Archive | May 2014

XORNADA SOBRE «O MEDICAMENTO» e MUSICOTERAPIA‏

 
luis angel rodriguez patiñoImagen

    

unedsenior.xestoso@hotmail.com
  
Día.-Miércoles 11 de Junio

Lugar: Naves de MOMAN
Horario:(a mover)
                            de 9 a 12 horas-clases y ensayos de las distintas aulas.
                             de 12 a 13 horas.-Fran y su explicación de LA MUSICOTERAPIA y actuaciones.
                              de 13 a 14 horas.-A MENCIÑA TRADICIONAL GALEGA-video y explicaciones
                              de 14 a 15.30 horas.-comida -en los tres restaurantes.
                              de 15.30 a 17 horas-actuaciones y lecturas sobre a memciña tradicional -alumnos
                              de 17 a 18.30 horas-dr,Marcelino y Doctores de Ferrol
 Se suspenden las clases del lunes-Martes-las del miercoles ´jueves y sábado-por eso es una jornada más larga en duración y las clases de música antes

Visita UNED SENIOR ao Castro de Elviña

O día 20 de maio, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, e do noso profesor D. Felipe Senén López, visitamos o Castro de Elviña.

            Como sempre, cunhas amplas e comprensibles explicacións, D. Felipe foi desgranando toda a historia deste castro, aínda que lamentando o seu estado actual de abandono, con moita pena pola súa parte, despois de todo o traballo de escavación e estudo arqueolóxico que el mesmo realizou, ademais do que levou a cabo  D. José María Luengo, xa nos anos cincuenta.

            O de Elviña é un dos castros máis antigos do norte de Galicia. Está asentado nunha antiga cidadela, posteriormente romanizada, próximo ao actual Campus de Elviña. Unha elevación que domina os vales de Elviña e Mesoiro. Está formado por varios recintos aterrazados, separados por murallas, entre as que destaca a muralla da croa.

            D. Felipe comentounos que nas escavacións que se levaron a cabo nos anos cincuenta, que dirixiu José María Luengo, descóbrese a casa da exedra, a casa do tesouro(o famoso tesouro de Elviña, formado por dúas diademas e unhas pequenas contas de colar con filigrana,  que hoxe se atopa no museo do Castelo de San Antón). Atopan tamén o alxibe, o templo do ídolo fálico, etc. As escavacións que dirixiu o noso profesor realizáronse no 1.979 e tiveron como obxectivo a recuperación das zonas anteriormente escavadas.

            D. Felipe foi dirixindo a nosa observación, e comprobamos como hoxe é un lugar bastante degradado polo urbanismo e a agricultura. Porén, a natureza espontánea brota libremente, e alí está o loureiro, planta de orixe romana, pervivindo máis de dous mil anos.

            O Castro de Elviña é como un anfiteatro, na cabeceira do itsmo da Coruña, dominando o Magnus Portus Artabrorum, cun val debaixo, que se dá de todo, a mariña dourada. Reconstruíndo o pasado a base de datos arqueolóxicos. Complexo defensivo, onde se desenvolvía unha vida de grupos familiares, unha tribu. Varias tribus, un clan. Varios clans, un populi.

            No 1.809, deuse aquí a batalla de Elviña, entre os franceses e os ingleses, que viñan auxiliar aos españois. No 1.962, o Castro de Elviña foi declarado Monumento Histórico Artístico, pero isto non impediu que FENOSA situase aquí un poste. E nunca se cumpriu a sentenza que obriga á compañía eléctrica a quitalo. Os postes que salvaron o castro, pois debaixo da liña, non se puido construir.

            Nas últimas escavacións, atopáronse fornos de produción cerámica. Na parte alta, a acrópolis. Muros fornidos, con pedra por atrás e por adiante. No medio, escombro. Tivo vida ata o século II d de Cristo. Cidadela controlando os camiños do mar e do arco Ártabro.

           

Uned Senior

 

Para ver as fotos, pinche aquí:

CIMG0045

 

A UNED SÉNIOR DE XESTOSO CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

 

A Uned Sénior de Xestoso presidida polo seu Coordinador LUIS ÁNGEL RODRÍGUEZ PATIÑO, tres dos seus PROFESORES e dous AMIGOS do escritor XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO celebrou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS-2014 en Momán, ó longo do día 14 de maio do presente ano.

A parte da relevancia do escritor homenaxeado, hai que resaltar que resultou un acto moi participativo e polo tanto moi sentido e moi ben vivido por tódolos asistentes, que foron moitos.

O Coordinador tomouse o traballo da organización e coordinación que resultou moi acertada.

O profesor de Historia levou o fío da celebración con sabedoria e sinxeleza como fai habitualmete.

Os profesores de Música levaron a parte musical e festiva do acto; coa colaboración excelente do alumnado de Música, cantando e tocando varias cancións sen descoidar o HIMNO DA UNED SÉNIOR DE XESTOSO creado polo propio Alumnado e tamén –como non podía ser doutro xeito: O HIMNO GALEGO que foi cantado en dúas ocasións.

Unha representate do Concello de Guitiriz tamén fixo acto de presencia por ser a persoa homenaxeada veciña do mesmo.

Interviñeron tamén dous amigos do poeta: Alfonso Blanco Torrado e Raúl Río, que nos fixeron unha semblanza do escritor de primeira man, resaltando a súa valía ó mesmo tempo que a súa sinxeleza: un galego universal que pasou case desapercibido entre os seus veciños.

