Archive | diciembre 2014

Na Casa das Palabras de Vigo

Na Casa das Palabras de Vigo
jueves, 26 de febrero de 2015
Os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador Luís Ángel Rodríguez Patiño, e o noso profesor Felipe Senén López, viaxamos á cidade de Vigo, para visitar o VERBUM ou CASA DAS PALABRAS.

Como fai habitualmente, Felipe foinos comentando detalles interesantes nos que nos debíamos fixar durante o recorrido. Chegando á cidade de Pontevedra, os malos olores da celulosa, a contaminación da ría a causa dos vertidos… Como viaxamos pola costa, chegando a Marín, o colexio de Placeres, o complexo de Lourizán, coa casona de Montero Ríos, a Base Naval, obra de Antonio Cominges… Logo, a praia de Portocelo e a de Mogor. Aquí, fixemos unha parada para observar os famosos petróglifos, incluído o labirinto, que nace dunha cruz, unha importantísima obra da arte rupestre, que foi motivo de varios libros e congresos. E tamén a fermosa paisaxe que desde aquí se observa, coa illa de Ons ao fondo.

Seguidamente, a praia de Aguete, o Seixo, onde, ademais da igrexa católica, hai outra protestante bastante importante. Atravesamos a ría pola ponte de Rande, debaixo da cal aínda permanecen os famosos galeóns, dos que fala Julio Verne na súa obra “Vinte mil leguas de viaxe submarino”. Á esquerda, a illa de San Simón, antigo lazareto; logo, durísima prisión durante a guerra civil e, posteriormente, orfanato.

Continuando cara a Vigo, á dereita, a virxe da Guía, deseñada por un arquitecto discípulo de Antonio Palacios. Xa na cidade, entramos polo barrio de Teis. Logo, o Berbés, o barrio máis antigo da cidade. O porto, a antiga Estación Marítima, desde onde partiron tantas persoas cara América. Construída en 1.959, e diante da cal hai un monumento ao emigrante e tamén á familia que o despedía. Hoxe en día, lugar de chegada e partida de grandes cruceiros turísticos. Un fermoso cruceiro do escultor Faílde. A nova estación marítima, co seu centro de visitantes, lugar de chegada e partida dos pequenos barcos que fan a liña a Cangas, Moaña, ás Cíes… O club Náutico, o antigo hotel Bahía, unha orixinal escultura de Paco Leiro, “O esnafrado”. Un moderno centro comercial.

Deixamos o Berbés e entramos en Bouzas, onde están as grandes consignatarias. A lonxa, cos grandes camións frigoríficos preparados para a distribución do peixe. O porto pesqueiro, o porto industrial. Os estaleiros de Barreras. Seguimos cara a Samil. Á dereita, o museo do Mar, situado na parroquia de Alcabre, onde se atopaban os antigos matadoiros de Vigo. A marabillosa paisaxe da ría de Vigo, coas illas Cíes ao fondo.

Chegamos ao VERBUM, motivo principal da nosa viaxe, aínda que non o único. E D.Felipe explicounos que se trata dun moderno edificio, exemplo da arquitectura contemporánea, deseñado por César Portela. É un cubo, construído con ferro, vidro, pedra e mesmo algúns materiais de importación. Nace no ano 2003. Atópase ao lado de praia de Samil. No centro, contén un lucernario, a través do cal a luz do sol ilumina a estancia de diferentes formas ao longo do día.

