pero tocaba clase de CULTURA GALEGA para o ALUMNMADO DA UNED SÉNIOR DE XESTOSO.

 

O programa do día encontrábase na Mariña Central de Lugo, concretamente no concello de VILANOVA DE LOURENZÁ.

 

O noso profesor: D. FELIPE SENÉN LÓPEZ  -que non dá puntada sen fío-, aproveitou na viaxe para facernos unha semblanza das terras que estabamos percorrendo:

 

-VILALBA: as súas feiras e os seus personaxes ilustres.

 

-O queixo de SAN SIMÓN que noutrora se curaba co fume da viruta que facían os  zoqueiros; aqueles homes que tiñan por profesión calzar con madeira de bidueiro os habitantes da zona: as famosas zocas chinelas que tanto servizo deixan feito os  habitantes do rural.

 

-Mondoñedo –antiga capital de provincia- onde non se podía esquecer ó Mariscal Pardo de Cela, ós Reis Católicos que lle deron o indulto pero non chegou a tempo, a ponte do Pasatempo, a irradiación cultural que deixa feito o Seminario de Mondoñedo, a Álvaro Cunqueiro e tamén ó rei das tartas. Non nos falou da Cova do rei Cintolo porque me parece que está en lista de espera…

 

Xa en Lourenzá, situados na Praza do Conde Santo deunos a lección maxistral sobre  a vila e o  Mosteiro de San Salvador de fachada inacabada, por Don Fernando de Casas Novoa, o mesmo do Obradoiro e do Claustro Catedralicio de Lugo.

 

San Salvador conserva a capela de Santa María de Valdeflores, patrona do Val de Lourenzá. Nela atópase o sepulcro do Conde Gutierre Osorio, parente dos Reis de León, chamado Conde Santo que dá nome á Praza onde está ubicado o Mosteiro, actual Casa do Concello e máis a Igrexa.

O retábulo é barroco.

O Conde Gutierre Osorio do que falamos,  fi o fundador do mosteiro benedictino. Os seus restos descansan nun sepulcro de pedra oriental que ten un burato para meter os dedos da man e tocar os osos do conde.

 

Na sacristía hai un preciosos relicario, un pequeno museo con obxectos litúrxicos, báculos abaciais, casulas… 

 

A orde relixiosa que noutrora habitou aquel cenobio era a de San Bieito que ten como regra “ORA ET LABORA”.

Ademais da vida de oración, tamén posuían horta que está destrás do cenobio inacabado e tamén aproveitaban para dar pousada ós peregrinos que se dirixían a Santiago polo Camiño Inglés.

Tamén debían cobrar impostos en especie porque a porta traseira é de grandes dimensións, tanto como para entrar carretóns cargados de abundantes producutos agrícolas.

 

Onde os pergrinos garbaban os cabalos, está o MUSEO DA FABA DE LOURENZÁ.

 Trátase dun pequeno espazo ben aproveitado onde se pode observar a historia da faba no mundo e tamén de varias clases de fabas, con especial dedicación á de LOURENZÁ.

 

Nas dependencias dos frades, están ubicadas as oficinas municipais. É a actual CASA DO CO NCELLO.

 

Na parte traseira hai un túnel subterráneo  que debía servir para fuxir en caso de que os frades se viran en perigo.

Eu supoño que cando se ten medo , por algunha razón será. Cada alumno puido pensar o que considerara.

 

Hoxe ese conducto está recheo de pedra branca triturada  na que descansan apeiros de labranza: arados, grades, sachos, etc. Por encima están debidamente protexidos cun cristal a través do cal poden obsevarse todos estes aparellos.

 

Pendurado no teito hai un móbil no que colgan fabas e máis fabas cun leteiro indicador do seu nome en diferentes idiomas. É vistoso e instructivo. Se lle dedicas algún tempo podes aprender o nome da faba en diferentes idiomas.

