Archive | diciembre 2013

O NADAL, TEMPO DE REFLEXION E SOLIDARIEDADE

O Nadal, tempo de reflexión e solidariedade

lunes, 23 de diciembre de 2013
              O Nadal, a celebración do nacemento de Xesús de Nazaret, é un tempo moi especial do ano, tanto para crentes como para non crentes. Xúntanse as familias para compartir comidas, agasallos, bos desexos, etc. As rúas están iluminadas, as casas e tendas engalanadas, os centros comerciais cheos de xente cargada con bolsas e cousas que, na maioría das veces, non se necesitan. Moitos nenos e nenas reciben tantos regalos que o único momento que disfrutan é ao abrir o paquete. Algúns, finalmente, acaban xogando coa caixa.
            Algunhas mesas, cheas de manxares, nas que se come ata rebentar, estropeando a saúde e a conciencia. Pero, o Nadal debería ser algo máis. Debería ser un momento de reflexión sobre o mundo que nos rodea; un mundo no que unha minoría posee a riqueza e os bens da Terra, mentres que outra gran maioría vive baixo o umbral da pobreza, sen as primeiras necesidades cubertas, sen poder desenvolverse como persoas e levar unha vida digna.
            O Nadal debería ser o nacemento dunha persoa nova en cada un de nós. Unha persoa que vivise en función dos demais. Unha persoa solidaria, que fixese súas as necesidades dos que a rodean. Unha persoa implicada na solución dos problemas que están sufrindo tantos homes e mulleres da nosa sociedade: a falta de traballo, a falta dunha vivenda digna, os recortes na sanidade, na educación, nos servizos socias. Tanta e tanta xente que non ten ningún ingreso, e que está vivindo gracias á solidariedade da familia ou de Cáritas, etc., etc.
            De verdade, algúns, do primeiro mundo, non podemos continuar por este camiño, consumindo cousas que non necesitamos, e, ademais, que non nos pertencen, porque, para que nós as disfrutemos, outros carecen do máis elemental. Nós poderemos, pero o Planeta non pode.
             O noso nivel de consumismo nin é xusto nin é sostible. Polo tanto, cambiémolo. Non se necesitan tantas cousas para ser felices. Hai xente que vive de xeito moi sinxelo e disfrutan da vida máis ca nós.
            BO NADAL A TODAS E TODOS!!
(Mª Lourdes Pérez Freire é alumna da Uned Senior de Xestoso, aula de Paderne).
 

VISITA DA UNED SENIOR DE XESTOSO ÁS PENAS DE RODAS E AO BELÉN DE BEGONTE

Onte, día dezasete de decembro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador, D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, e o noso profesor D. Felipe Senén López, realizamos unha viaxe para visitar as Penas das Rodas e o Belén de Begonte. De camiño,  pasando á altura de San Alberte, unha paraxe moi bonita,  o noso profesor comentounos que a este santuario tamén foi levado o seu amigo e poeta Manuel María, a quen o santo lle debeu protexer dunha maneira especial, pois, no futuro, falaría moito e ben. Máis adiante, tamén se nos mencionou ao escultor Víctor Corral.

            Antes das Penas das Rodas, cruzamos o río Ladra, afluente do Miño. A súa beira, está a casa-restaurante dun emigrante, coleccionista de radios. Posúe un interesante museo destes aparatos. Pasamos polas aldeas de Román e Gayoso, terras de moi bos canteiros. Nós poidemos apreciar algunhas das súas obras: casas, algunhas caleadas e outras repicadas, panteóns e fermosos  cruceiros. As penas das Rodas son dúas grandes pedras de granito, esféricas, en equilibrio sobre dúas rochas, unha ao lado da outra, labradas pola Natureza. Segundo a lenda, unha das penas ten ouro, símbolo da riqueza, e a outra alquitrán. Nunha rocha do lado, hai un poema de Manuel María alusivo a estas pedras:

            (…)

            Non sodes, non, cantería,

            ouh penas de encantamento

            ¡Temo que calquera día

            vos poida levar o vento                      

            Investigacións  recientes descubriron que, no solsticio de verán,  os raios de sol que pasan entre as pedras coincide cunhas marcas, e chegouse á conclusión que é un Círculo Lítico, Círculo Lítico de Donalbai. Estudiosos da Deputación de Lugo realizan unhas rutas pola zona, explicando a teoría das Penas de Rodas.

            Máis tarde, visitamos o Belén de Begonte, un dos máis famosos de Galicia. O noso profesor explicounos que a tradición dos beléns foi traída por San Francisco. Sobre o ano 1.200, veu de peregrino a Santiago, e a el se deben os beléns e as viacrucis. Outro belén moi famoso é o de Ourense, que é obra de Arturo Baltar.

            O Belén de Begonte nace no Nadal de 1.972, creado por D. José Domínguez Guizán, párroco de Begonte(que tamén foi párroco de Xestoso), ao lado de quen estaba José Rodríguez Varela, alma mater do belén. As figuras en animación representan escenas da vida diaria, mezcladas con reproducións da arquitectura popular galega, e todo con efectos sonoros e luminosos. No ano 1.976, amplíase a superficie e o número e tamaño das figuras. Cada ano, o belén é visitado por unas corenta mil persoas. A exposición do belén compleméntase con outras manifestacións culturais moi interesantes, como exposicións de pintura, fotografías, cerámica, etc.

            Como sempre, foi unha viaxe moi interesante, e nós estamos moi agradecidos a quen nos dá a oportunidade de vivir estas experiencias.

 

            Uned Senior de Xestoso

Para ver as fotos, pinche aquí:

CIMG0058

Image

O NADAL, TEMPO DE REFLEXIÓN E SOLIDARIEDADE

O NADAL, TEMPO DE REFLEXIÓN E SOLIDARIEDADE

 

 

 

            O Nadal, a celebración do nacemento de Xesús de Nazaret, é un tempo moi especial do ano, tanto para crentes como para non crentes. Xúntanse as familias para compartir comidas, agasallos, bos desexos, etc. As rúas están iluminadas, as casas e tendas engalanadas, os centros comerciais cheos de xente cargada con bolsas e cousas que, na maioría das veces, non se necesitan. Moitos nenos e nenas reciben tantos regalos que o único momento que disfrutan é ao abrir o paquete. Algúns, finalmente, acaban xogando coa caixa.

            Algunhas mesas, cheas de manxares, nas que se come ata rebentar, estropeando a saúde e a conciencia. Pero, o Nadal debería ser algo máis. Debería ser un momento de reflexión sobre o mundo que nos rodea; un mundo no que unha minoría posee a riqueza e os bens da Terra, mentres que outra gran maioría vive baixo o umbral da pobreza, sen as primeiras necesidades cubertas, sen poder desenvolverse como persoas e levar unha vida digna.

