Archive | abril 2014

14 de MAIO – DIA DAS LETRAS GALEGAS

Homenaxeado 2014: Xosé María Díaz Castro

LUGAR: NAVES DO CAMPO DA FEIRA DE MOMAN.
Moderador: FELIPE SENEN – Historiador e Profesor titor da UNED SENIOR
de 12 a 14 horas: música e cantos da nosa Galicia dirixe FRAN CUPEIRO.
                             e Lecturas – poesías etc
de 14 a 15.30 horas: xantar de confraternidade
de 15.30 a 17.30 horas: actuacións do Coro UNED SENIOR
 
PROYECCION DO VIDEO-«A ALDEA DO POETA»
CONFERENCIA – COLOQUIO de Felipe Senen, Alfonso Blanco e Raúl Rio
REMATE DO CORO DA UNED SENIOR – HIMNO DA UNED SENIOR
 
Marcos Nine dirixe o documental ‘A Aldea do Poeta’ sobre a figura de Díaz Castro

A UNED Senior de Xestoso  e Centro Cultural de Xestoso-subvencionado pola Deputación de A Coruña, está detrás do proxecto, que conta coa participación   del Historiador e Titor da UNED SENIOR -Felipe Senen ,do presidente da Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, Alfonso Blanco Torrado e un personaxe especial-amigo de Diaz Castro-Raul Rio.

O poeta, orixinario de Os Vilares de Parga (Lugo), será homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.

O director Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) dirixe na actualidade un documental que, co título de A aldea do Poeta, describe a vida e analiza a obra do poeta de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro, próximo homenaxeado do Día dás Letras Galegas. Trátase dunha iniciativa da UNED Senior de Xestoso, que pretende así poñer en valor a figura dun escritor descoñecido fóra dos círculos intelectuais galegos e que, pese a pasar gran parte da súa vida en Madrid, sempre estivo ligado ás súas orixes. A Serra de Montouto, a Terra Chá e, en concreto, os camiños que el percorría de neno, son parte principal na súa obra poética.

“Díaz Castro é un poeta da transcendencia, do telúrico, dunha sensibilidade e finura extrema”, describe o profesor Armando Requeixo, estudioso da obra do autor de Guitiriz, que, afirma no documental que hai unha gran parte da obra do poeta inédita e na que se pode descubrir “non só o poeta do social e do circunstancial de Nimbos, senón tamén un poeta intimista, lírico”.

A Aldea do Poeta conta tamén coa participación do presidente da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Torrado Branco, promotor da candidatura de Díaz Castro para o Día das Letras Galegas e coa aparición de historiador, Felipe Senén; entre outros.

“Díaz Castro nunca abandonou o idioma, a lingua dialectal da Terra Chá, pese a que tivo disputas con Santiago por iso, e defendíaa con fachenda. ‘Foi a lingua que eu mamei’, dicía. O seu compromiso con Galicia e con esta terra foi permanente”, defende Alfonso Torrado.

Xosé María Díaz Castro naceu en Os Vilares de Parga, Guitiriz, en 1914 e aos 17 anos ingresa no Seminario de Mondoñedo, que abandona co inicio da Guerra Civil en 1936. “O seu paso polo Seminario de Santa Catalina marcouno profundamente. Era remol dunha auténtica tradición poética e filosófica, onde se formaron Nicomedes Pastor Díaz, Leiras Pulpeiro ou ata o gran poeta Noriega Varela. Ese franciscanismo, ese panteismo, esa natureza inflúen enormemente nos estudantes e en Díaz Castro”, asegura Felipe Senén.

Comezou a escribir os seus primeiros poemas aos 12 anos, foi asiduo colaborador de publicacións como a revista Alba, pero a súa consagración como poeta chega en 1955 cando Francisco Fernández do Rego dedícalle un capítulo en Escolma da poesía galega. En 1961 publica o seu único libro Nimbos, que tivo gran influencia en escritores de xeracións posteriores. O seu poema ‘Penélope’ –Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dous teus sonos non se move–, no que denuncia a pasividade da sociedade civil galega, foi traducido a varios idiomas.