Paradoxas que ten a vida: ninguén é profeta na súa terra. Para estas cousas sempre son mellores os de fóra que os da propia casa. Xa se sabe: “cuña da mesma madeira…”

Tamén nos presentaron un vídeo titulado: “A aldea do POETA” no que interviñan principalmente os seus amigos: Alfonso e Raúl, xa citados.

Se estivo moi acertada a intervención de tódolos anteriormente citados, non foi menos a numerosa participación do Alumnado coas respectivas lecturas: unhas do propio poeta, outras sobre a canción de Nimbo de Lus que fixeron no Instituto de Guitiriz, recitads por varias alumnas de Paderne e unha de Cambás e outras creadas polo propio Alumnado como foron as lecturas de tres alumnas de Paderne:

-Mª Lourdes Pérez Freire sobre: “A IMPORTANCIA DA LINGUA GALEGA”

-Josefina Calvo Sánchez sobre a “A NOSA LINGUA DESDE O BERCE”.

-E unha servidora, Mercedes Cachaza Platas cun escrito titulado: ¿PERDÓASNOS GALICIA?

Entre todo fixemos un acto entrañable en homenaxe ó noso veciño Xosé María Díaz Castro, á terra que nos dá vida, ás nosas xentes, á nosa cultura galega, á nosa lingua e á nosa identidade.

En dúas palabras: “FFIXEMOS PAÍS”, que deso se trata.

 

Para ver as fotos, pinche aquí:

26.- PRESIDENCIA

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da Uned Sénior de Xestoso

Aula de Paderne (A Coruña)

UNED SENIOR NA FUNDACION DE NOVAGALICIABANCO

ARTE CONTEMPORÁNEA GALEGA

 

O alumnado da Uned Sénior de Xestoso xunto co seu Coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, trasladouse á Coruña capital o día 25 de febreiro para visitar dúas exposicións de arte cotemporánea:

Unha de fotografía na Fundación de Nova Galicia Banco, titulada: O BODEGÓN OCULTO que trataba da naturaza morta na arte contemporánea.

Outra sobre arquitectura contemporánea na fundación Pedro Barrié de La Maza, Conde de Fenosa sobre a obra de RAFAEL MONEO.

 

Xa dentro do primeiro inmoble –onde nos recibiu o noso Prefesor D. Felipe Senén López-  poidemos observar como se trataba dun edificio totalmente remodelado e ben acondicionado para este tipo de eventos.

Alí puidemos contemplar -ó mesmo tempo que escoitábamos as sempre sabias e maxistrais explicacións do Profesor- cadros de artistas tan destacados neste estilo como:

 

-ALFREDO SOTO, pintor realista.

-FRANCISCO LLORENS: buscador de caamiños.

-CARLOS MASIDE: na proocura da curva.

-ARTURO SOUTO, fillo de Alfredo Souto: expresonista.

-URBANO LUGRÍS: O pintor máis cotizado actualmente. Significa para Galicia o que Salvador Dalí para Girona (Catalunya).

Pinta tems relacionados co mar.

-ATONIO TENREIRO: ademais de pintor tamén é arquitecto. É o autor da Fonte das Pajaritas.

-MANUEL PREGO: ourensán que ademais é tamén periodista. Pero como era republicano e tocuoulle vivi-la guerra civil, orientouse á pintura impresionista.

-LUIS MOSQUERA: facía retratos á burguesia. ten un estilo moi coidado, moi clásico

-CARMEN LEGÍSIMA: pintura naif.

-MARÍA VICTORIA DE LA FUENTE: humanista.

-ANTONIO FERNÁNDEZ GÓMEZ; contemporáneo de Picasso.

-JORGE DEL CASTILLO, pontevedrés e xenro de Malboro que o “situou ben” e eso deulle prestixio

-ALEJANDRO FERNÁNDEZ: escritor e pintor que xoga coa luz e côa sombra.

-MANOLO VILARIÑO: o número un en Nova Iork.

XOSÉ DE DIOS MARTÍNEZ, vinculado con personaxe dstacados do grupo Nós

-LUIS SEOANE: exiliado político en Bos Aires. Foi o creador de Sargadelos e o Castro xunto con Isaac Díaz Pardo. Emprega o estilo cubista.

-LUIS CARUNCHO: coruñés que vive em Madrid. Moi xeométrico. Constructivista.

-JULIO PPRIETO NEGREIRA. Dedícase ó grabado. Te unha sala adicada a el no Museo Provincial de Lugo.

-MANUEL QUINTANA MATELO: profesor compostelan que combina a arte antiga coa moderna dando lugar á contemporánea.

ANTÓN LAMAZARES: É o lalinense máis cotizado na actualidade. O seu cadro das perdices, provoca a atención do espectador.

-E outros como: JOSÉ FRAU, TINO GRANDÍO, JOAQUÍN GARCÍA GESTO, BEATRIZ REY…

 E Dodra que non ten nada exposto alí pero estaba de visita e o noso profesor tivo a oportunidade de intercambiar unhas palabras con ela ó mesmo tempo que nola presentaba.

 

Todas estas persoas teñen unha capacidae especial no tocante á sensiblidade para crear arte.

Son capaces de extraer da natureza morta a esencia que lles dá o seu poder creativo.

 

Esta maneira de ve-la pintura xa empezou a remates do século XVI cando os artistas pretendían impresionar ó púbico a través da ostentación e da súa mestría artística.