            O Nadal debería ser o nacemento dunha persoa nova en cada un de nós. Unha persoa que vivise en función dos demais. Unha persoa solidaria, que fixese súas as necesidades dos que a rodean. Unha persoa implicada na solución dos problemas que están sufrindo tantos homes e mulleres da nosa sociedade: a falta de traballo, a falta dunha vivenda digna, os recortes na sanidade, na educación, nos servizos socias. Tanta e tanta xente que non ten ningún ingreso, e que está vivindo gracias á solidariedade da familia ou de Cáritas, etc., etc.

            De verdade, algúns, do primeiro mundo, non podemos continuar por este camiño, consumindo cousas que non necesitamos, e, ademais, que non nos pertencen, porque, para que nós as disfrutemos, outros carecen do máis elemental. Nós poderemos, pero o Planeta non pode.

             O noso nivel de consumismo nin é xusto nin é sostible. Polo tanto, cambiémolo. Non se necesitan tantas cousas para ser felices. Hai xente que vive de xeito moi sinxelo e disfrutan da vida máis ca nós.

 

            BO NADAL A TODAS E TODOS!!

 

            Mª Lourdes Pérez Freire, Uned Senior de Xestoso, aula de Paderne

LECTURA NO FESTIVAL DA UNED SENIOR EN PADERNE(18-12-2013)

ImagenO NADAL DOS CRISTIÁNS

 

Todos sabemos que o munDo está cambiando constantemente.

 

Todos sabemos que o que hoxe é noticia, mañá xa non significa nada.

 

Todos sabemos que o xeito de celebra-lo Nadal fai ta só cincuenta anos, ten moi pouco que ver coas celebracións actuais.

 

As novas xeracións van medrando  nun mundo no que o agasallo é o centro da celebración.

Regalamos flores, regalamos champán, regalamos turróns, regalamos mazapáns, regalamos xoguetes, regalamos… Parece que sen regalar non se pode vivir.

 

En fin, por non ser menos ou por non quedar mal regalamos de todo canto nos presenta o mercado, chegando en certos casos a esquecer que a orixe do nadal é algo ben diferente.

 

O alumnado da Uned Sénior de Xestoso leva celebrando moitos Nadais e sabe que cada vez disfrútaos menos porque o mundanal ruido entrou en moitas casas e fai todo canto pode por limitar estas festas a un intercambio de agasallos, esquecendo que o principal agasallo é a propia persoa arredor do Nacemento do Neno Deus.

 

Nadal é unha palabra derivada  do latín  “NATALE” que significa.”DÍA DO NACEMENTO”

Para os cristiáns é unha solemnidade do ano litúrxico que commemora o día 25 de decembro o Nacemento de Cristo.

 

Ata onde eu podo saber, paréceme que o alumnado da Uned Sénior de Xestoso pertence ó grupo dos  bautizados, é dicir dos cristiáns inscritos no Libro de Rexistro da Igrexa Católica.

 

É certo que vivimos nun mundo multicolor onde todos cabemos, pero cada quen no seu sitio.

 

Para todas aquelas persoas que sentimos no noso corazón a presenza dun Salvador que naceu pobre e humilde, precisamente para solidarizarse cos pobres e cos humildes, non acabo de  entender porque nos empeñamos en saca-las cousas do seu sitio.

 

¿Hai algo máis bonito que a sencillez?

 

¿Poden os agasallos dá-la felicidade e o repouso que busca o noso corazón?

 

Ultimamente veño oíndo comentarios de persoas que din que estas festas para elas son todo tristura, que son as máis tristes do ano.

A súa explicación terán, pero eu pregúntome:

 

¿Como pode haber tristura  cando o que deberíamos celebrar é xusto un  nacemeto?

 

¿Non reloucamos de ledicia cando nos nace un novo membro na nosa familia?

 

Pois… con canta máis ledicia temos que celebrar que un bo día naceu un NENO de forma un tanto misteriosa que cambiou para sempre a historia da humanidade.

 

Desde a chegada de Cristo ó mundo, os feitos históricos teñen un antes e un desois de Cristo, tanto para os que temos algunha relixión, como para os ateos.

 

Por exemplo: “O descibrimento de América tivo lugar 1492 anos despois de Cristo, pero a construcción das Pirámides de Egipto son moi anteriores a el”

Hoxe estamos a día 18 do mes de decembro do ano 2013 despois de Cristo.

 

Se nos coonfesamos crentes:

 

¿Por que non nos acercamos á  Familia de Nazaret para compartir o amor que entre eles existía naquela humide manxadoira?

Alí non había luxos, nin abundancia, nin estaban os parentes todos arredor.

Tan só foron chegando uns humildes pastores que tampouco tiñan moita  cousa, tan só un gran corazón que esperaba un Salvador porque estaban moi oprimidos.

 

Aínda que pareza mentira, os pobres son os preferidos de Deus porque eles séntense necesitados e esperan axuda do CEO.

 

Os ricos como teñen de todo xa lles parece que co seu poderío están en disposición de resolver calquera problema que se lles presente. 

 

Pero a realidade dinos que todos somo pobres ante Deus porque se non é hoxe será mañá pero sempre necesitamos axuda do alto.

 

No Portal de Belén faltaban moitas comodidades pero había moito  amor:

 

-Un pai que se desvive por atender á súa muller que acaba de dar á luz un neno precioso nun lugar insospeitado.

 

-Unha nai que segue sen comprender aquel anuncio do Anxo Gabriel que lle dixo que traería un Salvador ó mundo, pero non se imaxinaba que fora nacer naquelas circunstancias.

 

-Un NENO que é feliz porque sente moi cerca o calor da súa niaciña cando lle dá o peito e o do seu papá cando o colle no colo e dille  con moita tenrura:

 

 ¡Es moi pouquiña cousa!

 

¡Pero que pouquiño es!

 

¡Tes que comer moito para medrar!

 

E cando medres axudarasme na carpintería.

 Xa verás que ben o imos pasar…

 

Observen o felices que son os nenos con tan só sentirse amados. Realmente é amor o que máis necesitamos. Por eso nos felicitamos as festas cos mellores desexos cada  ano por estas datas.

 

Se estamos rodeados de calor humano, mellor que mellor e se non sempre podemos pensar en tantas e tantas persoas que souberon saír adiante con moi poucos medios porque Deus nunca abandoa a quen quere acollelo.

 

¿Por que nos empeñamos en celebra-lo Nadal rodeados de moitas persoas, mesa opulenta e festa rachada?

 

 Non hai nada de malo que moitas persoas poidan celebralo así, pero tamén se pode celebrar de mil maneiras diferentes que non teñen por que se peores. Cada un celébrao según os seus propios medios. O ingrediente máis importante é o amor.

 

Na Uned Sénor temos a sorte de poder celebralo inmersos nun ambiente de compañeirismo e moita harmonía con música, preciosas panxoliñas,  boa mesa, boa compañía e ambiente agradable no que todos nos sentimos moi cómodos.