En Madrid, onde emigrou en 1948, traballou como tradutor, primeiro no Ministerio de Gobernación e no Instituto de Cultura Hispánica e logo no Instituto do Frío do CSIC. “Sabía preto de 20 idiomas, entre eles o euskera, o húngaro e ata o ruso”, afirma Torrado Branco. “Pasaba as noites fumando e traducindo de todo, desde libros de medicina a Seleccións do Reader’s Digest”, engade.

Trala súa xubilación, regresou a Os Vilares, onde volveu percorrer os camiños da súa mocidade co seu gran amigo Raúl Río. “Era unha persoa tímida, moi perfeccionista e un gran conversador”, describe Río.

O director, Marcos Nine

UNED SENIOR en SAN MARTIN PINARIO-LECCIÓN SOBRE ARTE SACRA-MERCEDES CACHAZA

LECCIÓN SOBRE  ARTE SACRA

 O día 29 de abril de 2014, o Alumnado da clase de Historia da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña), trasladouse a Santiago de Compostela acompañado polo seu Coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño e o Profesor D. Felipe Senén López para recibir unha lección sobre  ARTE SACRA no propio Museo de Arte Sacra do Seminario Maior da cidade do Apóstolo Santiago o Maior, discípulo predilecto do Señor e noutros tempos Patrón de España.

 Situados diante da Igrexa de San Martiño Pinario, o Profesor díxinos que tiñamos que lembrar dúas datas importantes ó respecto:

 -O ano 813 no que aparecen naquel lugar os restos do Apóstolo Santigago, que deu  orixe a todo o resto.

 Imagen-E o ano 1188 no que o Mestre Mateo construiu o Pórtico da Gloria. 

Ben, despois de darnos unha explicación sobre a fachada; díxonos que para vixiar e custodiar a   TUMBA DO APÓSTOLO e todo canto xiraba en torno a este feito; foi a Orde Benedictina a encargada levando a cabo tal labor seguindo a súa regra de “ORAT E LABORA”, ou dito doutra maneira: “A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO”. Traballando duro, vaia.

San Martiño Pinario é unha construcción renacentista, posterior ós Reis Católicos, construída por mestres benedictinos e canteiros galegos. É unha  construcción moi sólida e moi vetusta.

Nada máis entrar, chaman a atención os casetóns que forman o artesonado, aínda que todo o edificio presenta unha solidez extraordinaria e ocupa unha gran extensión.

Nós tan só vimos a parte adicada a Museo de Arte Sacra  e unha exposición sobre San Rosendo Salvado nunhas dependencias  que outrora foron as cabaleirizas.

Ó entrar  xa nos recibiron dous santos galegos:

-Á man dereita: SAN RUDESINDO que foi monxe de Caaveiro, situado nas fragas do Eume, lugar rico en vexetación, alonxado do mundanal ruído, ben protexido estratéxica e xeograficamente e lugar moi  propicio para a vida retirada.

-Á man esquerda: SAN PEDRO MEZONZO, natural de preto de Curtis, ordeado presbítero en 959, estivo en Mezonzo onde había un mosteiro do cal só se conserva a igrexa, trasladándose máis tarde  a Sobrado, onde foi abad e logo bispo en Iria Flavia e finalmente en Compostela.

Foi o creador da SALVE REGINA.

A continuación, saltaba á vista  o RETÁBULO DO ALTAR MAIOR: barroco, un auténtica fraga recuberta con pan de ouro, obra de Fernando de Casas Nóvoa, que divide o templo en dúas partes; separando a parte destinada ó pobo do CORO RENACENTISTA, obra de Mateo de Prado; destinada á Orde Benedictina e presidido por unha INMACULADA, obra de ROMAY.

¿Había un facistol? Non me lembro. Xeralmente adoita habelos, pero aquí non sei… Se o había, non o vin.

Tamén nesta zona se nota o poderío do Orde Benedictina naqueles tempos; sobre todo na sillería do coro feita entre 1636 e1647, asi como as portas recubertas de coiro REPUXADO: “CORDOBÁN”.

A continuación pasamos polas diferentes salas tanto da planta baixa como da alta onde puidemos admirar e contemplar a riqueza museística do lugar:

-Casulas.

-Plantillas e material de imprenta bendictina, materiais para o traballo dos linotipistas, etc.

-Anxos de madeira policromada, de cor branca que semellan mármore; obra de Xosé Ferreiro que culminaban o MONUMENTO DO XOVES SANTO, hoxe situados na sala das vestimentas sagradas.