 

Durante os séculos XVII e XVIII considerábase como un xénero menor; pero hoxe en día permite combina-la liberdade expresiva desde o universo da intimidade e o cotián, onde tamén se manifesta unha certa carga emocional do artista como puidemos comprobar o percorre-la exposición. Sendo todos dun mesmo estilo, non había un cadro igual  que outro

 

A continuación dirixímonos á Fundación Pedro Barrié de La Maza onde puidemos contemplar unha exposición sobre a traxectoria profesional de RAFAEL MONEO, un arquitecto de prestixio universal que comezou a súa carreira pertencendo á “ESCOLA DE MADRID” e participando en diferentes obras:

-No Concurso para a Ópera de Madrid.

-Na Fábrica de Transformadores de Diestre.

-Na Casa Gómez Acebo.

-Nas Escolas de Tudela.

Na ampliació da Praza de Touros de Pamplona.

-No proxecto do Obradoiro que o levará a Roma.

 

En 1970 ingresou na Cátedra de Elementos de Composición na Escola de Barcelona para seguir:

-Coa súa intervención na remodelación do Casco Antigo de Zaragoza.

-No bloque residencial Urumea.

-Na remodelación do centro de Éibar.

-E no Concello de Logroño.

 

Pero, sendo fiel ó seu afán de superación, solicitou un ano sabático  durante o curso 1976-77, nas Escolas de Barcelona a petición de Peter Eisenman para acudir ó Instituto de Arquitectura e Estudios Urbanos de Nova Iork que lle abriu novas espectativas intelectuais.

 

En 1980, deixpu Barcelona para instalarse en Madrid e facerse cargo da Cátedra de Composición en Madrid e seguir en contacto con Nova Iork.

 

Tamén deixpu a súa pegada noutros edificios tan destacados como:

-No Banco de España en Madrid.

-En Previsión Española en Sevilla.

-No Banco de España en Jaén.

No Museo Nacional de Arte Romano en Mérida, que foi visitado polo Alumnado da Uned Sénior de Xestoso no ano 2013.

 

E como Director do Departamento de Arquitectura en Harvad, colaboraou:

-Na ampliación de Atocha, que tamén visitou recentemente o alumnado da Uned Sénior.

-Na Illa Diagonal de Barcelona.

Na ampliación do Museo do Prado.

E ultimamente no Edifício  de Laboratórios da Universidade de Columba.

 

Ter unha exposición así nunha cidade como A Coruña,  é un privilexio para os Estudiantes de Arquitectura e uha fonte de coñecemento para o pobo en xeral.

 

Que tódolos autores dos que falamos, teñen moita relevancia para a cultura, para arte e para a economia dun país; ninguén o pon en dúbida.

 

O que si se podería poñer e dúbida é que uns labregos anciáns  do rural galego tiveran acceso a eses coñecementos; pero este comentario deixa consancia de que unha  aula da  Uned Sénior no rural galego,  é unha porta aberta á cultura galega e tamén á universal.

 

E non só eso. É tamén un manancial de experiencias e de coñecementos para as súas familias e para a sociedade en xeral.

 

Mellora a autoestima do pobo galego, dignifica a súa lingua e afianza a súa idiosincrasia.

 

Dicir tamén que tal día como o 25 de febreiro de 2014,  a media tarde, ambas fundacións estaban desertas o que significa que de non ser polo alumnado da Uned Sénior de Xestoso ben pderían dá-la tarde por perdida a nivel de enriquecemento cultural e intelectual.

 

A entrada era gratuita igual que se duns grandes almacéns se tratara, pero moito me temo que estes últimos non estarían desérticos.

 

Cuestión de prioridades e máis de intereses culturais.

Queda claro que cada un maniféstase según a súa culura.

 

Mercedes Cachaza Platas.

Alumna da Uned Sénior de Xestoso.

Aula de PADERNE

Centro Asociado de A Coruña.

 

 ImagenImagen

UNED SENIOR EN VILANOVA DE LOURENZA

CULTURA GALEGA para o ALUMNMADO DA UNED SÉNIOR DE XESTOSO.

 O programa do día encontrábase na Mariña Central de Lugo, concretamente no concello de VILANOVA DE LOURENZÁ.

 O noso profesor: D. FELIPE SENÉN LÓPEZ  -que non dá puntada sen fío-, aproveitou na viaxe para facernos unha semblanza das terras que estabamos percorrendo:

 -VILALBA: as súas feiras e os seus personaxes ilustres.

 Imagen-O queixo de SAN SIMÓN que noutrora se curaba co fume da viruta que facían os  zoqueiros; aqueles homes que tiñan por profesión calzar con madeira de bidueiro os habitantes da zona: as famosas zocas chinelas que tanto servizo deixan feito os  habitantes do rural.

 

-Mondoñedo –antiga capital de provincia- onde non se podía esquecer ó Mariscal Pardo de Cela, ós Reis Católicos que lle deron o indulto pero non chegou a tempo, a ponte do Pasatempo, a irradiación cultural que deixa feito o Seminario de Mondoñedo, a Álvaro Cunqueiro e tamén ó rei das tartas. Non nos falou da Cova do rei Cintolo porque me parece que está en lista de espera…

 

Xa en Lourenzá, situados na Praza do Conde Santo deunos a lección maxistral sobre  a vila e o  Mosteiro de San Salvador de fachada inacabada, por Don Fernando de Casas Novoa, o mesmo do Obradoiro e do Claustro Catedralicio de Lugo.