 

Para nós a compañía, o ambiente cálido, tocar e cantar panxoliñas en paz e gracia de Deus son  motivos máis que suficientes para ser felices.

 

Seguramente que nas nosas parroquias tamén reinará un ambiente nadalenco para compartilo cos veciños facendo pobo.

 

E nas casas, cada quen é o rei ou a raíña da súa república independente.

Para as persoas de Fe, a alegría do Nacemento do Noso

Salvador ninguén nola pode quitar se nós non queremos.

 

Esto explica a razón pola que estas festas serán moi felices para todos nós porque levamos dentro o amor que Deus ten por tódalas súas criaturas e –pase o que pase- sempre confiaremos nun futuro prometedor porque 2014 está á vota da esquina esperádonos para darnos moitas sorpresas agradables.

 

Non nos fan falta grandes regalos, nin grandes celebracións, nin que veña Papá Noel desde non sei donde.

 

Bástanos con que apareza algún rei mago, que pode ser calquera das persoas que nos rodean para  que nos alegre a vida cun sorriso, un mimiño ou calquera cousa feita con amor.

 

Deste xeito vimos a celebra-lo Nadal na Uned Sénior.

Bástanos con estar xuntos e compartir compañía e alegrarnos a vida canto máis poidamos. Sentir que pertencemos a un grupo moi singular como é a Uned Sénior xa é todo un privilexio do que moi poucos disfrutan.

 

Com razón podemos dicir que o reino dos ceos do que fala Xesús , está moi cerca de nós porqque o , levamos dentro dos nosos corazóns para compartilo uns cos outros.

 

A nós ninguén nos vai quita-la satisfacción de se-los primeiros en abrir un camiño que produce moitos beneficos a nós mesmos en primeiro lugar, ás nosas familias e á sociedade en xeral. Somos un bo exemplo para os que veñen detrás.

 

Non podemos deixar de felicitarmonos a nós mesmos e tamén ó noso Coordinador: D LUIS  ÁNGEL RODRÍGUEZ PATIÑO que foi o creador desta idea e que traballa incansablemete por levar adiante esta iniciativa.

 

A unión fai a forza e aquí estamos nós para celebra-lo Nadal cheos de felicidade porque o Noso Deus así nos quer ver.

 

¡Bo Nadal para o noso Corodinador desexando que se tome un respiro para repoñer forzas para o ano novo!

 

¡Bo Nadal para os nosos Profesores que saben ensinarnos com moito  cariño e  unha gran profesionalidade!

 

¡Bo Nadal amigos e compañeiros por estar apoiando esta noble causa coa vosa presenza e co voso esforzo¡

 

O Neno Deus desde aquela humilde manxadoira estanos dicindo:

“GLORIA A DEUS NAS ALTURAS E PAZ NA TERRA ÁS PERSOAS DE BOA VONTADE”

 

¡BO NADAL PARA TODOS!

 

Vémonos o ano que vén.

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da Uned Sénior.

Aula de Paderne (A Coruña)

Bo Nadal e Aninovo 2014!

Bo Nadal e Aninovo 2014!

Bo Nadal e Aninovo 2014!
Cambiemos realidades e provoquemos rebeldías con Xesús de Nazaré, na procura de construír un mundo máis humano e xusto.

Neste ano o Anxo do Señor anúncianos desde a capela do santo Antonio, na parroquia de san Mamede de Momán (Lugo), pero tamén, como non podería ser doutro xeito, desde san Pedro do Val de Xestoso e san Pedro de Cambás (A Coruña) e santa María de Labrada (Lugo), que ante a nefasta, dura e inxusta situación na que nos meteron os servil políticos, ao servizo dos mercadores e banqueiros sen moral e sen escrúpulos, que a imitación de María de Magdala e Xosé o Carpinteiro hai que facerse fortes e constantes na loita, para que triunfe a dignidade do ser humano e poidamos habitar un mundo no que o importante sexa a persoa xunto coa natureza.

O Anxo tamén nos refire que a Virxe e o Carpinteiro foron desafiuzados po los banqueiros o pasado ano, do seu pesebre; como non teñen posibles e a administración non lles amañou unha solución, este ano están a facer un “scratch” diante do palacio de Herodes.
Exemplo, exemplo que nos dan estes palestinos, imitémolos e loitemos po la dignidade.
Decembro, 2013. LUIS

A UNED SÉNIOR EN MADRID E TOLEDO

Era o día 12 do mes 12 do ano 2013 cando o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña), acompañado polo seu Coordinador, LUIS ÁNGEL RODRÍGUEZ PATIÑO, se dirixía o centro do Reino de España para visitar Madrid e Toledo.

En canto nos adentramos na real vila de Madrid, xa divisamos á nosa esquereda o edificio que alberga a UNED, onde cada un de nós ten alí a súa ficha académica.

Conforme ía avanzando o noso autobús aparecían diante dos nosos ollos lugares tan significativos como “A Moncloa” e o Exército do Aire, para adentrarnos xa no centro disfrutando de todo canto vían os nosos ollos polas diferentes rúas: Princesa, Gran Via, Preciados, Alcalá, Paseo del Prado, Avenida Cidade de Barcelona, pasando a introducirnos na M-30 que vai dirección a Andalucía e Toledo; pero nós quedámonos en Pinto onde nos agardaban para hospedarnos comodamente.

O que máis nos chamou a atención ó cruzar Madrid, foi a arquitectura de edificios tan emblemáticos como o Banco de España, o Cuartel Xeral do Exército, a Porta de Alcalá que divisamos ó lonxe, o museo Tysen, o Ministerio de Sanidade, o Ministe rio de Agricultura, as fontes de Cibeles e Neptuno, a Estación de Atocha que nos trouxo á mente tristes recordos e a continuación o Parque de Enrique Tierno Galván, aquel alcalde madrileño tan querido pola súa sencillez e entrega ós madrileños.

Cadrounos de cruzar Madrid nunha hora punta na que os escolares de tódals idades saían dos seus respectivos colexios e dábanlle vida e alegría xuvenil á cidade.

Chegamos a Pinto ás seis da tarde cunha temperatura bastante agradable de 12º e un cálido recibimento no hotel que tiñamos reservado.

Ó día seginte tocaba visitar Madrid.

O autubús deixounos no parking da Praza de Oriente e ó saír á superfície o primeiro que vimos foi o legado dos Austrias: A PRAZA DE ORIENTE e os edificios emblemáticos do entorno.

Esta praza estaba sumamente animada, posiblemente máis que noutro día claquera porque o Teatro Real ofrecía unha programación especial para os nenos de Madrid. Era todo un auténtico formigueiro de nenos de tódalas idades. Respirábse alegría e vitalidade.

