Archive | octubre 2013

A UNED SÉNIOR DE XESTOSO NA COSTA DOURADA

Foi unha viaxe relampo.

O lugar ben merecía máis tempo, pero non o había. A viaxe de ida durou un día e a de volta outro. Quedaban tres días para disfrutar da visita.

Despois dunha longa pero confortable viaxe de ida, hospedárnonos nun cómodo hotel de tantos que en Salou existen. Repuxemos forzas e descanso para emprende-lo percorrido ó día seguinte da nosa chegada.

O primeiro día cun clima impropio da época, disfrutando dunha temperatura máis que agradable; dirixímonos a Tarragona que noutrora fora capital romana e  puidemos observar os seus vestixios moi ben coidados.

Unha cidade pequena, pero extremadamente limpa e ordenada. As rúas lucían unha limpeza espléndida que podería merecer a vasoira de ouro  do mesmo xeito que a ten Oviedo.

A verdade é que non estou en disposición de afirmar nin de negar que a teña. Non se me ocorreu preguntar.

Entramos no recinto amurallado por unha das portas principais, cruzando parte do barrio antigo para dirixírmonos o seu monumento máis relevante: a catedral, que naceu de estilo románico pero hoxe en día loce un gótico atractivo.

Aproveitamos para facer unha fotografia do grupo na escalinata que accede á mesma para ter unha bela imaxe que vale máis que mil palabras. Eu fixera outra no mesmo sitio corenta anos antes e tróuxome gratos recordos.

Seguindo o percorrido atopámonos co seminario construído en torno á capeliña de San Paulo.

Nas paredes interiores que dan a un patio diante da capela de San Paulo, podíanse ver inscripcións que relataban a historia da cidade e do lugar no que nos atopabamos.

Merecían que nos paráramos alí a disfrutar da historia de tan noble cidade, pero o cronómetro é impasible e non perdoa.

Non podíamos deixar de ver o anfiteatro, reliquia romana, onde os se celebraban loitas de gladiadores, loitas co feras, etc; motivo polo que seguimos cruzando a cidade ata atopármonos ós nosos pés con esta xoia arquitectónica que leva alí nada menos que vinte séculos.

O entorno estaba moi coidado e sabiamente reconstruídos os muros circundantes protexidos con malla metálica. Un amplo mural lembrábanos que Tarragona xunto con Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza, Mérida, Salamanca, San Cristóbl de La Laguna, SANTIAGO DE COMPOSTELA, Segovia, Tarragona e Toledo; foron declaradas no seu día cidades Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Aínda faltaba a Muralla de Lugo…

Naquel lugar tan emblemático ondeaban ó vento as bandeiras de Europa, España, Catalunya e Tarragona.

Flando de bandeiras, dicir que apenas se vían as independentistas por esta zona, marcando unha gran diferencia coa Catalunya do norte.

Introducímonos de novo no centro pasando ó pé do teatro romano que está bastante deteriorado.

Con esto dábamos por ramatada a mañá do primeiro día con moita satisfacción.

Pola tarde dirixímonos a outro lugar monumental: MONTSERRAT que fai honra á montaña onde os axentes meteorolóxico perfilaron unha paraxe de beleza sen igual.

Despois de face-la fotografia de rigor, visitamos a basíica, bicamos a “MORENETA” e alguns aproveitamos para  entonar a “ROSA DE ABRIL MORENA DE LA SERRA, ILUMINEU LA CALATLANA TERRA, GUIEUNOS CAP AL CEL”

Quen máis e quen menos todos saímos abraidos da beleza do lugar así como dos servizos que ofrece. Merecería un día enteiro pero tivemos que conformarnos con menos de dúas horas. Grazas que algúns xa estiveramos alí en repetidas ocasións.

Naquel momento non había ningunha celebración litúrxica e poidemos disfrutar da visita á basílica con certa liberdade. Xa nos gustaría ve-la escolanía pero tivemos que deixar ganas para outra ocasión.

Con esto, o primeiro día deu por rematada a misión programada.

O segundo día tocaba BARCELONA.

Barcelona es bona si la bosa sona; pero a nosa bolsa non sonaba moito e tivemos que conformarnos cunha visita panorámica parando moi poouco nos lugares máis relevantes: Sagrada Famillia, Parque Güell, Monjuic, Praza de España, Praza de Catalunya, Ramblas, Catedral….