-Cálices.

-Custodias.

-Viñateiras.

-Crucifixos.

-Cristos de mafil.

-Libriños.

-Rosarios con doas de prata dourada.

-Un andar adicado a acibechería con obras de Enrique Meyer.

-Unha SACRA.

-Un andar con louza onde puidemos ver unha ALMOFÍA que na miña aldea lle chamamos PALANGANA e máis un PENICO de 1881 ó que na miña aldea lle chamamos bacenilla.

A almofía ou palangana era para lavarse a cara e as mans e o penico ou bacenilla para mexar pola noite para non ter que ir fóra.

-Unha sala (antiga sacristía) de estilo neoclásico; presidida polos evanxelistas e os anxos grandes  do Monumento do Xoves Santo colocados con destreza  na repisa alta das paredes.

Neste lugar alguén entre o alumnado preguntou como podía ter tanta riqueza a Igrexa e a resposta do Profesor foi:

As bulas, os impostos por nacementos, defuncións, administración de sacramentos, herdanzas…

 Unha alumna tamén apuntou a preseza dos mecenas.

E o profesor para xustificar a explicación dixo:”

 Algo parecido ós Dereitos Reais da actualidade que como se trate de sobriños ou parentes lonxanos…”.

-Tamén había unha sala situada nos antigos trasteiros, adicada a pintura na que se atopaban: o papa León XIII (1902), o arcebispo Zacarías Martínez Núñez (1922), o cardeal José María Martín de Herrera y de Iglesia (1870-1952), o Cardeal Miguel Payá y Rico (1880).

-Outra sala adicada á TAXIDERMIA onde se podían contemplar diferentes mamíferos e aves, chamando a atención dalgún alumno,  o colibrí ou picaflor

.

-A continuación desta, outra con fósiles: xofre, ópalo, seixo, ouro sobe magnetita, caracois mariños e outros…

-O CORO LÍGNEO OU CORO ALTO: obra de JUAN DÁVILA E GREGORIO ESPAÑOL construído entre 1559 e 1606, de estilo RENACENTISTA que noutrora estivera na Catedral, logo en Sobrado dos Monxes e agora neste Museo de Arte Sacra.

-Outra sala adicada á farmacia con diferentes ungüentos, aceites, pílulas, esencias, etc.

De volta á planta baixa visitamos os altares laterais: o do  Sol  (a vida), enfronte o da Lúa(a morte), o de Santa Escolástica en éxtase de estilo neolásico, cunha xanela chamada transparete para darlle aires de elevación de espírito, o de Santa Gertrudis…

O profesor tamén nos mandou fixar no chan e nos canzorros que sobrasaían das paredes para termar das beiras do teito e noutros moitos detalles.

A continuación pasamos a visita-la exposición adicada a outro santo galego nado en  Tui en 1814 o día 1 de marzo:

 SAN ROSENDO SALVADO: foi fillo dunha familia de oito irmáns.

ós quince anos ingresou na Orde Benedictina.

 Ordeouse sacerdote. Foise de misioneiro trasladándose ás antípodas converténdose no valedor do pobo australiano creando NOVA NURSIA e importando o eucalipto. (Non se imaxinaba o uso que faría del os galegos máis tarde…) Os santos tamén cometen erros.

O día un de marzo era a súa festa onomástica  e máis o seu cumpreanos.

Debía se unha persoa moi metódica porque fixo coincidir certos acontecementos da súa vida co día da súa data de nacemento.

 Foi precisamente ese mismo día un de marzo cando:

– Dixo a primeira misa.

-Fundou Nova Nursia  en 1847

-Foi ordeado bispo en 1851.

Na actualidade, o Consello da Cultura Galega, réndelle agradecemento con esta e outras  exposicións na súa honra.

Un santo máis a engadir á lista do santoral galego, sen esquecer que a lista está aberta e quen sabe se outro día subirán ós altares o noso Coordinador, o noso Profesor ou calquera das persoas que integramos o alumnado da Uned Sénior de Xestoso.

Aínda que din que a santidade está ó alcance de todos, non din o mesmo á hora de subir ós altares; pero as ganas de facer cousas tan santas como ser alumnos da Uned Sénior de Xestoso, non nolas van quitar. Por eso nos sentimos moi orgullosos.