-O PALACIO REAL OU PALACIO DE ORIENTE que é a residencia da Súa Maxestade o Rei para cerimonias de estado.

A súa construcción remóntase ó século IX cando o reino musulmán de Toledo quixo construír unha edificación defensiva que despois usaron os reis de Castela.

Sufriu un incendio no ano 1734 e foi no reinado do rei FELIPE V cando se construiu en pedra e ladrillo, desde 1738 ata 1755, para establecerse alí o rei CARLOS III no ano 1764.

Todo el é un conxunto histórico-artístico de primeira magnitude pero entre a súas dependencias destaca O SALÓN DO TRONO.

Detrás do Palacio está o XARDÍN CAMPO DEL MORO que data do reinado de FELIPE II e nel atópase a REAL ARMERÍA onde se podem encontrar desde armas mediaevais ata as de Carlos V e Felipe II.

-A CATEDRAL DE SANTA MARÍA LA REAL DE LA ALMUDENA (Patrona de Madrid) construída entre os século XIX-XX en tres estilos arquitectónicos:

-Neoclásico polo exterior.

-Neogótico por dentro

-E neorrománico na cripta.

Foi consagrada por XOÁN PAULO II o día 15 de xuño de 1993. Ten a orientación norte-sur polo feito de formar parte da estructura arquitectónica do PALACIO REAL.

-O TEATRO REAL que é o teatro de ópera de Madrid, considerado o máis importante non só de España senón tamén de Europa. Esta situado fronte ó PALACIO REAL na praza de Oriente.

Inaugurouse en 1850.

Está considerado como BEN DE INTERESE CULTURAL do PATRIMONIO HISTÓRICO ESPAÑOL coa categoría de MONUMENTO HISTÓRICO, publicado no BOE con data 3 de setembro de 1993.

-A PORTA DO SOL foi onde fixemos unha pausa para contemplar o Km CERO das estradas radiais de España.

Pero o seu edificio máis destacado é a CASA DE CORREOS que logo foi sé da DIRECCIÓN XERAL DE SEGURIDADE e na actualideade é a sé do GOBERNO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE MADRID, que está vixiado pola estatua ecuestre de CARLOS III, o “REI ALCALDE”.

Neste edificio atópase o famosos RELOXIO DAS CAMPAÑADAS DE FIN DE ANO que foi construído e doado por JOSÉ RODRÍGUEZ DE LOSADA no século XIX.

Concluimos a visita pola rúa Arenal para dirixírmonos ó autobús que nos recollería para levarnos ó hotel.

Pola tarde tocaba visitar TOLEDO.

Entramos pola PORTA NOVA DE BISAGRA construída en tempos do EMPERADOR CARLOS V quen decidiu a remodelación do ALCÁZAR e máis quixo que a cidade tivera unha fermosa porta de acceso á mesma.

Pero Toledo ten outras portas:

-PORTA DO SOL construído na época do ARZOBISPO TENORIO (1335-1399), considerada como a máis formosa do Mudéxar español: un bo exemplo de harmonía e fortaleza.

-PORTA DO CAMBRON ou PORTA DOS XUDÍOS que a partir do século XII daba acceso ó populoso arrabalde de XUDERÍA TOLEDANA. Ten unha bela imaxe de SANTA LEOCADIA, mártir e patrona da cidade.

Entre os seus monumentos destacan:

-SAN JUAN DE LOS REYES que mandaron construír os REIS CATÓLICOS, como templo votivo e panteón real.

É de estilo gótico inspirado no mudéxar local.

-CASA MUSEO DO GRECO: aínda que se sabe que o Greco vivíu no Palacio do Marqués de Villena situado no que hoxe é o PASEO DO TRÁNSITO e casas colindantes.

O que hoxe coñecemos como CASA DEL GRECO eran os pazos do Tesoureiro do rei D. Pedro que pasaron despois a mans da duquesa Dona Aldonza de Mendoza, duquesa de Arjona

-A CATEDRAL: de estilo gótico.

Ten unha planta das máis amplas da Cristiandade: 120 m de largo por 60 m de ancho e 33 m de altura na nave maior.

No oco da base da Torre mocha existe unha capela mozárabe que foi a sala Capitular ata que o cardenal Cisneros, mandou construír a actual e en 1504 destinouna ó culto conforme ó venerable rito hispano.

Na corpo central do altar está o óculo que comunica a luz ó Sagrario, rodeándoo os catro arcanxos cos seus respectivos atributos: Rafael, Gabriel, Miguel e Uriel.

Na sacristía e salas anexas conta conha riqueza pictórica de incalculable valor: o tesouro catedralicio.

O retábulo maior é unha auténtica preciosidade formada por 15 grandes grupos escultóricos feitos en madeira de alerce ou lárice dos piñeirais de Ávila.

Non podemos esquecer outro datos de interese como son:

-O ENTERRO DO SEÑOR DE ORGAZ, notario maior de Castela, nobre de estirpe toledana que faleceu em 1323 despois de levar unha vida piadosa e facer xenerosas doazóns a institucións relixiosas.

Conta a lenda que os asistentes ó enterro contemplaron como baixaban do ceo Santo Agustín e Santo Esteban que colleron o cadáver e colocárono na tumba mentres se oían unhas palabras que dicían:

“TAL GALARDÓN RECIBE, QUIEN A DIOS Y A SUS SANTOS SIRVE”

Esta obra cumbre da pintura é PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

-A PONTE DE ALCÁNTARA de orixe romana, conservada polos visigodos, escenario de distintas loitas para reducir os rebeldes toledanos, reconstruída por ABD-RAHMAN III ata que o efecto das contunuas choivas durante catro meses seguidos no ano 1257, aconsellou que ALFONSO X “O SABIO”, mandara reparala e refrozala.

No 1961 rescatouse porta do centro; as outras foron demolidas para face-la estrada en 1864.

– A PONTE DE SAN MARTÍN que data de antigo, quedando en ruinas no ano 1203 ata que o arcebispo Tenorio levou a cabo a súa consolidación no ano 1368, pero cando estaban cerrando o arco central, decatáronse que non tiña solidez e houbo que volver a facela a instancias de muller do arquitecto; unha decidida muller modelo de esposas que salvou a honra e o prestixio do seu marido.

-Outros museos: o de SANTA CRUZ, o de TAVERA.

-E O ALCÁZAR cos seus museos, que foi utilizado polos romanos como PRETORIO, reedificado polo rei ALFONSO VI cando conquisotu a cidade; pero foi o rei toledano ALFONSO X “ O SABIO” quen no século XIII levantou a fachada do este cos seus torreóns que aínda subsisten.

Nunha das súas estancias subetrráneas estivo Dona BLANCA, infortunada esposa de PEDRO I “O CRUEL”

En realidade foi CARLOS V quen o convertiu en PALACIO REAL; pero cando se trasladou a Corte a Madrid, serviu de aloxamento a personaxes rexios.