O Verbum é un museo interactivo. No seu interior, hai unha serie de cubos de madeira. Cada cubo asóciase cunha letra. Xuntos abarcan todos os aspectos relacionados coa palabra: como falamos, como escoitamos. Diferentes tipos de comunicación. As máis importantes linguas do mundo, cos seus diferentes alfabetos. A súa orixe. A linguaxe corporal. Como xurdiu a escritura, desde os petróglifos, os ideogramas, ata chegar ás letras. As táboas, pergameos, o papel, os libros manuscritos, coa importancia dos Mosteiros na súa confección. Logo, a invención da imprenta, no século XV, co que isto supuxo para a expansión da cultura. Os primeiros libros das diferentes culturas e relixións. A Biblia, o Corán, o libro do xudaísmo, do hinduísmo…

A árbore xenealóxica das linguas. A familia indoeuropea. Xogos de palabras. As siglas. Adiviñas. Trabalinguas. A importancia das palabras no mundo da publicidade, cun determinado tipo de letras. Algunhas palabras constitúen formas de código universal, como STOP, por exemplo. Os diferentes elementos para escribir: a plumilla, o encerado, o lapis, o bolígrafo, disquetes, discos, microchips… Todo isto ata os nosos días, coa revolución das comunicacións. O cambio da linguaxe. Como se abrevian as palabras. Os ordenadores, os móbiles, as táblets. O alfabeto Braille…

En conclusión que o falar e escribir, a comunicación en xeral, foi un fenómeno evolutivo de miles de anos.

Finalmente, para saír da cidade, pasamos pola polémica rotonda de Coia, onde o señor Alcalde de Vigo se empeñou en instalar un barco, gastando un montón de diñeiro, que lle cadraría moi ben para solucionar os moitos problemas de emerxencia social que están padecendo gran cantidade de veciños. O barco estaba ben no porto ou no museo do Mar.

Como sempre, fixemos unha viaxe interesantísima e estamos moi agradecidos a todos os que nos proporcionan estas experiencias.

Lourdes Pérez Freire é alumna da Uned Senior de Xestoso.

TÓDOLOS SANTOS TEÑEN O SEU DÍA

Pois sI, na Igrexa Católica tódolos santos teñen o seu día e incluso oitava; pero tratándose do NACEMENTO DO NENO DEUS, a festa é maior e non só ten novena, senón que as festas nadalencas duran quince días largos.

O acontecemento é de tal importancia que o mundo Cristián fai una pausa en toda regra: Noite Boa, NADAL, Aninovo e Reis son festas que van entrelazadas tanto para crentes como para non crentes.

Á UNED Sénior de Xestoso non se lle pasan estas datas por alto e por eso lles dedica un día especial.

Este ano o día sinalado foi o 17 de decembro en Momán (XERMADE-Lugo), onde a Uned Sénior de Xestoso conta cunha aula.

Alí nos reunimos 120 persoas pertencentes ó Alumnado da Sénior de Xestoso, entorno ó noso Coordinador D. LUIS ÁNGEL RODRÍQUEZ PATIÑO.

E tódolos profesores que puideron e tiveron a ben acompañarnos.

Unha mención especial merécea o Profesor de Música: D. FRACISCO JAVIER GARCÍA CANTO que se encargou de dirixir o Alumnado da súa materia para ameniza-la celebración con cantos e panxoliñas acompañados de diferentes instrumentos: acordeóns, saxosfóns, gaitas, bombo, tamboril, pandeiretas, charrasco e outros.

Tamén interviñeron a nivel individual varios artistas que contribuiron a alegrar a festa.

As súas lecturas alusivas a esta celebración non deixou indiferente a ninguén.

A celebración tivo lugar en sesión partida de mañá e tarde cun xantar enxebre no intermedio, resultanto un día de convivencia entrañable entre todo o colectivo da Uned Sénior de Xestoso que sen lugar a dúbidas séntese moi afortunado por gozar dos privilexios que nos ofrece a Uned Sénior nesta comarca que abrangue desde as Terras do Mandeo ata a Terra Cha pasando polas terras do Eume.

Cheos de ledicia dispoñémonos a celebrar una pequenas vacacións para compartir cos máis achegados, esperando con ansia reanudar o curso o vindeiro sete de xaneiro do novo ano.

¡BOAS E FELICES FESTAS PARA TODOS!