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da Uned Sénior de Xestoso.

Aula de PADERNE (A Coruña)

LETRAS GALEGAS E A UNED SENIOR-14 de MAIO en MOMAN

14 de MAIO  – A UNED SENIOR   

Homenaxeado

2014 Xosé María Díaz Castro

LUGAR—NAVES DO CAMPO DA FEIRA DE MOMAN.

Moderador-FELIPE SENEN -Historiador e Profesor titor da UNED SENIOR

de 12 a 14 horas.-música e cantos da nosa Galicia--dirixe FRAN CUPEIRO.

                                   -e Lecturas -poesías etc

de 14 a 15.30 horas-xantar de confraternidade-

de 15.30 a 17.30–actuacións do Coro UNED SENIOR

                   PROYECCION DO VIDEO-«A ALDEA DO POETA»

 CONFERENCIA-COLOQUIO–Felipe Senen-Alfonso Blanco e Raúl Rio

REMATE DO CORO DA UNED SENIOR-HIMNO DA UNED SENIOR

Marcos Nine dirixe o documental ‘A Aldea do Poeta’ sobre a figura de Díaz Castro

  •  A UNED Senior de Xestoso  e Centro Cultural de Xestoso-subvencionado pola Deputación de A Coruña, está detrás do proxecto, que conta coa participación   del Historiador e Titor da UNED SENIOR -Felipe Senen ,do presidente da Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, Alfonso Blanco Torrado e un personaxe especial-amigo de Diaz Castro-Raul Rio 
  •  O poeta, orixinario de Os Vilares de Parga (Lugo), será homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014

 O director Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) dirixe na actualidade un documental que, co título de A aldea do Poeta, describe a vida e analiza a obra do poeta de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro, próximo homenaxeado do Día dás Letras Galegas. Trátase dunha iniciativa da UNED Senior de Xestoso, que pretende así poñer en valor a figura dun escritor descoñecido fóra dos círculos intelectuais galegos e que, pese a pasar gran parte da súa vida en Madrid, sempre estivo ligado ás súas orixes. A Serra de Montouto, a Terra Chá e, en concreto, os camiños que el percorría de neno, son parte principal na súa obra poética. 

“Díaz Castro é un poeta da transcendencia, do telúrico, dunha sensibilidade e finura extrema”, describe o profesor Armando Requeixo, estudioso da obra do autor de Guitiriz, que, afirma no documental que hai unha gran parte da obra do poeta inédita e na que se pode descubrir “non só o poeta do social e do circunstancial de Nimbos, senón tamén un poeta intimista, lírico”.

A Aldea do Poeta conta tamén coa participación do presidente da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Torrado Branco, promotor da candidatura de Díaz Castro para o Día das Letras Galegas e coa aparición de historiador, Felipe Senén; entre outros. 

“Díaz Castro nunca abandonou o idioma, a lingua dialectal da Terra Chá, pese a que tivo disputas con Santiago por iso, e defendíaa con fachenda. ‘Foi a lingua que eu mamei’, dicía. O seu compromiso con Galicia e con esta terra foi permanente”, defende Alfonso Torrado.

Xosé María Díaz Castro naceu en Os Vilares de Parga, Guitiriz, en 1914 e aos 17 anos ingresa no Seminario de Mondoñedo, que abandona co inicio da Guerra Civil en 1936. “O seu paso polo Seminario de Santa Catalina marcouno profundamente. Era remol dunha auténtica tradición poética e filosófica, onde se formaron Nicomedes Pastor Díaz, Leiras Pulpeiro ou ata o gran poeta Noriega Varela. Ese franciscanismo, ese panteismo, esa natureza inflúen enormemente nos estudantes e en Díaz Castro”, asegura Felipe Senén.

Comezou a escribir os seus primeiros poemas aos 12 anos, foi asiduo colaborador de publicacións como a revista Alba, pero a súa consagración como poeta chega en 1955 cando Francisco Fernández do Rego dedícalle un capítulo en Escolma da poesía galega. En 1961 publica o seu único libro Nimbos, que tivo gran influencia en escritores de xeracións posteriores. O seu poema ‘Penélope’ –Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dous teus sonos non se move–, no que denuncia a pasividade da sociedade civil galega, foi traducido a varios idiomas. 