 

San Salvador conserva a capela de Santa María de Valdeflores, patrona do Val de Lourenzá. Nela atópase o sepulcro do Conde Gutierre Osorio, parente dos Reis de León, chamado Conde Santo que dá nome á Praza onde está ubicado o Mosteiro, actual Casa do Concello e máis a Igrexa.

O retábulo é barroco.

O Conde Gutierre Osorio do que falamos,  fi o fundador do mosteiro benedictino. Os seus restos descansan nun sepulcro de pedra oriental que ten un burato para meter os dedos da man e tocar os osos do conde.

 

Na sacristía hai un preciosos relicario, un pequeno museo con obxectos litúrxicos, báculos abaciais, casulas… 

 

A orde relixiosa que noutrora habitou aquel cenobio era a de San Bieito que ten como regra “ORA ET LABORA”.

Ademais da vida de oración, tamén posuían horta que está destrás do cenobio inacabado e tamén aproveitaban para dar pousada ós peregrinos que se dirixían a Santiago polo Camiño Inglés.

Tamén debían cobrar impostos en especie porque a porta traseira é de grandes dimensións, tanto como para entrar carretóns cargados de abundantes producutos agrícolas.

 

Onde os pergrinos garbaban os cabalos, está o MUSEO DA FABA DE LOURENZÁ.

 Trátase dun pequeno espazo ben aproveitado onde se pode observar a historia da faba no mundo e tamén de varias clases de fabas, con especial dedicación á de LOURENZÁ.

 

Nas dependencias dos frades, están ubicadas as oficinas municipais. É a actual CASA DO CO NCELLO.

 

Na parte traseira hai un túnel subterráneo  que debía servir para fuxir en caso de que os frades se viran en perigo.

Eu supoño que cando se ten medo , por algunha razón será. Cada alumno puido pensar o que considerara.

 

Hoxe ese conducto está recheo de pedra branca triturada  na que descansan apeiros de labranza: arados, grades, sachos, etc. Por encima están debidamente protexidos cun cristal a través do cal poden obsevarse todos estes aparellos.

 

Pendurado no teito hai un móbil no que colgan fabas e máis fabas cun leteiro indicador do seu nome en diferentes idiomas. É vistoso e instructivo. Se lle dedicas algún tempo podes aprender o nome da faba en diferentes idiomas.

 

Nun recuncho está unha roda de carro do país e noutro a silueta da cabeza dunha muller cun paxe na cabeza.

 

No centro atópase unha maqueta do Val de Lourenzá, onde pode observarse unha ampla extensión de grandes pradeiras e terras productivas que deron e dan de comer ás mans que a aloumiñan.

 

Polo lado de atrás e exterior ó edificio, hai un pombal de orixe moi antiga e digno de ver, que nos indica a grandiosidade dos seus donos.

 

Ó lado –“no telo pierdas”- puxeron un café na planta baixa do TORREÓN DOS FRADES e pola outra banda están os Servizos Siciais. Polo que se ve en Lourenzá convive todo e todos.

 

A tarde gris e invernal caía sobre o Val e collemos camño de retorno, pero o Profesor seguíu aproveitando de darnos información sobre unhas familias da Bretaña francesa que noutrora se instalaron en BRETOÑA e tamén sobre o cemiterio de ROMÁN que é un auténtico encaixe en pedra que –se non aparecen canteiros especializados- está a piques de perderse este tipo de arquitectura rural.

 

 

 

¿PERDÓASNOS, GALICIA? de Mercedes Cachaza-UNED SENIOR

Imagen

 XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, quen:

-Sendo un home da aldea como nós.

-Pasando case toda a súa vida en Madrid.

-Casando cunha muller vasca.

-Facendo traduccións a case tódalas línguas de Europa.

-E, sobre todo,  sendo unha persoa de talla, nunca esqueceu as súas raíces e levou a Galicia sempre no seu corazón a na súa pluma.

 

Hai quen di que non debería facer falta celebrar un día adicado ás Letras Galegas; pero a realidade é que de non ser por este tipo de celebracións, a inmensa maioría da cidadanía galega non se enteraría de que existen unha morea de escritores que usan a lingua de Rosalía para defender Galicia e os Galegos polo mundo adiante.

Por eso me atrevo a pedir perdón como alumna da Uned Sénior de Xestoso e como galega que son e me sinto.

 

Pídolle perdón a nosa nai Galicia por moitas cousas, entre elas:

-En primeiro lugar por aqueles que -polas razóns que foran-, sumiron por trescentos anos  ós galegos nunha lingua allea cando a tiña de seu.

É o período ó que Celso Emilio Ferreiro lle  chama “LONGA NOITE DE PEDRA”. Agora parece que empezamos a despertar. A ver se é certo.

 

-Pola ignorancia do pobo galego porque na súa inmensa maioría non sabe que ser galego implica falar, ler e escribir na lingua nai  considerándoa unha riqueza; sen menospreciar ninguha das restantes; en primeiro lugar a de Cervantes que tamén é nosa.

 

-Pola insuficiente dedicación das autoridades a defender a lingua galega como sinal de identidade dun pobo con raíces históricas desde tempos inmemoriables.

 

-Por todos aqueles pais e nais que falando eles galego toda a vida, lles dan a entender ós seus descendentes que a lingua galega é de segunda ou de terceira categoría, contaxiándolles ós seus fillos  o auto-odio que eles teñen.