Visto e non visto.

Algúns tamén recordaron ó Futbol Club Barcelona contrincando cos partidarios do Madrid. Pero o sangue non chegou ó Llobregat. Tampouco lle facía falta.

Algúns lembramos con moito cariño a Antoni Gaudí. Sen a súa pegada, Barcelona sería algo  ben diferente; pero ninguén nos falou del. Mala sorte.

Foi un día intenso e relativamente ben aproveitado dentro do que se lle pode pedir para visitar unha cidade como Barcelona a vista de paxaro.

Para as persoas que xa a coñecíamos sóubonos a pouco, pero para outros seguramente que os desbordaria:  visitar unha cidade tan populosa e cosmopolita.

O terceiro día diirixímonos a un lugar histórico, moi entrañable onde repousan os restos óseos dos reis e condes de Catalunya: o MOSTEIRO DE POBLET.

De camiño  paramos en Espluga de Francolí. Había a quen lle resultaba familiar a palabra Francolí por un aceite famoso.

Pero a min o que máis me chamou a atención foi a FONT BAIXA que se abastece da auga da FONT MAJOR   a través dunha conducción.

Os seus pichos manan auga abundante que fai  a delicia dos labradores onde apagan a sede e aproveitan para repousar do duro traballo.

A súa orixe é do século XIII, pero foi construída no ano 1852 en estio neoclásico.

Tras unha breve pausa dirixímonos ó MOSTEIRO CISTERCIENSE DE POBLET, onde nos agardaba un guia moi docto e moi agradable que nos explicou a hisrtoria do mosteiro habitado na actualidae por 35 monxes todos nativos menos un que chegou de Sudamérica.

Todo el encerra moita historia, pero seguramente que o máis significativo sexa o feito de que na igrexa atópase o PANTEÓN DE REIS E CONDES DE CATALUNYA. Non se encontran alí os restos do Conde de Barcelona, D. Juan de Borbón, que descansan no Mosteiro de Ripoll, en Girona.

Este mosteiro abarcou unha zona moi extensa de territorio, chegando ata Quart de Poblet en Valencia.

En tempos pasados había monxes legos e con estudios. Hoxe en día admiten homes de toda clase social. Só se lles pide moita fe e moito valor.

Despois de percorrer a diferentes dependicias abertas ó público, rematámo-la visita falando dunha dixestiva calçotada para abrirnos o apetito. Preguntei por ela porque sabía que era propia daquela zona pero os calçots non estaban en sazón. Parece ser que é no inverno cando aproveitan para ofrecer unha calçotada ó mesmo tempo que fan a visita ó mosteiro.

A nosa visita durou hora e pico, pero no inverno só dura media hora porque o mosteiro é inmenso, está habitado por poucas persoas e  o intenso frío da zona, apodérase del.

A visita a POBLET, ben merecía complementarse con SANTAS CREUS e BALBONA DOS MONXES, pero non estaba prevista no programa, polo que non tivemos outra opción máis que retornar a SALOU, onde nos agardaba unha tarde libre como broche de ouro.

Moi cerca atopábase Reus, o pobo natal de Antoni Gaudí; pero non estaba no programa. Ese tema non se tocou. ¡Qué pena!

A misión prevista dábase por cumprida e só quedaba face-las maletas para emprende-la viaxe de retorno ó día seguinte.

Xa na casiña tocaba facer o comentario da viaxe que deixa moitas cousiñas no tinteiro, porque non vén ó caso expoñelas aquí; pero  tamén é certo que se cumpriron en boa medida os obxectivos marcados pola organización. 

Como din alí:

“PARA APRENDER, ANDAR E LER”

 

Para ver as fotos, pinche aquí:

http://www.flickr.com/photos/100923254@N02/sets/72157637164812695/

 

VISITA Á CASA-MUSEO DE MANUEL MARÍA

Imagen

 

Aproveitando unha das clases da Uned Sénior de Xestoso, o día 29 de outubro de 2013, dirixímonos á Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo) onde un representante da Fundación nos recibiu con amabilidade e moito entusiasmo; dirixíndonos unhas palabras na “PALLEIRA” acondicionada como Salón de Actos.

 

A continuación fomos visitando as diferentes dependencias da Casa por grupos.

Mentres un grupo facía a visita, os outros quedaban escoitando ó Profesor que nos acompañaba ou ben procedía a ver uns vídeos sobre o autor en cuestión.