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da Uned Sénior de Xestoso

Aula de PADERNE (A Coruña)

UNED SENIOR DE XESTOSO, FESTA DE NADAL 2.014

Hoxe, día 17 de decembro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, celebramos a festa de Nadal en Momán. Arredor das doce, reunímonos todas as persoas que asistimos á clase de música, xunto cos nosos profesores, Fran e Marta. Había xente de Guitiriz, Momán, Xestoso, Cambás e Paderne.

Despois dos ensaios pertinentes, empezamos a actuación á unha da tarde. Cantamos panxoliñas, en galego e castelán. Participou o coro e músicos, colectivamente, e tamén algún membro de xeito individual. Entre os diferentes vilancicos, fixemos lecturas alusivas ás festas de Nadal, coa finalidade de reflexionar o que significa para cada un de nós esta celebración. Asimesmo, cal debería ser a nosa actitude ante o vendaval de consumo que ten lugar estes días. Se non seríamos máis felices mercando menos cousas, e vivindo estas festas dun modo máis sinxelo e solidario coas persoas que sofren arredor de nós.

Ás dúas da tarde, compartimos un xantar de fraternidade, o cal aproveitamos para conversar animadamente uns cos outros, e coñecernos mellor. Pois, esta boa relación que nos une é o valor máis importante entre os obxectivos que pretende este proxecto colectivo que é a Uned Senior de Xestoso.

Todas estas actividades estiveron presididas polo noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, quen nos dirixiu unhas palabras cheas de afecto e bos desexos para estes días de Nadal e Ano Novo. Tamén asistiron a esta festa outras profesoras que nos dan clases.

Despois de comer, aínda continuou a actuación do coro e músicos, interpretando, agora, diferentes pezas da música popular, acompañando as cancións con gaitas, saxos, bombo, tambor, caixa, panderetas, acordeóns, etc.

Desta maneira, todos xuntos, coordinador, profesores e alumnos, disfrutamos dunha xornada festiva, chea de música, reflexión, ledicia e bos desexos.

Desde a Uned Senior de Xestoso, UN MOI BO NADAL A TODOS E A TODAS!

Para ver as fotos, pinche aquí:

DSC00068

DESDE XESTOSO A MARÍN

O día 16 de decembro de 2014 a Uned Sénior de Xestoso, acompañada polo prpfesr Don FELIPE SENÉN LÓPEZ, dirixiuse a Marín para visita-la ESCOLA NAVAL MILITAR da citada vila pontevedresa.

O día era plomizo pero permitía divisar todo aquelo que o profesor nos ía explicando para reforzar coñecementos adquiridos en visitas anteriores por aquela zona.

Entre outros:

-Que o Museo de Pontevedra é o do máis rico de toda Galicia.

 

-Que Montero Ríos velou por Galicia en Madrid e construíu un pazo en Lourizán decorado con cadros de Ovidio Murguía. Actualmente esta finca é propiedade da Universidade de Santiago.

 

-Que os reis Juan Carlos I e Felipe VI cursaron estudios na Escola Naval Militar que iamos a visitar e que fixeron as prácticas no buque escola “Juan Sebastián Elcano”.

 

-Que haí bibliografía que fala da procedencia galega de Cristobo Colón, da aldea de Porto Santo onde ten una casa que visitamos noutra ocasión.

 

-Que a illa de Tambo situada fronte á Escola Naval ten una extensión de máis de 241.000 metros cadrados e que a película “Botón de Ancla”, na que tamén interviña o “Dúo Dinámico”, se rodou por alí. (Uha parte do alumnado lembrábaa)

 

-Que o Colexio Sagrado Corazón (Placeres) era un colexio feminino de élite e a relación deste con José Luis Martín Vigil e o seu libro: “Y LA VIDA ME SALE AL ENCUENTRO”. A Martín Vigil tamén o coñecíamos algúns dos alí presentes.

 

Entrando en Marín observamos:

-Como a Casa do Concello luce o escudo de Oseira porque Marín dependía de Oseira.