En 1810, os franceses incéndiarono ó remata-la Guerra da Independencia.

En 1846 establécese alí a ACADEMIA DE INFANTERÍA e no ano 1936, coa Guerra Civil Española, quedou mutilado.

Hoxe en día conserva:

-Os tristes recordos do Asedio

-Unha colección de Arma branca coa evolución desde o coitelo de sílex ata as famosas espadas de aceiro toledano.

-Outra colección de armas de fogo desde os inicios da pólvra ata as modernas armas automáticas.

-Unha mostra de trofeos, recordos e uniformes da nosa presenza en África.

Obxectos históricos e unha extensa colección de medallas.

Na viaxe de retorno poidemos contemplar de novo:

-A Estación de Atocha, os Museo do Prado, as fontes de Cibeles e Neptuno, o animado que estaba ao Paseo de La Castellana, a Biblioteca Nacional, a Praza de Colón, escenario de recentes acontecementos de relevancia, o Museo de Cera, a Embaixada do Parlamento Europeo ben vixiada cos cámaras de seguridade, o Museo das Ciencias que ten unha cúpula que me lembrou a nosa Casa das Ciencas na Coruña, o paseo de La Habana, e o estadio Bernabeu que lle subiu o tono a alguns.

Rematámo-la visita cun paseo polo PARQUE DO RETIRO de tempos de FELIPE IV que nun principìo estaba cheo de palacetes para recreo da realeza; pero a guerra de Independencia e máis tarde a Guerra Civil, acabaron cos palacios e pasou a uso do pobo.

Nel pódese disfrutar dos seus amplos paseos onde os madrileños e visitantes, poden tomar un respiro, do ESTANQUE, da estatua do ANXO CAÍDO, DA CASA DE VACAS hoxe coñecida como PALACIO VELÁZQUEZ, do PALACIO DE CRISTAL e da súa rosaleda.

Este é un breve repaso de que puidemos observar nunha viaxe curta no tempo pero ben aproveitada.

Ademais dos coñecementos adqueridos, é de destacar o compañeirismo, a harmonía e a correcta conducta do alumnado da Uned Sénior de Xestoso que sabe estar onde queira que sexa.

Así dá gusto.

¡Grazas á Uned Sénior da Galicia Rural na Coruña.

Para ver as fotos, pinche aquí:

IMG_0564

 Image

A ALCALDESA DE MELIDE RECIBE Á UNED SÉNIOR NUN DÍA MOI SINALADO

Hoxe é un día moi especial para toda a Humanidade porque se celebra o 65 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos na ONU.

Para a Uned Sénior de Xestoso tamén o foi, non só por este motivo senón porque tivo ocasión de ser recibida pola Señora Alcaldesa de Melide, dona Ánxeles Vázquez e varios rexidores encargados das diferentes concellalías

A entrevista tivo lugar no Salón de Sesións do Concello, onde varias persoas das alí presentes tivemos ocasión de intervir expoñendo desde diferentes ángulos, a conveniencia da creación dunha aula da Uned Sénior no centro xeográfico de Galicia.

A primeira en intervir foi a Exma Sra Alcaldesa, ÁNXELES VÁZQUEZ quen moi amablemente nos saudou ó tempo que facía unha breve descripción da situación de Melide como centro xeográfico e como cruce de camiños, facendo especial mención ó Camiño de Santiago e ó Camiño Primitivo ó seu paso por terras melidenses; pero sobre todo, sobre as súas xentes, que son a súa prioridade.

Na súa exposición notábaselle moito entusiamo por Melide e polos melidenses, mostrándose aberta a novas ideas que contribúan a favorecer o benestar dos seus concidadáns.

A continuación, o noso Coordinador, D. LUIS ÁNGEL RODRÍGUEZ PATIÑO expuso a posibilidade de crear unha aula en Melide aproveitando e potenciando os recursos humanos que esta poboación ten e ó mesmo tempo ofrecendo a súa colaboración desde o seu posto de Coordinador da Uned Sénior no Centro asociado da UNED na Coruña.

Tamén deixou constancia da boa disposición que ten a actual directora da Uned, a Ilustre Señora Dona SUSANA BLANCO, da que todo o alumnado da Uned Sénior damos fe.

O noso Profesor Don FELIPE SENÉN, aproveitou a ocasión para dirixir unhas palabras sobre a súa relación con Melide e as súas xentes; aínda que o seu forte foi na praza diante do Museo “Terras de Melide” para ofrecernos unha exposición global das historia do lugar, remontando ós tempos do rei AFONSO VII, que contribuiu ó nacemento do Camiño de Santiago non tan só como unha fronteira fronte ó mundo musulmán, senón tamén dando vida e servizos á comunidade, é dicir, creando vida: zoqueiros, telleiros, cesteiros…

Como é lóxico, non podía faltar a colaboración do ALUMNADO como testemuña viva desta Universidade, destacando os seus beneficos para a sociedade maior do rural galego; beneficios dos que todos nos encontramos moi satisfeitos.

Rematada a visita, dirixímonos ó Museo Terras de Melide situado nun edificio anexo ó Hospital de Peregrinos. Este último foi creado por un bispo como unha obra pía na que se impartían clases de Teoloxía, Gramática e outras disciplinas.

O museo mostra os escudos dos Ulloa e dos Castro a ambos lados da súa fachada.

Tivo a súa orixe nas mentes de Xosé Domingos Fuciños, Manolo Castro e Xosé Manuel Broz Rei que, nun principio, conseguiron instalalo nos baixos do Concello aló polo ano 1974; pero no ano 1982 trasladouse á casa dos Irmáns Fuciños Gómez, onde estivo durante 19 anos para pasar no no 2001 ó actual Museo situado nun anexo do Antigo Hospital de Peregrinos, hoxe Casa do Concello de Melide.

Xa no museo, tivemos ocasión de visitar unha exposición interesantísima sobre:

-Capiteis medievais.

-Sartegos funerarios de Melide do século XV.

-Pinturas murais.

-A Historia do Hospital de Peregrinos Santi Spíritus.

-Colección de machados de pedra do Neolítico.

-A Idade do Bronce cunha punta de Lanza do ano 1000 antes de Cristo, unha punta de frecha de Paradela, outra punta de Lanza de Sobado e machados planos e de talón.

-No tocante á Cultura Castrexa hai achados de cerámica e muíños.

-Varios achados da vilas romanas de Piñeiro e Touriño.

-Unha ampla colección de moedas e reloxios.

-Fotos dos castros e excavacións que se levaron a cabo na comarca.

-Os diferentes oficios: ferreiros, carpinteiros, torneiros, zapateiros, zoqueiros, barbeiros…

-Apeiros do agro e dos telleiros.

-A escola e o xoguete.

-Fotos das Agrupacións Musicais.

-O tecido e a lá.

-Colchas de tear de liño e de lá.