 

Nun recuncho está unha roda de carro do país e noutro a silueta da cabeza dunha muller cun paxe na cabeza.

 

No centro atópase unha maqueta do Val de Lourenzá, onde pode observarse unha ampla extensión de grandes pradeiras e terras productivas que deron e dan de comer ás mans que a aloumiñan.

 

Polo lado de atrás e exterior ó edificio, hai un pombal de orixe moi antiga e digno de ver, que nos indica a grandiosidade dos seus donos.

 

Ó lado –“no telo pierdas”- puxeron un café na planta baixa do TORREÓN DOS FRADES e pola outra banda están os Servizos Siciais. Polo que se ve en Lourenzá convive todo e todos.

 

A tarde gris e invernal caía sobre o Val e collemos camño de retorno, pero o Profesor seguíu aproveitando de darnos información sobre unhas familias da Bretaña francesa que noutrora se instalaron en BRETOÑA e tamén sobre o cemiterio de ROMÁN que é un auténtico encaixe en pedra que –se non aparecen canteiros especializados- está a piques de perderse este tipo de arquitectura rural.

 

Non faltaron tampouco as aportacións do alumnado  referidas á vida mesma.

 

Unha clase ben aproveitada igual que o día que estaba a piques de invitarnos a un sono reparador despois dun día enriquecedr.

 

Realmente as experiencias da Uned Sénior de Xestoso son das mellores porque os Profesres son estupendos  e o Alumnado moi pero que  moi peculiar.

 

¡Todo un bo exemplo para o rural galego!

 

Mercedes Cachaza Platas

Alumna da Uned Sénior de Xestoso.

Aula de PADERNE (A Coruña)

 

 

 

Marcos Nine dirixe o documental ‘A Aldea do Poeta’ sobre a figura de Díaz Castro

•                     A UNED Senior de Xestoso está detrás do proxecto, que conta coa participación do presidente da Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, Alfonso Blanco Torrado

•                     O poeta, orixinario de OsVilares de Parga (Lugo), será homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014

 
O director Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) dirixe na actualidade un documental que, co título de A aldea do Poeta, describe a vida e analiza a obra do poeta de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro, próximo homenaxeado do Día dás Letras Galegas. Trátase dunha iniciativa da UNED Senior de Xestoso, que pretende así poñer en valor a figura dun escritor descoñecido fóra dos círculos intelectuais galegos e que, pese a pasar gran parte da súa vida en Madrid, sempre estivo ligado ás súas orixes. A Serra de Montouto, a Terra Chá e, en concreto, os camiños que el percorría de neno, son parte principal na súa obra poética.

“Díaz Castro é un poeta da transcendencia, do telúrico, dunha sensibilidade e finura extrema”, describe o profesor Armando Requeixo, estudioso da obra do autor de Guitiriz, que, afirma no documental que hai unha gran parte da obra do poeta inédita e na que se pode descubrir “non só o poeta do social e do circunstancial de Nimbos, senón tamén un poeta intimista, lírico”.

A Aldea do Poeta conta tamén coa participación do presidente da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Torrado Branco, promotor da candidatura de Díaz Castro para o Día das Letras Galegas e coa aparición de historiador, Felipe Senén; entre outros.

“Díaz Castro nunca abandonou o idioma, a lingua dialectal da Terra Chá, pese a que tivo disputas con Santiago por iso, e defendíaa con fachenda. ‘Foi a lingua que eu mamei’, dicía. O seu compromiso con Galicia e con esta terra foi permanente”, defende Alfonso Torrado.

Xosé María Díaz Castro naceu en Os Vilares de Parga, Guitiriz, en 1914 e aos 17 anos ingresa no Seminario de Mondoñedo, que abandona co inicio da Guerra Civil en 1936. “O seu paso polo Seminario de Santa Catalina marcouno profundamente. Era remol dunha auténtica tradición poética e filosófica, onde se formaron Nicomedes Pastor Díaz, Leiras Pulpeiro ou ata o gran poeta Noriega Varela. Ese franciscanismo, ese panteismo, esa natureza inflúen enormemente nos estudantes e en Díaz Castro”, asegura Felipe Senén.