 

-Polos que senten vergonza da falar en galego en canto saen da esfera doméstica.

 

-Polos catelán-falantes que monosprezan ós galego-falantes porque os consideran inferiores, sabendo que a inferioridade ou a superioridade non está na lingua que se use, senón no uso que se faga dela.

 

-Pola Igrexa Católica Galega que, salvo raras excepcións, utiliza nas celebracións litúrxicas a lingua de Cervantes cando saben que o público ó que se dirixen é galego falante. E tamén saben que a língua de Rosalía é tan oficial en Galicia como a de Cervantes.

 

-E finalmente por todas aquelas persoas que se senten discriminadas por utilizar en Galicia a lingua de Rosalía, de Curros, de Pondal, de Risco, de Otero Pedraio, de Cuevillas, de Cunqueiro, dos cincuentas poetas que levamos homenaxeados e doutros moitos entre eles o deste ano 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.

 

¿PERDÓASNOS, GALICIA?

 

Ti, que es unha naiciña dóce, garimosa e sufrida  como ningunha, seguro que nos sabes perdoar ó mesmo tempo que nos dis:

“NON VOS AVENGONCEDES DE SER GALEGOS NIN DE UTILIZA-LA LINGUA GALEGA PORQUE SON A VOSA TERRA NAI E MÁIS PORQUE A NOSA FALA ESTÁ RECOÑECIDA ENTRE AS MÁIS IMPORTANTES A NIVEL MUNDIAL”

“FALADE EN GALEGO, ESCRIBIDE EN GALEGO, LEDE EN GALEGO PORQUE SE FACEDES ASÍ ESTADES FAVORECENDO QUE “GALICIA-CALIDADE” SEXA UNHA REALIDADE.”

 

Afortunadamente o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso é galego falante e moitos atrevémonos a escribilo sen o máis mínimo reparo. ¡So faltaría!

E cada día somos máis.

 

¡Moitas grazas!

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da Uned Sénior de Xestoso.

 

CLASE DE HISTORIA ROMANA NO M.I.H.L

Era o día seis de maio do ano 2014 d.C. cando a aula de Historia da Uned Sénior de Xestoso se concentraba en Momán (Xermade) para dirixirse a Lugo despois de compartitr un xantar caseiro e cubrir unha enquisa sobre o nivel de satisacción da Uned Sénior de Xestoso para enviar á sé central en Madrid.

 

O Coordinador nesta ocasión non puido acompañarnos porque como é Crego ó mesmo tempo que Coordinador, ten que cumplir coa obrigación de despedir crsitianamente cunha celebración relixiosa cando alguén das súas fregresías se dirixe á Casa do Pai.

Botámolo en falta, pero aínda que as dúas son para el unha obrigación; é cuestión de preferencias.

 

Acompañounos o Profesor D. Felipe Senén López quen nons introducíu en Lugo pola Avenida da Infanta Elena que aquel día andaba entre arandinos inaugurando “LAS EDADES DEL HOMBRE”.

Ó chegar ó lugar dos feitos atpámonos cun ediificio un tanto extraño para nós: unha construcción estilo deconstructivista ideado por dous arquitectos madrileños: Sovejano e Nieto que deron lugar a esta construcción subterránea da que tan só sobresaen varias estructuras cilíndricas de aceiro corten que se ve con relativa frecuencia en construccións de última xeración.

 

O acceso fixémolo a través duha relaxada escaleira en forma elicoidal que nos levou a un patio que me lembrou un anfiteatro romano escoltado por dous leóns fundidos en Sargadelos no ano 1809 que noutrora estiveran nunha fonte de Lugo capital. Tamén había varias obras de arte en vimbio que lle daban alegría ó lugar.

 

Na entrada un rapaciño expoñía carteis informativos e facilitoume un sobre o pintor Carlos Bóveda do que falarei máis adiante porque o primeiro que visitamos foi outra exposición sobre:

 

SER MULLER EN ROMA”

 

O primeiriño que viron os meus ollos foi a seguinte inscripción de Marco Poncio Caton:

 

TAN PRONTO COMO HAYAN EMPEZADO A SER IGUALES, SERÁN SUPERIORES”

Referíase ás mulleres.

Desto mesmo decatouse outra compañeira que me fixo un guiño, como dicindo: “Aí queda eso” “¡Vaia mentalidade a dos romanos daquel tempo. (Non sei como o verán os de agora…)

 

Visionando diferentes paneis puidemos observar que só había noticias das mulleres ricas: matrona, os perfumes…

Pero tamén sabemos que a muller romana nos primeiros tempos da nosa era tiña dúas categorías ben diferenciadas: esposa e escrava e dentro das escravas, estaban tamén as prostitutas.

 

As esposas tamén acadaban esa categoría de diferente maneira según o tipo de matrimonio ó que tiveran acceso.

Casaban moi novas, ós trece anos, e según a súa categoría podían facelo dun ou doutro xeito:

 

MATRIMONIO CUM MANU no que a muller ó casarse quedaba sometido á autoridade do marido e ó pai deste.

 

-MATRIMONIO COEMPTIO que era um matrimonio civil no que o marido mercaba a muller.

 

-MATRIMONIO USUS que se producía despois de que unha muller durmise un ano enteiro na casa do home.