-Fusos e rocas, ripas e cardas.

-Devanadora, sarillos e tascas.

-A vestimenta doutros tempos.

-Unha boa colección de candís que tanto servizo nos deixan prestado para aprender a ler nas longas noites de inverno.

Foi unha boa maneira de celebrar o 65 Aniversario da Declaración dos Deretos Humanos, enriquecendo os nosos coñecementos, favorecendo a convivencia, cultivando amistade e transmitindo ós melidenses a través do seu goberno municipal, presidido pola súa Alcaldesa, o noso desexo de que canto antes poidamos encontrarnos con eles para brindarlles a nosa amistade e contaxiarlles as nosas ganas de vivir en positivo disfrutando do tantos e tantos beneficios como nos proporciona a Uned Sénior.

E todo esto…¿Por que?

Pois porque Melide e os melideses merecen ter unha aula da Uned Sénior para enriquecérense cultural e emocionalmente nun lugar tan privilexiado como é esa encrudillada de camiños e culturas situados no Camiño de Santiago (francés e primitivo), declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1993 e tamén Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa.

Agradecemos á Uned Sénior de Xestoso o enriquecemento dun día tan especial e desexamos que algún día poida estenderse a todo o largo e ancho de todo o rural galego co nome de:

“UNED SÉNIOR NA GALICIA RURAL”

A día de hoxe parece un soño inalcanzable, pero se somos capaces de asimilalo nas nosas mentes, o soño pode convertirse en realidade moito antes do que pensamos.

MERCEDES CACHAZA PLATAS

(Alumna da Uned Sénior na aula de PADERNE (A Coruña)

Para ver as fotos, pinche aquí:

4

 

Image

A UNED SÉNIOR EN MADRID E TOLEDO

A UNED SÉNIOR EN MADRID E TOLEDO

A UNED SÉNIOR EN MADRID E TOLEDO

Era o día 12 do mes 12 do ano 2013 cando o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña), acompañado polo seu Coordinador, LUIS ÁNGEL RODRÍGUEZ PATIÑO, se dirixía o centro do Reino de España para visitar Madrid e Toledo.

En canto nos adentramos na real vila de Madrid, xa divisamos á nosa esquereda o edificio que alberga a UNED, onde cada un de nós ten alí a súa ficha académica.

Conforme ía avanzando o noso autobús aparecían diante dos nosos ollos lugares tan significativos como “A Moncloa” e o Exército do Aire, para adentrarnos xa no centro disfrutando de todo canto vían os nosos ollos polas diferentes rúas: Princesa, Gran Via, Preciados, Alcalá, Paseo del Prado, Avenida Cidade de Barcelona, pasando a introducirnos na M-30 que vai dirección a Andalucía e Toledo; pero nós quedámonos en Pinto onde nos agardaban para hospedarnos comodamente.

O que máis nos chamou a atención ó cruzar Madrid, foi a arquitectura de edificios tan emblemáticos como o Banco de España, o Cuartel Xeral do Exército, a Porta de Alcalá que divisamos ó lonxe, o museo Tysen, o Ministerio de Sanidade, o Ministe rio de Agricultura, as fontes de Cibeles e Neptuno, a Estación de Atocha que nos trouxo á mente tristes recordos e a continuación o Parque de Enrique Tierno Galván, aquel alcalde madrileño tan querido pola súa sencillez e entrega ós madrileños.

Cadrounos de cruzar Madrid nunha hora punta na que os escolares de tódals idades saían dos seus respectivos colexios e dábanlle vida e alegría xuvenil á cidade.

Chegamos a Pinto ás seis da tarde cunha temperatura bastante agradable de 12º e un cálido recibimento no hotel que tiñamos reservado.

Ó día seginte tocaba visitar Madrid.
O autubús deixounos no parking da Praza de Oriente e ó saír á superfície o primeiro que vimos foi o legado dos Austrias: A PRAZA DE ORIENTE e os edificios emblemáticos do entorno.

Esta praza estaba sumamente animada, posiblemente máis que noutro día claquera porque o Teatro Real ofrecía unha programación especial para os nenos de Madrid. Era todo un auténtico formigueiro de nenos de tódalas idades. Respirábse alegría e vitalidade.

-O PALACIO REAL OU PALACIO DE ORIENTE que é a residencia da Súa Maxestade o Rei para cerimonias de estado.
A súa construcción remóntase ó século IX cando o reino musulmán de Toledo quixo construír unha edificación defensiva que despois usaron os reis de Castela.
Sufriu un incendio no ano 1734 e foi no reinado do rei FELIPE V cando se construiu en pedra e ladrillo, desde 1738 ata 1755, para establecerse alí o rei CARLOS III no ano 1764.

Todo el é un conxunto histórico-artístico de primeira magnitude pero entre a súas dependencias destaca O SALÓN DO TRONO.
Detrás do Palacio está o XARDÍN CAMPO DEL MORO que data do reinado de FELIPE II e nel atópase a REAL ARMERÍA onde se podem encontrar desde armas mediaevais ata as de Carlos V e Felipe II.

-A CATEDRAL DE SANTA MARÍA LA REAL DE LA ALMUDENA (Patrona de Madrid) construída entre os século XIX-XX en tres estilos arquitectónicos:
-Neoclásico polo exterior.
-Neogótico por dentro
-E neorrománico na cripta.

Foi consagrada por XOÁN PAULO II o día 15 de xuño de 1993. Ten a orientación norte-sur polo feito de formar parte da estructura arquitectónica do PALACIO REAL.

-O TEATRO REAL que é o teatro de ópera de Madrid, considerado o máis importante non só de España senón tamén de Europa. Esta situado fronte ó PALACIO REAL na praza de Oriente.
Inaugurouse en 1850.
Está considerado como BEN DE INTERESE CULTURAL do PATRIMONIO HISTÓRICO ESPAÑOL coa categoría de MONUMENTO HISTÓRICO, publicado no BOE con data 3 de setembro de 1993.

-A PORTA DO SOL foi onde fixemos unha pausa para contemplar o Km CERO das estradas radiais de España.
Pero o seu edificio máis destacado é a CASA DE CORREOS que logo foi sé da DIRECCIÓN XERAL DE SEGURIDADE e na actualideade é a sé do GOBERNO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE MADRID, que está vixiado pola estatua ecuestre de CARLOS III, o “REI ALCALDE”.

Neste edificio atópase o famosos RELOXIO DAS CAMPAÑADAS DE FIN DE ANO que foi construído e doado por JOSÉ RODRÍGUEZ DE LOSADA no século XIX.
Concluimos a visita pola rúa Arenal para dirixírmonos ó autobús que nos recollería para levarnos ó hotel.

Pola tarde tocaba visitar TOLEDO.