 

Manuel María Fernández Teixeiro naceu na casa de Hortas (Outeiro de Rei) no outono do ano 1929 e morreu en A Coruña pouco antes de comeza-lo outono do ano 2004.

 

 Durante os seus 75 anos de estancia neste mundo descubriu o galeguismo da man de Pimentel e Fole, entre outros, nos seus tempos mozos cando andaba pola capital lucense.

 

Foi Procurador dos Tribunais pero a súa vocación literaria levouno a escribir poesía, ensaio, narrativa e teatro. Conta con 56 obras poéticas e 7 obras dramáticas.

 

Na súa traxectoria  literaria destacan:

 

– A  TERRA.

-O IDIOMA GALEGO.

-O PAÍS.

-O AMOR.

 

No ano 2004 falece Manuel María e a Fundación Manuel María de Estudios Galegos alentada pola viúva do autor, Saleta Goi, ponse en marcha e coa substanciosa cantidade de 350.000 € aportados por diferentes institucións como as Deputacións de Lugo e A Coruña, a Consellería de Cultura, o Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Lugo e os Concellos de Monforte, A Coruña e Pontevedra; conséguese a remodelación da vivenda que visitou o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso na data antes citada.

 

¿Que nos pareceu?

A verdade é non se nos pediu opinión, pero polo que puiden observar e escoitar dos meus compañeiros:

 

-A remodelación da casa non nos chamou nada  a atención no sentido que desexabamos. Máis ben todo o contrario.

 

 ¿Por que?

 

 Pois porque se sacámo-la porta da palleira, o reloxio, a nogueira, a información bibliográfica e pouco máis; non se parece en case nada a unha casa da aldea como as que nos criaron a nós.

 

– Non sabemos o que opinaría Manuel María se levantara a cabeza, pero a xulgar polas pinceladas que nos deu o noso Profesor que era amigo de Manuel María e estivo convidaddo en diferentes ocasións naquela casa; sacámo-la conclusión de que o espírito de Manuel María ía por outro lado:

 

– O AMOR Á TERRA.

-O AMOR Ó IDIOMA.

-O AMOR Ó PAÍS.

-E O AMOR Ó AMOR, que é o que se desprende da súa lectura.

 

Con todo, o Coordinador deixou Constancia no Libro de Visitas a felicitación polo labor realizado, porque -eso si- vese moitísimo entusiasmo na persoa que nos fixo a presentación.

 

Desexamos que todo sexa para ben do rural galego.

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da Uned  Sénior de Xestoso (A Coruña)

 

 

MÁLAGA 2013

O alumnado da Uned Sénior de Xestoso tivo a oportunidade de ampliar coñecementos sobre rodas viaxando á Costa do Sol onde puido compartir vivencias ó mesmo tempo que sumaba saberes no seu haber.

Saberes sobre xeografía, sobre arte, sobre historia, sobre gastronomía, sobre agricultura, sobre climatoloxía, sobre turismo, sobre folclore, saberes, saberes e máis saberes… Porque o saber non ocupa lugar.

A idade do alumnado abarca un parámetro desde os 55 ata os noventa e algo. Dúas xeracións convivindo, cincuenta persoas ben diferentes relacionándose e intercambiando experiencias persoais, culturas diferentes, gustos diferentes, modos de vida diferentes, dúas provincias diferentes e un sen fin de diferencias unidas baixo un denominador común chamado UNED SÉNIOR DE XESTOSO, adscrita á UNED de A CORUÑA.

A batuta levouna o Coordinador que –grazas á cooperación de tódolos asistentes– logrou que a viaxe fora tan enriquecedora como cabe esperar duns universitarios.

Partimos do Parque Natural  das FRAGAS do EUME  para ir cruzando progresivamente o das TABLAS DE DAIMIEL, o de DESPEÑAPERROS, e o PARQUE NATURAL DE TEJENA;  sen esquecer o das TERRAS DO MIÑO que é reserva da biosfera.

Cruzamos tódolos ríos máis importantes de España, agás o máis caudaloso, que nos quedaba moi lonxe.

Sen lugar a dúbidas, o máis limpo é o noso Miño aínda que sexa  o máis pequeniño.

A primavera encargouse de vestir con traxe de gala tódalas paisaxes que fomos observando:

-A verde e frondosa por excelencia na nosa terra galega.