En Madrid, onde emigrou en 1948, traballou como tradutor, primeiro no Ministerio de Gobernación e no Instituto de Cultura Hispánica e logo no Instituto do Frío do CSIC. “Sabía preto de 20 idiomas, entre eles o euskera, o húngaro e ata o ruso”, afirma Torrado Branco. “Pasaba as noites fumando e traducindo de todo, desde libros de medicina a Seleccións do Reader’s Digest”, engade.

Trala súa xubilación, regresou a Os Vilares, onde volveu percorrer os camiños da súa mocidade co seu gran amigo Raúl Río. “Era unha persoa tímida, moi perfeccionista e un gran conversador”, describe Río.

O director, Marcos Nine 

O director de A Aldea do Poeta, Marcos Nine, é unha das figuras destacadas do coñecido como Novo Cinema Galego. Púxose por primeira vez detrás da cámara para contar o desastre do Prestige en Carcamáns. Traballou como guionista en series de televisión como Mareas Vivas. Posteriormente, afondou no xénero documental con títulos comoPensando en Soledad –polo que gañou o premio ao mellor director no XI Festival Internacional de Cine Independente de Ourense–; A FábricaO Premio da RubiaAarón –Mestre Mateo á mellor obra experimental–, Manuscritos PompeianosRadiografía dun autor de tebeos ou La Brecha.

Na actualidade, compaxina o filme sobre Díaz Castro coa elaboración dun documental sobre o actor estadounidense Leslie Howard. O 1 de xuño de 1943 produciuse un incidente aéreo fronte ás costas de Cedeira. O voo comercial que cubría a linea Lisboa-Bristol foi atacado por Junkers Ju 88 alemáns. O avión, no que viaxaba o actor de Lo que el Viento se llevó, foi abatido e afundiuse no mar sen que houbese supervivientes. A Viaxe de Leslie, que foi presentada esta semana en Cine Europa, plantexa as incógnitas que rodean este suceso e que se ciernen sobre a figura de Howard, do que se especula que podía estar relacionado coa espionaxe británica.

luis angel rodriguez patiño

CAMBAS-ARANGA–Cristina Fernández – estudiante de LA UNED en Grado en Educación Social

CAMBAS-ARANGA–Cristina Fernández – estudiante de LA UNED en Grado en Educación Social

Imagen

Estudio na Uned porque me permite compaxinalo co meu traballo, que é a xornada completa e non podo desplazarme a unha universidade presencial.

Unha das grandes ventaxas da Uned é que non importa a distancia xeográfica, dende onde estes podes estudiar, aínda que é importante dispoñer de conexión a a internet, que é o que che permite manter o contacto cos compañeiros e mestres, mediante o foro ou o correo, onde sempre hai alguén disposto a axudar en todo o que precises. Están tamén as tutorias presencias, ás que eu non acudo por motivos laborais, pero creo que son de moita axuda.

Persoalmente, vivo a 55 km do centro asociado da Coruña, vivo no rural, no concello de Aranga, porque vivir no campo para min ten máis ventaxas que inconveniente, e non o cambiaría por nada.

Neste concello teñoo todo, o traballo, a familia, amigos e unha calidade de vida inmellorable, tranquilidade, paisaxes…. Esta distancia, que eu non considero grande, non me impediu en ningún momento realizar as miñas tarefas á hora de estudiar, xa que  ao centro asociado so preciso acudir para realizar os exames, para todo o demais utilizo o foro.

Deste xeito, gracias a libertade que dá estudiar na Uned, podo traballar e estudiar.

Cando falo de libertade e de ventaxas en ningún momento me refiro que aprobar na Uned sea máis sinxelo que na presencial,  creo que é ao revés.O temario é extenso, hai moitos traballos en tódalas asignaturas e as probas presencias esixen nivel, ao igual que no resto das universidades.