Comezou a escribir os seus primeiros poemas aos 12 anos, foi asiduo colaborador de publicacións como a revista Alba, pero a súa consagración como poeta chega en 1955 cando Francisco Fernández do Rego dedícalle un capítulo en Escolma da poesía galega. En 1961 publica o seu único libro Nimbos, que tivo gran influencia en escritores de xeracións posteriores. O seu poema ‘Penélope’ –Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dous teus sonos non se move–, no que denuncia a pasividade da sociedade civil galega, foi traducido a varios idiomas.

En Madrid, onde emigrou en 1948, traballou como tradutor, primeiro no Ministerio de Gobernación e no Instituto de Cultura Hispánica e logo no Instituto do Frío do CSIC. “Sabía preto de 20 idiomas, entre eles o euskera, o húngaro e ata o ruso”, afirma Torrado Branco. “Pasaba as noites fumando e traducindo de todo, desde libros de medicina a Seleccións do Reader’s Digest”, engade.

Trala súa xubilación, regresou a Os Vilares, onde volveu percorrer os camiños da súa mocidade co seu gran amigo Raúl Río. “Era unha persoa tímida, moi perfeccionista e un gran conversador”, describe Río.

Un proxecto da UNED Senior

A iniciativa deste documental parte da UNED Senior na Coruña e Lugo, un proxecto formativo que este ano cumpriu o seu quinto aniversario e que busca mellorar a calidade de vida dos maiores de 55 anos do rural galego.

Máis de 4.500 persoas de Xestoso, Guitiriz, Paderne, Xermade, Monfero, Aranga, e agora tamén de Rianxo son alumnos desta universidade que ten como finalidade, segundo o seu coordinador Luís Patiño, o envellecemento activo a través de actividades formativas como a historia e a música.

A idade media destes alumnos está en torno aos 70 anos, superior á habitual noutros programas universitarios para maiores que, ademais, proceden na súa maioría de núcleos de menos de 2.000 habitantes e geográficamente dispersos, o que dificulta a súa socialización.

O director, Marcos Nine

O director de A Aldea do Poeta, Marcos Nine, é unha das figuras destacadas do coñecido como Novo Cinema Galego. Púxose por primeira vez detrás da cámara para contar o desastre do Prestige en Carcamáns. Traballou como guionista en series de televisión como Mareas Vivas. Posteriormente, afondou no xénero documental con títulos como Pensando en Soledad –polo que gañou o premio ao mellor director no XI Festival Internacional de Cine Independente de Ourense–; A Fábrica, O Premio da Rubia, Aarón –Mestre Mateo á mellor obra experimental–, Manuscritos Pompeianos, Radiografía dun autor de tebeos ou La Brecha.

Na actualidade, compaxina o filme sobre Díaz Castro coa elaboración dun documental sobre o actor estadounidense Leslie Howard. O 1 de xuño de 1943 produciuse un incidente aéreo fronte ás costas de Cedeira. O voo comercial que cubría a linea Lisboa-Bristol foi atacado por Junkers Ju 88 alemáns. O avión, no que viaxaba o actor de Lo que el Viento se llevó, foi abatido e afundiuse no mar sen que houbese supervivientes. A Viaxe de Leslie, que foi presentada esta semana en Cine Europa, plantexa as incógnitas que rodean este suceso e que se ciernen sobre a figura de Howard, do que se especula que podía estar relacionado coa espionaxe británica.