 

Co parto, a muller adquiría certo prestixio e algunha autoridade; pero o marido podía divorciarse no caso de que non parira un neno.

No caso do divorcio eran os homes os quese quedaban cos fillos.

O matrimonio podía disolverse por varios motivos:

 

-Polo falecemento dun dos esposos.

-Por adulterio da esposa. (O esposo ….)

-Por privacidade de liberdade. (Eu non entendo que tipo de lierdades tiñan as mulleriñas daquel momento histórico)

-Pola perda de dereitos de cidadanía.

-Por mutuo acordo. (Menos mal se nalgún caso era así)

-Por repudiación dun deles.

-Por impotencia.

 

Cando a situación da muller no matrimonio era así, podemos facernos unha idea de cómo serían noutras unións lícitamente válidas:

-O concubinato.

-O matrimonio SENE CONNUBIO cando un deles carecía de cidadanía romana.

-O CONTUBERNIO que era o matrimonio entre esclavos ou entre un escravo e outro libre.

 

Tamén estaba recoñecida a PROSTITUCIÓN pero neste caso tamén era diferente según a clase social.

En contraposición estaba a figura da matrona.

 

Se ben é certo que a cultura romana estaba moi adiantada en según que cousas, tamén é certo que mentres non se lle dea a dignidade que se merece toda persoa sexa do sexo que sexa, non se pode falar dunha hummanidade civilizada.

 

A chegada do Cristianismo deu un xiro importante pero aínda lle falta moito para rematar. Desgraciadamante as noticias fálanos de moito sangue derramado que esperemos dea os seus froitos canto antes.

É unha asignatura que ten pendiente a humanidade coa muller.

No tocante á escritura, para quen tivera acceso á escola, facíase sobre táboas de cera

Noutro andar fomos vendo mostras da OLARÍA, a sixitlata vermella do Ebro e Douro., un miliario que nos fala da fundación de Lucus, a construcción de Muralla con máis de oitenta cubos para vixiancia e catro portas, varias maquetas de Lugo antigo e do campamento romano, etc.

Así ata a chegada de SAN FROILÁN, que deu un xiro á cidade aló polo ano 900 e comezouse a construcción da actual catedral sobre outra construcción anterior que nos podería falar moito da civilización anterior, pero –de momento ímola deixar como está xa que é un dos poucos templos que teñen o privilexio de ter o Santísimo Exposto e de ter unha MURALLA catalogada como PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

 

A continuación puidemos observar como estaban preparando un escenario para a celebración dunha pasarela de moda que tería lugar no salón de actos situado na planta máis baixa.

 

Para finalizar a visita vimos a exposición “ENTRE SOÑOS E CORES” de CARLOS BÓVEDA nado en Ponte Cesures (Padrón) en 1933; que tivo ocasión de expoñer no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo Provincial de Pontevedra, no Museo de Belas Artes da Coruña, na Fundación Caixa Galícia e hoxe no MUSEO INTERACTIVO HISTÓRICO DE LUGO onde o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso puido disrutar tanto da pintura de Bóveda como das sabias explicacións do noso Profesor D Felipe Senén López.

A súa pintura ten moita similitude coa de Laxeiro, chegando a confundirse en moitas ocasións. Pinta esceas e paisaxes galegas:

O home e o carro da Villa” “Parolando no patín” “Cruceiro e Ría”, “A gaiteira anxelical”. “Don Ramón”, Etc.

 

Aínda que este era o obxectivo da clase de hoxe, aínda quedaba a segunda parte que tamén ten a súa importancia.

Aquí cada alumno/a pasa a ser mestre/a dos seus saberes e intercambia os seus coñecementos agrícola-ganderos co compañeiro do lado.

Todos se senten moi satisfeitos cos seus logros e dá gusto escoitalos.

Un ensináballe o manexo da táblet a outro que mostraba moito interese en saber como funcionaba aquel invento para el descoñecido.

 

Eu viña escoitando e observando o que pasaba dentro e fóra do autobús na viaxe de retorno:

Constataba o felices que estaban os meus compañeiros –e eu entre eles- e que diferente é a nosa vida da do resto dos labregos que andaban atarefados nos seus labores agrícolas igual que sempre, totalmente alleos á cultura romana e outros saberes dos que podemos gozar o alumnado da Uned Sénior de Xestoso grazas á feliz Idea do seu creador: D. Luis Ángel Rodríguez Patiño e á colaboración de todos cantos aportamos o noso grau de área para favorecer esta sabia e santa causa.

 

Para ver as fotos, pinche aquí:

TRAXE FEMININO

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna daUned Sénior de Xestoso.

Aula de PADERNE (A C

CLASE DE HISTORIA ROMANA NO M.I.H.L

La ciudad de Lugo se sube al carro de la vanguardia con el nuevo Museo Interactivo de Historia de Lugo (MIHL), una construcción en la que su propia estructura arquitectónica es una obra de arte en sí misma, que ya ha recibido diversos premios.

Acompañounos o Profesor D. Felipe Senén López quen nons introducíu en Lugo pola Avenida da Infanta Elena que aquel día andaba entre arandinos inaugurando “LAS EDADES DEL HOMBRE”.

Ó chegar ó lugar dos feitos atpámonos cun ediificio un tanto extraño para nós: unha construcción estilo deconstructivista ideado por dous arquitectos madrileños: Sovejano e Nieto que deron lugar a esta construcción subterránea da que tan só sobresaen varias estructuras cilíndricas de aceiro corten que se ve con relativa frecuencia en construccións de última xeración.