Os estudios que realizo non teñen nada que ver co meu traballo, para min é unha ventaxa porque estou aprendendo algo diferente que me permite evadirme da rutina diaria, e a maiores adquiro coñecementos, sabiduria….

non sei se é suficiente, de todos xeitos supoño que con todo esto te podes facer unha idea e sacar conclusións, adxuntoche unha foto, pero 
esta feita onde traballo, nada que ver coa Uned…

saúdos
cristina fernández

CAMBAS-ARANGA–Cristina Fernández – estudiante de LA UNED en Grado en Educación Social

Cristina Fernández – estudiante de Grado en Educación Social

Comezos da parroquia de Momán por SECUNDINO LOPEZ

Imagen

Dos comezos da parroquia de Momán

Teño oído a meu avó, que llo contara outro veciño máis vello, como comezou a parroquia de Momán. Empezou con 6 casas e chegou a 12, segundo conta un libro que hai na Biblioteca de Santiago, e figura como o lugar máis antiguo Poupariña y Otro.

Alí era a primeira igrexa, a Capilla de Acibeiro, hoxe en día non queda nada en pé, tampouco se sabe o ano de construcción, aínda que no archivo da igrexa parroquial hai documentos onde constan que posiblemente fose feita no ano 1600.Posiblemente estivese inscrito nunha pedra que habían no Campo da Feira, na casa de Ricardo. A pedra estaba escrita, pero un cura de aquí, Don Alfonso Pampín non chegou a saber que era o que poñía, agora esa pedra desapareceu.

Cóntase que facían a procesión desde o lugar de Ácibeiro ata a casa de CasBouza cerca de onde está hoxe a igrexa parroquial, de San Mamede de Momán.Debe de haber uns tres quilómetros de distancia. Durante un largo periodo de tempo, de noite aparecía o Santo no lugar onde está hoxe a igrexa.Eso era porque a algún lle interesaba ter alá a igrexa e recurría a esa estratexia para facer coma se fose un milagro, o final fíxose ahí a igrexa, porque Acebeiro estaba moi lonxe e queríana traer cerca de onde vivían todos os veciños e por eso recurriron a ese “milagre”.

Os santos que había eran moi antigos e non se conserva ningún porque vendeunos o cura, incluso a cruz parroquial que era fea pero de moito valor. San Bartolomeu tiña o demo preso por unhas cadeas e estaba de pés enriba del e tiña un coitelo moi grande. San Mamede tiña a roupa corta, á altura da rodilla e a Virxen dos Dolores un corazón moi grande con sete espadas. Os de agora fixeronse a imitación dos antigos pero moito máis airosos e modernos.

 As procesións facíanse descalzos e de rodillas para que se cumpliran as promesa que tiñan prometido.

Calquera domingo do ano os parroquianos levaban ofrendas en forma de productos da casa: queixo, lacón, uñas, ovos, pitas, conexos… era unha ofrenda ós animais.O final da misa o sacristán facía as poxas: poñíase un precio de salida e íbase subindo ata que chegaba un momento que o precio máis alto levaba a peza, os cartos recaudados ían para o peto do cura…algunhas veces, cando lle interesaba,tamén él poxaba.

UNED SENIOR: JESUS PAZ ROMERO-Lembra o seus recordos da escola e dos xogos que nela facían.

Jesús Paz Romero

Imagen

Empezei moi pequeno, non recordo os anos que tiña.O motivo do comezo foi porque vivía unha profesora cerca da miña casa, entonces díxolles ós papás que ía con ela atravesando carreiros polo monte.

A escola estaba nunha casa particular, cedían un cuartoque tiñan grande sen dividir para poñer escola os rapaces da contorna.

Había pequenos, pero algún era xa ben mozo, xa ían ós bailes.

Despois no mes de marzo ou incluso antes, solo íamos a escola a profesora máis eu, porque os outros tiñan que facer os traballos do campo, coidar ó gando, chaman as vacas para arare todos os outros labores.

Esa primeira etapa foi no lugar dos Bedús, na casa dos Bedús en Momán.

Despois xa viñen a esta,Casa da Escola de Momán, eramos máis compañeiros e todos do mesmo tempo. Estudiei uns tres ou catro anos.

Logo volvín a outra escola, que naquela época estábase facendo, a chamada “A escola da Cova” do lugar do “Campo”;aquí en Momán estaba moi masificada de xente e por iso cambiei para a outra. Estiven outros catro anos aproximadamente.

Naqueles tempos había clase de luns a sábado todo o día, entón había que traer da casa algo de comer nunha saqueta, outros se tiñan a casa cerca ían comer á casa; o único día que se libraba era o domingo e os xoves pola tarde.