ACTIVIDADES DE LA UNED SENIOR MESES DE ENERO Y FEBRERO

COMIENZA LA MATRICULA EN LA UNED SENIOR PARA EL 2º CUATRIMESTRE

Domingo,19 de Enero.-1ª Reunión del Consejo de Ancianos-UNED SENIOR en MOMAN.con miembros de la nueva PLATAFORMA “SERRA DA LOBA” y el concienciar a los mayores en el uso de Internet y la Protección de Datos.

Domingo,29 de Enero.-FESTIVAL-ENUENTRO–DIA DA NON VIOLENCIA–en PADERNE desde las 13 horas a las 17.30 horas con distintos actos y comunicados.La no violencia en la familia-en la escuela en nuestras parroquias etc.

Jueves,6 de Febrero-–CONFERENCIAS SOBRE TRANSPLANTES y CANCER.- Centro de Mayores de CAMBAS.Hora de 17.30 a 19 horas.

SEMANA DEL 10 al 15 de Febrero.-semana sin clases en LA UNED SENIOR-y posible acto de Fin del 1º Cuatrimestre y comienzo del 2º Cuatrimestre–en MONFERO.

DEL 12 al 14 de Febrero-Viaje de LA UNED SENIOR -ASTURIAS

VIAJE A ASTURIAS

Los días 12 – 13 y 14 de febrero de 2014.
Hotel en Pola de Siero

 
Salida el 12 de febrero, comida en Pola de Siero yvisita por la tarde a Oviedo
Dia 13 por la mañana, visita Cangas de Onís y Covadonga
            por la tardeVillaviciosa y bodegas de Sidra condegustación gratuita
Dia 14 Gijón y comida de vuelta en Cudillero
 
Precio: Bus,2 Pensiones completas, seguro, bus, comida en Cudillero
94 euros      
MAYORES de 80 años 60 euros                       

 

Visita ao Pazo de Mariñán

O día 7 de xaneiro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, despois do descanso de Nadal, iniciamos as clases de Historia de Galicia, cunha visita aos xardíns do pazo de Mariñán. Acompañados polo noso profesor D. Felipe Senén López, e o noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, demos un paseo polos exteriores do pazo.

O noso profesor dounos unha ampla e clara explicación sobre as orixes, propietarios e usos deste pazo a través da historia. A súa orixe remóntase xa á Idade Media(mesmo podería haber restos romanos debaixo), onde existiu unha fortaleza defensiva, pertencente a algún señor das Mariñas. No século XVIII, construiuse o pazo, que foi ampliado nos anos setenta, pola Deputación da Coruña, a actual propietaria. A parte nova é a zona de aloxamento. Hoxendía, o Pazo de Mariñán utilízase como centro de cursos, para actos institucionais e como museo do propio pazo.

O último propietario foi D. Gerardo Bermúdez de Castro, Señor de Láncara e de Mariñán. Os fidalgos regresaban das cruzadas e construían pazos, como lugares de descanxo e lecer. Varios escritores, entre eles, Dona Emilia Pardo Bazán, Valle-Inclán, Torrente Ballester, etc., tratan o tema dos pazos nas súas novelas.

Os pazos construianse en lugares fértiles e abrigados. O de Mariñán atópase nunha zona privilexiada, á beira da Ría de Betanzos. Está situado en terrazas, unha para a horta, outra para o pazo, outra para o xardín, e, por último, o muro. Atópase  nunha zona fértil, e cunha ría rica en marisco, peixe, xuncos, aves migratorias. Todo isto, naquel tempo, era unha auténtica fonte de riqueza. A parte do bosque tamén aportaba beneficios ao pazo.

Os xardíns son de tipo francés, cuns marabillosos parterres de buxo, con símbolos propios da arte popular, e tamén eucaliptos centenarios, camelios, teixos, magnolios, etc. Logo, unha campa de romaría, que, no seu momento, sería unha zona de cultivo, chea de árbores froiteiras. A escalinata do xardín, de pedra, de tipo barroco. Na súa construción participan grandes mestres da arquitectura. Posúe unhas esculturas que parece ser que tiñan relación con outras gregas e romanas.