-A tostada dos viñedos do Bierzo, Toledo  e Valdepeñas.

-A de terra cha, e por veces pedregosa, da Meseta

-A olivareira de Jaén

-Os chopos de Granada e a súa Serra Nevada con traxe de noiva.

-A escarpada do Sistema Penibético.

E por fin “A CHAIRA LITORAL” da Costa dos Sol, que foi o destino da viaxe, onde os malagueños nos esperaban coa típica amablilidade andaluza.

Cruzamos unha morea de provincias:

-A Coruña co seu frescor.

-Lugo coa súa frondosidade.

-León cos viñedos, cereais e floridos saramagos que estaban na súa efervescencia primaveral.

-Zamora e Valladolid, máis do mesmo e tamén floridas leiras de nabos que debuxaban amplas sabas de cor amarela moi  intensa e moi rechamante.

-Ávila coa súa paisaxe pedregosa que inspirou a personaxes tan ilustres como Santa Teresa.

-Segovia mostrounos unha parte do Guadarrama, frondosa e fresca como de costume.

-Madrid, sitios tan coñecidos como o “Val dos Caídos”, O Escorial, As Rozas, a capital do Reino e a encrucillada de Camiños de toda España.

-Toledo, co seu viñedo de mata baixa que buscaba a humidade para xermolar e os famosos XIGANTES(MUIÑOS) de Consuegra  cos que metaforicamente loitou noutros tempos Don Quijote de La Mancha, grazas a Miguel de Cervantes Saavedra.

-Ciudad Real presentóusenos cos seus afamados viñedos plantados en terra de cor barro aló por  Valdepeñas, as súa leiras de fresas escondidas baixo un manto de plástico negro, as súas lagoas e o PARQUE DAS TABLAS DE DAIMIEL.

-Case sen decatármonos introudicímonos en Andalucía por unha autovía de recente construcción que apenas nos deixou disfrutar das sinuosas curvas da N-IV ó seu paso polo PARQUE DE DESPEÑAPERROS.

-Jaén vestía –como de costume- o seu uniforme de oliveiras, xeometricamente  plantadas en terra moi ben traballadiña.

-O Sistema Penibético mostróusenos en todo o seu esplendor cando pasamos por Granada, cerca de SIERRA NEVADA que presumía de lucir con intensidade o seu manto branco, ó mesmo tempo que gozábamos do PARQUE NATURAL DE TEJEDA.

-O SISTEMA PENIBÉTICO axeonllado ante o mar MEDITERRÁNEO introducíanos na provincia de destino: MÁLAGA.

-En TORREMOLINOS      agardábannos pacientemente, fóra de horario laboral,   o persoal do hotel que nos hospedou durante a nosa estancia por aquelas terras.

Ó día seguinte poidemos observar que se presentaba un clima moi agradable, o suficientemente caluroso como para estrear a roupa do verán e o suficientemente fresco como para non agoviarnos.

Comerciantes de todo tipo e condición mostrábanos a rota pola que debíamos seguir camiño do mar onde nos atoparíamos cunha ampla praia de área gris, desértica a aquela hora; pero ben amoblada de hamacas e chiringuitos,  e o seu paseo marítimo do que disfrutamos na compañía de persoas de diferentes nacionalidades e culturas.

Despois de visita panorámica de rigor, sentámonos nunha terraza na Praza Principal onde ademais de refrescarnos e compartir  compañía, aproveitábamos para velo ambiente que empezaba a ser movido.

Un dúa “libre” na compañía dos compañeiros da Uned, dá para moito: convives con persoas de distinta idade e condición, experiementas o compañeirosmo de primeira categría en primeira persoa, saes da monotonía diaria, cambias de aires, o clima da zona fai o resto e a saúde agradéceo.

O día seguinte tocaba visita a Málaga que nos agardaba vestida de gala con alfombra vermella incluída, pois estaba celebrando o FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE.

¡Canto glamour!

O ambiente era selecto.

 Por uns instantes esquecíaste  da crise que afecta a todos, vivías algo así como se te levaran en palmitas mentres percorrías os lugares máis céntricos da cidade e lemrabas a persoanxes ilustres como PABLO PICASSO.

 Málaga é unha cidade preciosa onde as haxa.

Desde o seu CASTELO, Málaga, rendeuse os nosos pés.