Utilizábamos a pizarra e o pizarrillo principalmente para facer cuentas e para comezar a escribir as primeiras letras, porque así podíase borrar se te engañabas ou comezar de novo. Había tamén uns cadernos para osprincipiantes onde había que cubrir as letras por encima, os cadernos de caligrafía.Aínda hoxe recordo perfectamente como empezei a facer o número oito, facía dous redondeles e despois uníaos cunha raia polo medio, porque erame moi difícil.

Os xogos típicos que se facían nas escolas eran por exemplo o “Pilla, Pilla” que consistía en correr para pillar uns ós outros.O “Escondite”.A”Pita Cega”tapábamos os ollos a un neno e éste tiña que coller ós outros.“Arrinca Nabos” era un xogo que se facía moito nos pasillos cando chovia, porque non podíamos saír para fora, poñíanse os máis grandes detrás e cada un aguantaba coas dúas mans pola barriga dos que tiña diante, formándose coma unha cadea, dous rapaces tiraban por diante do primeiro da cadea, cada un do seu brazo, para intentar arrincalo a el e os máximos posibles desa cadea ata chegar ao final e arrincaban o nabo.

Pelotas non había, bueno comezaba a haber algunha pero só a tiñan os máis ricos e gardada na casa porque o vir en zocos igual salía un disparado e dáballe a un na cabeza; e tamén podían romper, tanto a pelota coma as zocas e despois tiña que ir descalzo para a casa coa conseguinte bronca que lle esperaba.

“A marica” poñíamonos de espaldas collidos das mans e metíamos a un rapaz no medio intentando que non salira da roda, ía dicindo “Por aquí vou, por aquí veño, a miña mariquiña na casa a teño”, “a onde vas Marica?” e o que estaba dentro contestaba o primeiro que se lle acordaba por exemplo “vou cocer” e tiña que seguir, pero xa no me recordo como remataba este xogo.

Recordo outro xogo no que nos poñíamos os cativos todos en filas facendo un cadrado ou un círculo e un colocábase no medio,neste xogo o rapaz do medio ía preguntando “Nesta casa hai lume?” e o outro contestáballe “Naquela corre fume” o rapaz dirixíase a ela e mentras os outros aproveitan para intercambiarse o sitio entre eles, o xogo consistía en que poidese coller o sitio dun deles e mandalo para o medio e así comezar o xogo de novo, ata que nos cansabamos ou acababa o tempo do recreo.

            Fun a escola ata os 14 anos, despois tururu…

DIPLOMA A LA UNED SENIOR

Como gran proyecto en lo rural.

Mercedez Cacháza, alumna delegada da UNED Senior de Xestoso

con Loli Muras, en Museo pedagóxico de Galicia.

Imagen

VIAXE FIN DE CURSO

Los Sénior de la UNED – A Coruña

PAGADO———– DEBE…………………

Nº de ASIENTO……………………………….

Del 15 al 20 de junio de 2014, nuestros sénior del rural podrán disfrutar de un merecido viaje fin de curso. 
Esta vez el navegador se programará rumbo a Torremolinos y Ronda.
A buen seguro que será un viaje cargado de experiencias culturales y personales, como de costumbre.
 
Programa previsto:
 
  • Domingo 15 de junio. Salida a las 14:00 horas y llegada a Pinto, Madrid. Cena y alojamiento en hotel Plaza Santiago.
  • Lunes 16 de Junio. Salida a Torremolinos.
  • Martes 17 de junio. Visita a Torremolinos y Malaga.
  • Miércole 18 de Junio. Torremolinos y visita a Ronda.
  • Jueves 19 de Junio. Día de salida de Torremolinos a Pinto, Madrid.
  • Viernes 20 de Junio. Mañana y comida en Pinto. Regreso a Galicia.
  • PRECIO-227 euros

ImagenImagen

UN BISCOITO MOVE MONTAÑAS

UN BISCOITO MOVE MONTAÑAS

UN BISCOITO MOVE MONTAÑAS

Nas circunstancias onde me tocou vivir a min de nena pequena, o acceso ás lambetadas era moi escaso.
Comprábanche algo cando saían á vila ou ían a uha feira. E de vez en cando un mozo da miña tía traíame caramelos de martelo que me gustaban moito, pero eso era de tanto en tanto.
Normalmente o que máis me compraban eran biscoitos.
Había paquetes dunha peseta e máis otros de dous reais.
A min gustábanme moito e cando sabía que alguén da casa ía a Betanzos ou a algunha feira, xa pensaba no biscoito, e víñanseme á cabeza ideas deste estilo:

¿Esqueceranse de mercarme os biscoitos?