O acceso fixémolo a través duha relaxada escaleira en forma elicoidal que nos levou a un patio que me lembrou un anfiteatro romano escoltado por  dous leóns fundidos en Sargadelos no ano 1809 que noutrora estiveran nunha fonte de Lugo capital. Tamén había varias obras de arte en vimbio que lle daban alegría ó lugar.

visitamos unha exposición sobre:

SER MULLER EN ROMA”

inscripción de Marco Poncio Caton:

TAN PRONTO COMO HAYAN EMPEZADO A SER IGUALES, SERÁN SUPERIORES”

Referíase ás mulleres.

Visionando diferentes paneis puidemos observar que só había noticias das mulleres ricas: matrona, os perfumes…

Pero tamén sabemos que a muller romana nos primeiros tempos da nosa era tiña dúas categorías bem diferenciadas: esposa e escrava e dentro das escravas, estaban tamén as prostitutas.

As esposas tamén acadaban esa categoría de diferente maneira según o tipo de matrimonio ó que tiveran acceso.

Casaban moi novas, ós trece anos, e según a súa categoría podían facelo dun ou doutro xeito:

-MATRIMONIO CUM MANU no que a muller ó casarse quedaba sometido á autoridade do marido e ó pai deste.

-MATRIMONIO COEMPTIO que era um matrimonio civil no que o marido mercaba a muller.

-MATRIMONIO USUS que se producía despois de que unha muller durmise un ano enteiro na casa do home.

Co parto, a muller adquiría certo prestixio e algunha autoridade; pero o marido podía divorciarse no caso de que non parira un neno.

No caso do divorcio eran os homes os quese quedaban cos fillos.

O matrimonio podía disolverse por varios motivos:

-Polo falecemento dun dos esposos.

-Por adulterio da esposa. (O esposo ….)

-Por privacidade de liberdade. (Eu non entendo que tipo de lierdades tiñan as mulleriñas daquel momento histórico)

-Pola perda de dereitos de cidadanía.

-Por mutuo acordo. (Menos mal se nalgún caso era así)

-Por repudiación dun deles.

-Por impotencia.

Cando a situación da muller no matrimonio era así, podemos facernos unha idea de cómo serían noutras unións lícitamente válidas:

-O concubinato.

-O matrimonio SENE CONNUBIO cando un deles carecía de cidadanía romana.

-O CONTUBERNIO que era o matrimonio entre esclavos ou entre un escravo e outro libre.

Tamén estaba recoñecida a PROSTITUCIÓN pero neste caso tamén era diferente según a clase social.

En contraposición estaba a figura da matrona.

Se ben é certo que a cultura romana estaba moi adiantada en según que cousas, tamén é certo que mentres non se lle dea a dignidade que se merece toda persoa sexa do sexo que sexa, non se pode falar dunha hummanidade civilizada.

A chegada do Cristianismo deu un xiro importante pero aínda lle falta moito para rematar. Desgraciadamante as noticias fálanos de moito sangue derramado que esperemos dea os seus froitos canto antes.

É unha asignatura que ten pendiente a humanidade coa muller.

No tocante á escritura, para quen tivera acceso á escola, facíase sobre táboas de cera

Noutro andar fomos vendo mostras da OLARÍA, a sixitlata vermella do Ebro e Douro., un miliario que nos fala da fundación de Lucus, a construcción de Muralla con máis de oitenta cubos para vixiancia e catro portas, varias maquetas de Lugo antigo e do campamento romano, etc.

Así ata a chegada de SAN FROILÁN, que deu un xiro á cidade aló polo ano 900 e comezouse a construcción da actual catedral sobre outra construcción anterior que nos podería falar moito da civilización anterior, pero –de momento ímola deixar como está xa que é un dos poucos templos que teñen o privilexio de ter o Santísimo Exposto e de ter unha MURALLA catalogada como PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

A continuación puidemos observar como estaban preparando un escenario para a celebración dunha pasarela de moda que tería lugar no salón de actos situado na planta máis baixa.

Para finalizar a visita vimos a exposición “ENTRE SOÑOS E CORES” de CARLOS BÓVEDA nado en Ponte Cesures (Padrón) en 1933; que tivo ocasión de expoñer no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo Provincial de Pontevedra, no Museo de Belas Artes da Coruña, na Fundación Caixa Galícia e hoxe no MUSEO INTERACTIVO HISTÓRICO DE LUGO onde o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso puido disrutar tanto da pintura de Bóveda como das sabias explicacións do noso Profesor D Felipe Senén López.

A súa pintura ten moita similitude coa de Laxeiro, chegando a confundirse en moitas ocasións. Pinta esceas e paisaxes galegas:

O home e o carro da Villa” “Parolando no patín” “Cruceiro e Ría”, “A gaiteira anxelical”. “Don Ramón”, Etc

Para ver as fotos, pinche aquí:

TRAXE FEMININO

A UNED Sénior da Terra Chá celebra as Letras Galegas coa proxección de ‘A aldea do poeta’

Trátase dun documental impulsado pola UNED Sénior de Xestoso sobre a figura de Díaz Castro. O acto de proxección deste documental terá lugar o mércores 14 nas naves do Campo da Feira de Momán nunha xornada festiva que inclúe música e conferencias.
 