-A escultura de mariñeiros entrelazados por una rede, obra de Manuel Torres, pintor e escutor natural de Marín.

-O complexo residencial anexo á Escola Naval Militar á man dereita, fronte á illa de Tambo, onde noutrora houbo un pequeno mosteiro destruido polo pirata Drake e onde se facían maniobras militares ata non fai moito.

-Un pouco máis adiante estaban de veciñas una igrexa católica e unha evanxelista que poñía o seguinte encima da porta de entrada: “YO SOY EL CAMINO, LA VERDADE Y LA VIDA. NADIE VIENE AL PADRE SI NO ES POR MI”

-Un paisaxe cun micorclima especial onde medraban limoeiros, laranxeiras e outros vexetais propios dun clima mediterráneo.

-Xantamos fronte a una pequena illa na que houbo una ermida adicada a San Crimenso que fixeran no século XIV os que foran a Sevilla.

Á catro tiñamos a visita concertada na ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN onde nos recibiron:

-O Teniente de Navío: Don ANTONIO BARRO, quen nos acompañou e nos guiou con moita cortesía polas distintas dependencias.

-E a Profesora da Escola Naval e da Uned Sénior de Pontevedra: Dona MARÍA JOSÉ MANZANARES quen nos explicou maxistralmente a historia e a arquitectura do complexo, que cronoloxicamente foi segíu varios pasos:

A cousa comezou co Arcebispo Xelmírez, na Idade Media , co gallo de defenderse das invasións árabes, facéndose un baluarte defensivo.

Xa no século XVII coa chegada dos Borbóns, en tempos de Fernando VII constriuse un estaleiro.

En 1916 co Paln Mirandoa creáronse destacamentos militares en Marín, Vilagarcía e Vigo.

En 1920 aparecen problemas de finaciación para os estaleiros da Armada, pero Jaime Janer, tralada a escola de Tiro de Santa Pola a Marín, falecendo catro anos máis tarde.

Xa en 1937, foi o Xeneral Franco, a través de Salvador Moreno, por aquel entón Ministro de Mariña, cando se creou a ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN.

En 1938 o arqutecto ANTONIO COMINGES TAPIAS comezou cos planos, pero foi interrompido polo Teniente de Enxeñeiros Fernández Sau e polo Capital da Armada, o catalán: Jaime Santomá que faleceu en accidente supervisando una obra ; e foi nese momento condo retomou a obra o arquitecto ANTONIO COMINGES.

Xa no interior do Patio de Armas puidemos observar as aulas que daban ó citado patio onde se encontra unh estarua de Asorey adicadaa a DON ÁLVARO DE BAZÁN, Marqués de Santa Cruz, mariño de Felipe II.

Na parte posterior da escultura pódense ler uns versos de Lope de Vega que refiren as fazañas históricas da época, unha auténtica cruzada relixiosa en defensa do Catolicismo:

EL FIERO TURCO EN LEPANTO

EN LA TERCERA, EL FRANCÉS

Y EN TODO EL MAR EL INGLÉS

TUVIERON DE VERME ESPANTO.

REY SERVIDO Y PATRIA HONRADA

DIRÁN MEJOR QUIEN HE SIDO

POR LA CRUZ DE MI APELLIDO

Y POR LA CRUZ DE MI ESPADA.

Detrás do monumento a Don Álvaro de Bazán, na fachada do edificio posterior podían lerse:

HONOR, VALOR, DISCIPLINA, LEALTAD que deben se-las virtudes da vida militar.

Saímos do patio de Armas para admirar a fachada principal que dá á Porta Principal onde se atopa a Torre do Reloxio.

A Profesora Dona María José Manzanares deunos as explicacións oportunas e a súa relación co Obradoiro.

A continucación dirxímonos cara ó comedor dos garda mariñas que tiña as mesas postas para cea. Unha pulcritude impoluta e unhas sillas de respaldo redondo daban idea de onde nos atopábamos.