Entramos pola PORTA NOVA DE BISAGRA construída en tempos do EMPERADOR CARLOS V quen decidiu a remodelación do ALCÁZAR e máis quixo que a cidade tivera unha fermosa porta de acceso á mesma.

Pero Toledo ten outras portas:

-PORTA DO SOL construído na época do ARZOBISPO TENORIO (1335-1399), considerada como a máis formosa do Mudéxar español: un bo exemplo de harmonía e fortaleza.

-PORTA DO CAMBRON ou PORTA DOS XUDÍOS que a partir do século XII daba acceso ó populoso arrabalde de XUDERÍA TOLEDANA. Ten unha bela imaxe de SANTA LEOCADIA, mártir e patrona da cidade.

Entre os seus monumentos destacan:

-SAN JUAN DE LOS REYES que mandaron construír os REIS CATÓLICOS, como templo votivo e panteón real.
É de estilo gótico inspirado no mudéxar local.

-CASA MUSEO DO GRECO: aínda que se sabe que o Greco vivíu no Palacio do Marqués de Villena situado no que hoxe é o PASEO DO TRÁNSITO e casas colindantes.
O que hoxe coñecemos como CASA DEL GRECO eran os pazos do Tesoureiro do rei D. Pedro que pasaron despois a mans da duquesa Dona Aldonza de Mendoza, duquesa de Arjona

-A CATEDRAL: de estilo gótico.
Ten unha planta das máis amplas da Cristiandade: 120 m de largo por 60 m de ancho e 33 m de altura na nave maior.
No oco da base da Torre mocha existe unha capela mozárabe que foi a sala Capitular ata que o cardenal Cisneros, mandou construír a actual e en 1504 destinouna ó culto conforme ó venerable rito hispano.
Na corpo central do altar está o óculo que comunica a luz ó Sagrario, rodeándoo os catro arcanxos cos seus respectivos atributos: Rafael, Gabriel, Miguel e Uriel.
Na sacristía e salas anexas conta conha riqueza pictórica de incalculable valor: o tesouro catedralicio.
O retábulo maior é unha auténtica preciosidade formada por 15 grandes grupos escultóricos feitos en madeira de alerce ou lárice dos piñeirais de Ávila.

Non podemos esquecer outro datos de interese como son:

-O ENTERRO DO SEÑOR DE ORGAZ, notario maior de Castela, nobre de estirpe toledana que faleceu em 1323 despois de levar unha vida piadosa e facer xenerosas doazóns a institucións relixiosas.
Conta a lenda que os asistentes ó enterro contemplaron como baixaban do ceo Santo Agustín e Santo Esteban que colleron o cadáver e colocárono na tumba mentres se oían unhas palabras que dicían:

“TAL GALARDÓN RECIBE, QUIEN A DIOS Y A SUS SANTOS SIRVE”

Esta obra cumbre da pintura é PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

-A PONTE DE ALCÁNTARA de orixe romana, conservada polos visigodos, escenario de distintas loitas para reducir os rebeldes toledanos, reconstruída por ABD-RAHMAN III ata que o efecto das contunuas choivas durante catro meses seguidos no ano 1257, aconsellou que ALFONSO X “O SABIO”, mandara reparala e refrozala.
No 1961 rescatouse porta do centro; as outras foron demolidas para face-la estrada en 1864.

– A PONTE DE SAN MARTÍN que data de antigo, quedando en ruinas no ano 1203 ata que o arcebispo Tenorio levou a cabo a súa consolidación no ano 1368, pero cando estaban cerrando o arco central, decatáronse que non tiña solidez e houbo que volver a facela a instancias de muller do arquitecto; unha decidida muller modelo de esposas que salvou a honra e o prestixio do seu marido.

-Outros museos: o de SANTA CRUZ, o de TAVERA.

-E O ALCÁZAR cos seus museos, que foi utilizado polos romanos como PRETORIO, reedificado polo rei ALFONSO VI cando conquisotu a cidade; pero foi o rei toledano ALFONSO X “ O SABIO” quen no século XIII levantou a fachada do este cos seus torreóns que aínda subsisten.
Nunha das súas estancias subetrráneas estivo Dona BLANCA, infortunada esposa de PEDRO I “O CRUEL”

En realidade foi CARLOS V quen o convertiu en PALACIO REAL; pero cando se trasladou a Corte a Madrid, serviu de aloxamento a personaxes rexios.
En 1810, os franceses incéndiarono ó remata-la Guerra da Independencia.
En 1846 establécese alí a ACADEMIA DE INFANTERÍA e no ano 1936, coa Guerra Civil Española, quedou mutilado.

Hoxe en día conserva:

-Os tristes recordos do Asedio

-Unha colección de Arma branca coa evolución desde o coitelo de sílex ata as famosas espadas de aceiro toledano.

-Outra colección de armas de fogo desde os inicios da pólvra ata as modernas armas automáticas.

-Unha mostra de trofeos, recordos e uniformes da nosa presenza en África.

Obxectos históricos e unha extensa colección de medallas.

Na viaxe de retorno poidemos contemplar de novo:

-A Estación de Atocha, os Museo do Prado, as fontes de Cibeles e Neptuno, o animado que estaba ao Paseo de La Castellana, a Biblioteca Nacional, a Praza de Colón, escenario de recentes acontecementos de relevancia, o Museo de Cera, a Embaixada do Parlamento Europeo ben vixiada cos cámaras de seguridade, o Museo das Ciencias que ten unha cúpula que me lembrou a nosa Casa das Ciencas na Coruña, o paseo de La Habana, e o estadio Bernabeu que lle subiu o tono a alguns.

Rematámo-la visita cun paseo polo PARQUE DO RETIRO de tempos de FELIPE IV que nun principìo estaba cheo de palacetes para recreo da realeza; pero a guerra de Independencia e máis tarde a Guerra Civil, acabaron cos palacios e pasou a uso do pobo.
Nel pódese disfrutar dos seus amplos paseos onde os madrileños e visitantes, poden tomar un respiro, do ESTANQUE, da estatua do ANXO CAÍDO, DA CASA DE VACAS hoxe coñecida como PALACIO VELÁZQUEZ, do PALACIO DE CRISTAL e da súa rosaleda.

Este é un breve repaso de que puidemos observar nunha viaxe curta no tempo pero ben aproveitada.
Ademais dos coñecementos adqueridos, é de destacar o compañeirismo, a harmonía e a correcta conducta do alumnado da Uned Sénior de Xestoso que sabe estar onde queira que sexa.

Así dá gusto.

¡Grazas á Uned Sénior da Galicia Rural na Coruña.