A UNED Sénior da Terra Chá celebrará en Momán o Día das Letras Galegas nunha xornada festiva que inclúe conferencias, música e a proxección dun documental sobre a parroquia de nacemento do poeta homenaxeado, Xosé María Díaz Castro.
As naves do Campo da Feira de Momán serán o escenario deste acto que se celebrará o mércores 14 de maio a partir das doce do mediodía con música e a lectura de poesía. Tamén se proxectará o documental ‘A aldea do poeta’ sobre a figura de Díaz Castro dirixido por Marcos Nine coa colaboración da UNED Sénior de Xestoso e o Centro Cultural de Xestoso.
 
Tamén participaron neste proxecto Alfonso Blanco, presidente de Xermolos, e Raúl Río, amigo do poeta; ademais do historiador e titor da UNED Sénior, Felipe Senén, que ofrecerán unha conferencia – coloquio sobre o poeta dos Vilares.  ‘A aldea do Poeta’, describe a vida e analiza a obra do poeta de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro, co obxectivo de poñer en valor a figura dun escritor descoñecido fóra dos círculos intelectuais galegos e que, pese a pasar gran parte da súa vida en Madrid, sempre estivo ligado ás súas orixes. A Serra de Montouto, a Terra Chá e, en concreto, os camiños que percorría de neno, son parte principal na súa obra poética.
Os participantes nesta festa das Letras disfrutarán dun xantar de confraternidade antes da actuación do coro da UNED Sénior que pechará os actos interpretando o seu himno.

Pero, que significa o Día das Letras Galegas para a xente de Galicia? por Mª Lourdes Pérez Freire

Pero, que significa o Día das Letras Galegas para a xente de Galicia? por	Mª Lourdes Pérez Freire

LETRAS GALEGAS 2.014

Un ano máis, e xa van cincuenta e un, dispoñémonos a celebrar o Día das Letras Galegas. Unha data dedicada a honrar a algún escritor da literatura galega que xa non está entre nós. A primeira foi Rosalía, no 1.963, cen anos despois da publicación do seu libro “Cantares Gallegos”. Pero, que significa o Día das Letras Galegas para a xente de Galicia? Para a maioría, un día festivo que aproveitan para descansar e, se fai bo tempo, ir á praia.
As autoridades, que son as que deberían dar exemplo, limítanse, ese día, a facer algún acto institucional dedicado ao autor ou autora de turno, e aí quedou a cousa. O resto do ano non se fala máis desta persoa nin da súa obra, por moi interesante que ela sexa.
Seguramente, se preguntamos a alumnos e alumnas de institutos e mesmo da universidade, sobre escritores a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en anos anteriores, non saben nada, nin deles nin da súa obra. E, cando, este ano, oíron falar de Xosé María Díaz Castro, moitos deles preguntaríanse: “Quen é ese?”
Pero, por que sucede isto? Por que non se dá a coñecer a obra dos escritores e escritoras en lingua galega? Por que non se promociona a lectura dos seus libros? Todas estas preguntas teñen unha resposta: porque somos un país que non valoramos a propia cultura. Parécenos que o que ven de fóra é o bo, o fino, o mellor, e desprezamos o noso. Isto non ocorre en ningún país do noso entorno, nin sequera nos do terceiro mundo.
Ninguén pode acceder á cultura universal se non é partindo da súa propia. Ningunha planta pode medrar se non ten raíces. As nosas raíces son a nosa lingua e cultura e, a partir de aí, podemos aprender e practicar outras linguas, cantas máis mellor, pero, sempre partindo da nosa.
A nosa forma de ser, de ver a vida, está configurada polos nosos costumes, pola nosa tradición, por todos eses valores que nos transmitiron os nosos antepasados. E toda esa bagaxe cultural, xunto coa nosa lingua, conforman a nosa personalidade. E todo isto debe ser o fermento que levede esa ampla formación cultural e de todo tipo que cada un de nós, galegos e galegas debe posuír.
Hai determinadas persoas que se consideran moi sabias e estudadas e renegan da súa lingua e cultura. Mágoa que non se decaten de que teñen unha eiva, de que lles faltan as raíces. No fondo, moitas delas sofren un pequeno trastorno de personalidade, que se chama autoodio. Claro que non é a súa culpa. A culpa foi e é de quen ten o poder para crear conciencia e adoutrinar, a través dos medios de comunicación, especialmente, e, en vez de descriminar positivamente a nosa lingua e cultura, fai o contrario, poñendo obstáculos e dificultades para que ao galego non se lle dea o tratamento que merece no ensino e na sociedade, argumentando que non se pode obrigar a ninguén a estudar o que non quere. As outras materias do curriculum si que obrigan a estudalas. Só faltaría que non o fixesen.
Concluíndo esta reflexión. Se cadra, non debería existir o Día das Letras Galegas. A literatura galega, a nosa lingua e cultura deberían estar presentes a diario nas escolas, nas fábricas, nas nosas vidas en xeral. Se así fora, non facía falta dedicar ningún día especial ás Letras Galegas, pois, tal como se fai, está totalmente baleiro de contido.
Pensemos seriamente todo isto, e procuremos coñecer, estimar e valorar o propio. Procuremos ser nós mesmos. Se así o facemos, chegaremos moi lonxe, accedendo, facilmente á cultura universal. E o que valora o seu, tamén aprende a respectar e valorar o dos demais.

Mª Lourdes Pérez Freire
Alumna da Uned Senior de Xestoso, aula de Paderne