O pazo tiña o acceso principal polo río.

Despois dun interesantísimo e ameno paseo, finalizamos o percorrido no posto de observación ornitolóxica, onde, a simple vista, puidemos contemplar varias aves, entre elas, patos e gansos.

Finalmente, vimos o cruceiro que foi instalado no ano 201O, por iniciativa, entre outros, do noso profesor D. Felipe Senén López. A obra é un fermoso exemplar, cunha figura do Descendemento e tamén de S. Roque, patrón do pazo ; é moi similar a outro que hai indo para Noia,

Como sempre, rematamos a visita moi satisfeitos.

Uned Senior de Xestoso

 

Imagen

Francisco reflexiona sobre los retos de la Iglesia con la Unión de Superiores Generales

El Papa: «Realidades actuales como los hijos de parejas homosexuales suponen un desafío educativo nuevo»

El Papa Francisco considera que las distintas realidades personales que se dan en la sociedad actual, como la existencia de hijos que conviven con parejas homosexuales, suponen un desafío educativo nuevo para la Iglesia Católica, sobre todo a la hora de anunciar el Evangelio.

Éste es uno de los mensajes que el pontífice argentino dio el pasado noviembre en la clausura en el Vaticano de la 82 Asamblea General de la Unión de Superiores Generales (USG) de los institutos religiosos masculinos, recogido por la revista «La Civiltà Cattolica» y del que hoy se publica más contenido.

«Recuerdo el caso de una niña muy triste que al final le confesó a la maestra el motivo de su estado de ánimo: ‘la novia de mi madre no me quiere'», contó Francisco a los superiores generales de los institutos religiosos.

«El porcentaje de chicos que estudia en los colegios y que tienen a sus padres separados es muy elevado -agregó-. Las situaciones que vivimos hoy, por tanto, plantean nuevos desafíos que para nosotros, a veces, son incluso difíciles de comprender. ¿Cómo anunciar a Cristo a estos chicos y chicas?. ¿Cómo anunciar a Cristo a una generación que cambia?».

Francisco indicó a los religiosos además que es necesario que estén atentos a «no suministrar» a estas nuevas generaciones una «vacuna contra la fe» y que los pilares de la educación son «transmitir el conocimiento, transmitir las formas de hacer y transmitir los valores, a través de los que se transmite también la fe».

«El educador tiene que estar a la altura de las personas que educa, debe preguntarse cómo anunciar a Jesucristo a una generación que cambia. La tarea educativa hoy es una misión clave, clave, clave», aseveró el pontífice argentino.

«La Civiltà Cattolica», revista de los jesuitas, orden de la que proviene Francisco, recoge además que en el encuentro del pasado noviembre el papa Bergoglio les contó algunas de sus experiencias en Buenos Aires, Archidiócesis de la que fue titular, en contextos educativos de niños y jóvenes con complicadas situaciones familiares.

El tema de la familia y su pastoral centrará la Asamblea General Extraordinaria del Sínodo de Obispos que se celebrará el próximo octubre en el Vaticano, y para su preparación la Santa Sede envió un cuestionario a las Conferencias Episcopales de todo el mundo conpreguntas sobre los matrimonios homosexuales y el divorcio.

«¿Cuál es la actitud de las Iglesias locales hacia el Estado como promotor de uniones civiles entre personas del mismo sexo y ante las personas que las protagonizan?. ¿Qué atención pastoral se puede dar a quienes han elegido vivir bajo este tipo de uniones?», se pregunta en el documento.

En caso de adopciones por parte de parejas del mismo sexo, «¿qué se puede hacer pastoralmente para transmitir la fe?», prosigue el cuestionario, que dedica también un apartado a la educación de los niños en los llamados «matrimonios irregulares» y la forma en la que sus padres se acercan a la Iglesia. (RD/Agencias)

 

Imagen