M ERCEDES CACHAZA PLATAS
Alumna da Uned Sénior
Aula de PADERNE (A Coruña)

NACIMIENTO DENUNCIA: DESAHUCIOS – ESCRACHES – VERJA e INDOCUMENTADOS

En  XESTOSO – CAMBAS – MOMAN he colocado un nacimiento denuncia de la realidad que estamos viviendo hoy realidad que le toca vivir a Jesús ya que»nos dice la escritua se encarnó…»

Un portal de Belén con pegatina de STOP DESAHUCIO y protegido por una cinta de la Policia que prohibe el paso a José y a Maria; un castillo de Herodes con escraches (José – María-Pastores y distintas figuras bordeando el palacio en protesta por un Rey corrupto y prepotente que va a eliminar a todo aquel que ponga en peligro su poder – Figura Real de Indugarín y politicos corruptos) y por último, una verja con cuchillas (muro de Jerusalén) que intenta subir PAPA NOEL y se clava las cuchillas y sangra y sólo se permite pasar a Dos REYES MAGOS ya que al rey negro y a su paje negro no se le permie cruzar la muralla (fuera todo hombre de color a los indocumentados)

 
 
 
1 – PORTAL DE BELEN con etiquetas de STOP DESAHUCIOS y cinta de policia – JOSE Y MARIA no tienen donde tener a su hijo pero con el buey y la mula ya que representan politicos y banqueros corruptos
 

Con el correr de los siglos se ha modificado y romantizado tanto el relato de Navidad, que inclusive Hollywood —cuya cultura es tan distorsionada como pudiera serlo— jamás logra capturar el sentimiento y circunstancias que rodearon la llegada de Jesús. A decir verdad, incluso algunas iglesias todos los años idealizan el nacimiento de nuestro Salvador. Sin embargo, fue muchas cosas, excepto ideal.

 
2 – MURALLA DE JERUSALEN (VERJA CON PAPA NOEL CORTANDOSE y el NEGRO FUERA) una cinta de que pone electricidad.Hoy también los Palestinos y en nuestro paísMelilla y Ceuta. UN PAPA NOEL SUBIENDO POR LA VERJA Y CLAVANDOSE CON SANGRE LA ILUSION DE MUCHOS HUMANOS;POR UNA VIDA MEJOR; SE LE PROHIBE CASI MATANDOLES:

Cuchillas

En 2013, el Ministerio del Interior volvió a colocar cuchillas en los alambres de la parte alta de la verja a lo largo de un tercio de su recorrido.

3 – ESCRACHE AL PALACIO DEL REY HERODES Y A TODO EL PODER CORRUPTO

 

Herodes daba rienda suelta a su insaciable apetito por el poder. , y nombró como administradores del mismo a un corrupto sumo sacerdote tras otro. Impuso impuestos sobre los judíos mediante el templo de acuerdo a la ley de Antiguo Testamento y luego usó los ingresos para quebrantar el primer mandamiento, construyendo ciudades y templos en honor al emperador y su panteón de deidades romanas. 
 La intriga política, la tensión racial, la inmoralidad creciente y un enorme poderío militar dominaban la atención y conversación de todos. Judea existía bajo la opresión de la pesada bota romana. Fue un tiempo de progreso económico y político sin precedentes para los ricos, y un tiempo de horrorosa opresión para todos los demás. Para el primer siglo a.C., una nube negra se había estacionado sobre Israel, bloqueando todo rayo de esperanza. 

La  reflexión que me sugiere esta situación es la distancia que se ha establecido y se quiere mantener entre los políticos y los ciudadanos. Nuestros diputados no son accesibles para que los ciudadanos les puedan hacer llegar sus opiniones y sus problemas.

Vivimos tiempos complicados, tiempos en los que las decisiones de nuestros gobernantes están produciendo situaciones dramáticas para muchas familias. También deberían comprender las reacciones enérgicas de algunos de ellos que están en situaciones límites. Si en lugar de decisiones de ejercicio del poder de forma autoritaria y alejada se potenciara la participación y el diálogo, las situaciones se entenderían mejor y probablemente también se decidirían de otra manera.

Como lo fueron en los tiempos de Jesús, nuestros tiempos son desesperados. Es más, a menudo son una distracción del cuadro en grande. Tal como la crisis política, económica y espiritual del primer siglo pusieron el escenario para que «el cumplimiento del tiempo» tuviera lugar . . . así hoy, en nuestros propios tiempos salvajes, nuestro Dios está entretejiendo su tapete soberano para realizar su voluntad divina. Los tiempos son difíciles, en verdad, pero nunca toman a Dios por sorpresa. 

La corrupción política, los acomodos religiosos, las crisis económicas, todo esto siempre estará en titulares de primera plana.  Él promete usar nuestros tiempos desesperados para realizar sus propósitos más grandes y mejores en nuestro mundo, y en nuestras vidas.

Image

Marcos Nine dirixe o documental ‘A Aldea do Poeta’ sobre a figura de Díaz Castro

Trátase dun novo proxecto audiovisual sobre o poeta impulsado pola UNED Sénior de Xestoso e que conta coa participación do presidente da Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, Alfonso Blanco Torrado.

Marcos Nine dirixe na actualidade un documental que, co título de ‘A aldea do Poeta’, describe a vida e analiza a obra do poeta de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro, próximo homenaxeado do Día das Letras Galegas.
Trátase dunha iniciativa da UNED Sénior de Xestoso, que pretende así poñer en valor a figura dun escritor descoñecido fóra dos círculos intelectuais galegos e que, pese a pasar gran parte da súa vida en Madrid, sempre estivo ligado ás súas orixes. A Serra de Montouto, a Terra Chá e, en concreto, os camiños que el percorría de neno, son parte principal na súa obra poética.
“Díaz Castro é un poeta da transcendencia, do telúrico, dunha sensibilidade e finura extrema”, describe o profesor Armando Requeixo, estudioso da obra do autor de Guitiriz, que, afirma no documental que hai unha gran parte da obra do poeta inédita e na que se pode descubrir “non só o poeta do social e do circunstancial de Nimbos, senón tamén un poeta intimista, lírico”.
‘A Aldea do Poeta’ conta tamén coa participación do presidente da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Torrado Branco, promotor da candidatura de Díaz Castro para o Día das Letras Galegas e coa aparición de historiador, Felipe Senén; entre outros.
“Díaz Castro nunca abandonou o idioma, a lingua dialectal da Terra Chá, pese a que tivo disputas con Santiago por iso, e defendíaa con fachenda. ‘Foi a lingua que eu mamei’, dicía. O seu compromiso con Galicia e con esta terra foi permanente”, defende Alfonso Torrado.

Outras obras audiovisuais sobre Díaz Castro
Despois do documental ‘A lus do mundo’ dos alumnos e alumnas do IES Poeta Díaz Castro, coñecíamos tamén o proxecto de Cascuco baixo a denominación ‘O instante eterno’ que precisamente foi presentado en Compostela este martes 26 de novembro en forma de montaxe non definitiva. E, a estes, súmase tamén o proxecto da socióloga Pastora Veres en torno á parroquia de nacemento do poeta que leva por nome ‘Os Vilares: lareira de soños’