Pero o máis significativo eran os percheiros da entrada ubicados nun recinto de paredes recubertas con mármore italiano que Musolini lle regalara ó Xeneral Franco.

Un pouco máis arriba atopámonos cunha Virxe do Carme, patrona da mariña esculpida por Asorey, dentro dunha venera, que mostraba a nai e o fillo con coroas nas que estaban esculpidos sendos escudos de España.

O Neno mostraba os brazos en cruz en relación á crucifixión que lle esperaba e das súas mans penduraban dous escapularios do Carme.

Por último despedímonos da amable Profesora que tivo que ausentarse e acompañados polo Teniente de Navío Don Antonio Barro, visitamos o PLANOL HISTÓRICO DE ENSEÑANZA, que viña a ser como un pequeno Museo cargado de historia.

E no porto, estas embarcacións.

E diante da porta agardábanos o remolcador María Pita.

Nesta escola hai neste momento 420 alumnos dos cales 10 son rapazas que corresponden a unha ou dúas por cada promoción.

Preguntado o Teniente polo máis emocionante da súa profesión dixo:

-“Navegar a vela”.

-“Navegar de noche”

“Compañerismo”

Este garda mariña sentíase como na casa porque é fillo e neto de marinos.

Tamén se lle preguntou pola impresión que lle causaba o xénero feminino na Armada e dixo que neste aspecto a Armada era do máis aberto do mundo mundial.

E para rematar una terceira apregunta:

-¿Qué estudios se precisan para acceder a esta escola?

-Bacharelato, unha selectividade alta e una gran preparación física.

Como caía a tarde, demos a visita por rematada despois de despedirnos con moita gratitude do Teniente que nos acompañou ata o mesmo auboús que nos levaría de retorno ó lugar de partida .

Foi una experiencia ben interesante.

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da Uned Sénior de Xestoso.

Aula de PADERNE (A Coruña)

 

 

 

 

UNED SENIOR DE XESTOSO, VISITA Á ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN

Hoxe, martes, día 16 de decembro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, en compañía do noso profesor D. Felipe Senén López, visitamos a Escola Naval Militar de Marín, en Pontevedra.

Durante a viaxe, D. Felipe foinos explicando aspectos interesantes da paisaxe e da historia destes lugares. Por exemplo, a importancia da cidade de Pontevedra, co seu museo provincial, un dos máis interesantes de Galicia, polo patrimonio que alberga. A riqueza marisqueira da ría, hoxendía, desaparecida por causa dos vertidos da empresa de celulosa. Pola estrada de Marín, falounos de Lourizán, onde se atopa a casona de Montero Ríos, no medio dunha finca de experimentación forestal, pertencente, agora, á Xunta de Galicia. Logo, a Illa de Tambo, tamén recinto militar.

Cruzamos Marín para ir comer a Casás. Recordounos os petróglifos de Mongor, que xa temos visitado. Observamos as diferentes igrexas, mesmo algunha evanxélica. E, sobre todo, pediunos que nos fixáramos na fermosura da paisaxe, cun microclima especial, e que produce de todo.

Pola tarde, visitamos a Escola Naval Militar de Marín. Alí, entramos no recinto a través dunha porta en forma de arco de triunfo. Recibiunos, atentamente, un oficial, o cal nos acompañou durante toda a visita. Pero, o máis importante foron as explicacións de Dona María José Manzanares, profesora da UNED en Pontevedra, a persoa encargada de ensinarnos e contarnos a historia desta Escola Naval.

Dunha maneira clara e pormenorizada, esta profesora foinos amosando os diferentes edificios e recintos, explicándonos todos os aspectos relativos a súa historia e arquitectura.