Loxicamente non se ían esquecer, pero eu non o tiña nada claro. E por si acaso…”Máis valía previr que curar”.
O remedio consistía en conseguir que me levaran a min con eles e así recordaríallelo e podería saborea-los ricos boscoitos.

Normalmente a persoa que máis saía da casa era o meu padriño; polo tanto era o que máis probabilidades tiña de comprarmos.
Pero o meu padriño tiña un problema que o levou consigo toda a vida:
“Mareábase nos coches”.
Se daquela había pastillas contra o mareo, o meu padriño non as usaba.
Para el era algo imposible viaxar en coche. Tan só viaxaba a pé, en cabalo ou en moto co cura da parroquia.

Cabalo non sempre o había na casa e a coincidencia de encontrarse co cura da parroquia tampouco era moi habitual.
Polo tanto a maioría das veces tocaba de ir no coche de San Fernando: “Un pouquiño a pé e outro pouquiño, andando”.

O lugar máis frecuentado polo meu padriño era Betanzos. Desde aquela aldea a Betanzos hai 16 kms para ir e otros tantos para volver.
A vía a seguir era o “Camiño Real”.

O Camiño Real era unha sucesión de corredoiras enlamadas polas rilleras dos carros onde era moi doado espetarse ata o xeonllo, polo que o que se facía era ir por un carreiro paralelo pola beira das fincas colindantes co citado Camiño.
Tamén había que subir moitos pasadoiros cando tocaba cruzar dunha propedade a outra. Un auténtico viacrucis.

Cando chegabamos a Paderne, xa lle ía quentando o motor ó padriño con preguntas como esta:
Padriño: “¿Hoxe de canto me vai compra-los biscoitos, de dous reais ou dunha peseta?”
E así de cada pouco desde Paderne a Betanzos.
A miña idade, naqueles tempos era de catro ou cinco anos.

Os zapatos non eran de primeira calidade. Lembro que sempre se rompían á volta e tiña que parar no zapateiro de Vilamourel a amañalos para poder volver para a casa.

O meu padriño tiña tanta paciencia como o santo Xob. Aguantaba o que lle botaran; pero non perdía a ocasión de irme aseseorando sobre cousas da vida:
-Onde quedaban as nosas propiedades.
-Aquel monte era moi importante porque tiña un manancial.
-Naquela casa vivían uns parentes.
-Non me debía asomar á baranda da ponte de Vigo porque podía caer ó rio.
-O que se debía dicir cando pasaba por diante dun cemiterio.
-A historia dos santuários do contorno e outras cousiñas.

Aínda que naqueles tempos me supoñía moito sacrificio ir a pé de Churío a Betanzos e de Betanzos a Churío; a min gustábame ir polos biscoitos e máis porque o padriño sempre me lebava comer a “Casa Pepe” que era unha casa de comidas que había nunha rúa moi peada que vai do Campo á Fonte de Unta. Me parece que se chama a rúa das Monxas porque un poico máis abaixo está o convento das Madres Agustinas.
Agora esa casa xa nos existe; pero a min aquelo quedóuseme grabado e de maior aínda volvín alí algunhas veces cando viña de vacaciós nos meus tempos de estancia en Cataluña.

Os nenos da miña época facíamos cousas así por un biscoito.
Valorábamolos moito porque escaseaban.

Tiñas tantas ganas dunha cousa que facías o que fora por conseguila.
Experimentabas en carne propia que para conseguir algo había que esforzarse moito.
Era a propia pedagoxía do esforzo.

¿Que pensarían os nenos do hoxe en día se souberan esto?

¿Sería educativo que souberan cousas así que – experimentamos en primeira persoa as persoas do medio rural da miña época?

¿Qué valor lle dan na actualidade ós biscoitos?

Escrito en Paderne o día 21 de abril de 2014

MERCEDES CACHAZA PLATAS
Alumna da Uned Sénior de Xestoso.
Aula de Paderne (A Coruña)