Explicounos que xa, na Idade Media, o arzobispo Gelmírez mandara edificar algunha fortaleza nesta zona, como lugar estratéxico para a defensa destes territorios. E que a Escola Naval Militar é o centro de instrución para os oficiais da Armada Española. Que foi trasladada aquí en xullo de 1.943, desde San Fernando, en Cádiz, e que se integrou nas instalacións que a Armada xa posuía no lugar, etc. Que o arquitecto encargado do seu deseño foi Antonio Cominges, cuxo estilo está influído por Manuel Gómez Román e Antonio Palacios. Son uns edificios sólidos, de estilo racionalista, e con influencias do barroco da catedral de Santiago nalgunha das fachadas, facendo unha especie de telón ou cortina. Mesmo hai algún elemento típico da arquitectura portuguesa.

Dona María José Manzanares amosounos tamén a escultura dedicada a Don Álvaro de Bazán, heroe da batalla de Lepanto, realizada por Asorey. O escultor presenta ao ilustre mariño nunha galera, sobre un tritón, monstro do mar, simbolizando o dominio do mar e da técnica naval que D. Álvaro posuía.

Visitamos o comedor, observando os fermosos mármoles que Musolini regalou a Franco. Tamén nos chamaron a atención os percheiros, que son de gran beleza. Observamos a grandeza da escalinata pola que se accede á parte alta do recinto. A escultura da Virxe do Carme, tamén realizada por Asorey, inmensa e fermosa imaxe da virxe e o neno Xesús, feita en pedra. A virxe do Carme, como sabemos todos, é a patroa dos mariñeiros, civís e militares. Cada 16 de xullo, celébrase na Escola Naval un día grande, coa entrega de despachos aos gardamariñas que rematan os seus estudos. E o buque escola Juan Sebastián Elcano atraca na dársena da Escola.

Finalmente, despois de que a profesora Manzanares rematou de explicarnos cada detalle da historia e da arquitectura dos diferentes edificios, mesmo dos máis modernos, algúns deles deseñados por un fillo de Antonio Cominges, visitamos un pequeno museo, no que poidemos contemplar uniformes dos gardamariñas, literas dos dormitorios, fotos dun tipo de aula, unha imprenta, un proxector de películas, pequenas mesas pupitre, o plano da Escola realizado por Antonio Cominges, etc.

Foi unha visita moi interesante para todos nós, aínda que algúns cuestionámonos os gastos militares que os diferentes gobernos inclúen nos presupostos xerais, cando hai outras necesidades que consideramos máis importantes, como os gastos en educación, sanidade, asuntos sociais, etc.

Gracias a todos por facernos posible vivir estas experiencias.

Uned Senior de Xestoso

DSC00016

CIRCUITO CULTURAL POR CORUÑA CAPITAL

Era o nove de decembro de 2014 cando o Alumnado da UNED Sénior de Xestoso, acompañado polo seu Coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño fixo un delicioso percorrido pola moi noble, moi leal e inigualable cidade herculina.

Porque é A Coruña, unha das ciudades costeiras españolas cun encanto único e unha beleza digna de admiración.

Introducímonos na mesma pola Avenida da Pasaxe, divisando á man dereita o porto da Coruña onde –ademais de outros- había atracados dous cruceiros, un deles de dimensións considerables.

Non era a primeira nin a segunda, nin a terceira vez que facíamos una visita panorámica á cidade, pero ben merece A Coruña ser visitada de vez en cando porque é una cidade dunha beleza espectacular que sempre ten sorpresas para ofrecer.

Adentrándonos en Linares Rivas, chegando á Praza de Ourense onde hai una emisora da Cadena Ser, na que o noso Coordinador ten un espazo reservado tódolos sábados para falar a a través das ondas de diferentes temas de actualidade.

Continuando a viaxe, á man esquerda quedaban a Fundación Barrié, a Fundación Caixa Galicia, o Obelisco, a Subdelegación do Goberno, -antigo Goberno Civil- e a Marina coas súas famosas cristaleiras coñecida a nivel mundial polas postais que lle dan a esta cidade o renome de “Cidade de Cristal”.

Á man dereita deixábamos a Delegación do Goberno en Galica, a Comisaría de Policía, os xardíns de Méndez Núñez, a Deputación, o Teatro Colón, o Palexco e outra vez nos encontramos cun dos cruceiros chamado Queen Victoria, de dimensións considerables, que se mostraba maxestuoso diante dos nosos ollos e despertaba en nós a intención de dar una voltiña polo mundo cando na UNED Sénior de Xestoso nos concedan un ano sabático.

Antes de adentrarnos no Parrote, o Coordinador mencinounos a María Pita e a Praza que leva o seu nome, onde se atopa a casa Consistorial e onde o visitante pode ler: “Casas consistoriales de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña ,cabeza, guarda, llave y fuerza y ante mural del Reino de Galicia

Seguindo en rota sobre a aula ambulante, lembramos a Dona Emilia Pardo Bazán, o Arquivo, o xardín de San Carlos á man esquerda e á dereita quedaba o novo paseo da Marina, o hotel Finisterre e as instalacions deportivas da Solana; pero a nosa vista dirixiuse cara ó Castelo de San Antón que noutrora fora lazareto e máis tarde prisión para pasar a dedicarse na actualidade a Museo Arqueolóxico moi vinculado ó noso benquerido Profesor D. Felipe Senén López e onde tamén está o “Home de Paderne”, que moitos paderneses recordamos con agarimo.

E xa estábamos no famoso Paseos Marítimo que bordea toda a cidade que nos levou ata o único faro romano que se conserva en funcionamento e que ademais é Patrimonio da Humanidade.

Ante os nosos ollos estaba a TORRE DE HÉRCULES: lugar de beleza inigualble e de parada obrigatoria.

Un lixeiro e animado paseo acercounos ata o monumento mentres disfrutábamos de amigable compañía ó mesmo tempo que as cámaras fotográficos aprveitan a ocasión para rexistrar a visita do Alumnado Sénior de Xestoso a aquel lugar.

A Marola mostrábase relativamente apacible aínda que o día era dun plomizo outonal. No horizonte divisábamos toda a Ría e varios barcos que seguían impasibles a rota que lle marcaba o seu destino.

O lugar traía á mente do Alumnado da Sénior de Xestoso cando o Casón embarancou cubrindo a cidade cun tupido velo afumando.

O lugar daba moito que ver e moito de que falar.

Pero … o reloxio marcounos a hora de seguir observando a Domus, o Complexo Salesiano, o estadio de Riazor e a cidade á man esquerda, mentres á dereita deixábamos o Aquarium Finisterrae, o Orzán e a Praia de Riazor que artificialmente quedaba un tanto oculta por un enorme valado de area que alí botaron para que sirva de dique en caso de efurecerse o mar.

Non sei que é mellor: “se o remedio ou a efermidade”

Deste xeito chegamos ata o Mileniun mentres o serán se nos botaba encima.

Ben que nos apetecía continuar polo Paseo Marítimo ata o seu remate, pero era hora de dar volta, cruzando a cidade que xa mostraba orgullosa os escaparates cheos de atractivos regalos de nadal.

Nós seguimos camiño porque Lourenzo agochado entre nubes, dicíanos caladiñamente que era hora de retirarse porque de noite tódolos gatos son pardos.

Xa lle gustaría a quen esto escribe, telas palabras axeitas para expresar as emocións que o circuito de hoxe despertou en cada un dos asistentes.

O que si pode dicir é que naquela aula sobre rodas respirábase un ambiente moi grato, feliz e acolledor.

Volvíamos felices e agradecidos ós nosos fogares agardando o vindeiro martes que –se todo sae como está previsto- colleremos rumbo a Marín, na provincia de Pontevedra.

 

Para ver as fotos, pinche aquí:

https://www.flickr.com/photos/100923254@N02/sets/72157647369299083/

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da UNED Sénior de Xestoso

Aula de PADERNE (A Coruña)