E despois, MIJAS: a parte montañosa, está moi ben acondicionada cara ó turismo. A creatividade andaluza sácalle partido ás CALESAS, que están ó pé de cañón. Abórdante nada máis pós un pé no chan. E… ¡que dicir dos BURROS TAXI!

Marrocos faise presente nas súas tendas, abundan as “peleterias” aínda que pode ser que encontres algo que mereza a pena.

Alí o burro é O BURRO, con monumento incluído. Ó pé do burro teñen o Santuario da Virxe da Peña, que é a patrona do pobo.

A continuación a famosa MARBELLA e Porto BANÚS

Cando un catalán como JOSÉ BANÚS MASDEU, puxo o ollo alí, algo viu… e deulle bo resultado, fíxose miultimillonario e obtivo varias medallas:

Ó TRABALLO

-Ó MÉRITO TURÍSTICO.

-E A GRAN CRUZ DO MÉRITO CIVIL.

¡Canto pesa a publicidade!

¡Canto pesan  os famosos!

¡Canto pesan os cartos!

¡Como vivimos uns e como viven outros!

Todo o que vimos foi interesante, pero o mellor de todo foi A CONVIVENCIA ENTRE NÓS. Respirábase un ambiente moi enriquecedor e incluso moi familiar en moitos casos. Nin os ricos nos gañan en felicidade que a  fin de contas é o máis importante.

O alumnado da Uned Sénior mostrou unha vez máis que sabe gozar da vida, que sabe estar e que sabe o que hai que saber para ser persoas de ben.

Ese é o noso distintivo e a nosa riqueza.

Somos felices formado un GRUPO UNIDO ó lado do noso Coordinador. Nós sen el faríamos pouco e el sen nós outro tanto.

Sentímonos como: “ÚNICOS E MOI EXEMPLARES”

Eso non quita de que sigamos esforzándonos por mellorar cada día máis porque optimismo non nos falta.

Nivel de satisfacción: MOI BO.

 

Imagen

 

 MERCEDES CACHAZA PLATAS

Alumna da Uned Sénior de Xestoso (A Coruña)

 

 

INAGURACION OFICIAL DEL CURSO 2013/2014

INAGURACION OFICIAL DEL CURSO 2013/2014

El sábado 26 de octubre-con la presencia de unos 200 alumnos de LA UNED SENIOR-se inagurò el curso 2013-2014-en la sede del Centro asociado de a Coruña.Este curso con la entrada del Concello de Rianxo. Al evento que comenzó a las 12 horas – también la presencia de los Alcaldes de Aranga-Guitiriz-Irixoa-Monfero-Paderne y Rianxo,junto con otras autoridades académicas y profesores-tutores.
En el transcurso se proyectó un VIDEO-DOCUMENTAL-realizado por el Director Marcos Nine(ganador de 5 Maestro Mateo)-el titulo “5 AÑOS DE VIDA DE LA UNED SENIOR)

l
El curso 2004/2005 el curso de Geriatria comenzó su funcionamiento-en acuerdo don A UNED DE A CORUÑA-que expedía los títulos de 10 MODULOS DE 60 HORAS CADA UNO-en la especialidad CURSO DE CUIDADOS DE MAYORES A DOMICLIO-que siguen ofreciéndose y asisten junto a la UNED SENIOR.

El Aula de la UNED SENIOR se creó en el curso 2008-2009 en virtud de convenio firmado entre la Dirección de A UNED de A Coruña y el Consejo de Ancianos de Xestoso-esto cubría tanto Concellos de a Coruña como de Lugo-EUME-TERRACHA
La inauguración oficial tuvo lugar en =ctubre del 2008

El Aula de la UNED SENIOR se ubican en las escuelas unitarias-habaneras y en centros de Mayores de los distintos Concellos integrantes(Aranga-Guitiriz-Irixoa-Monfero-Paderne y últimamente RIANXO)
Aulas donde se imparten tutorías del los cursos de la Universidad para Mayores
.

En la actualidad, tras un importante incremento anual, son 210 alumnos los que cursan en el Aula de la UNED SENIOR las diferentes opciones de nuestra oferta formativa.

En el curso 2008/2009 se incorporó a su oferta formativa la UNED Senior, siendo pioneros en esta nueva iniciativa de la UNED que actualmente cuenta con 315 asignaturas matriculas los 210 alumnos. Se firmarón distintos convenios con instituciones diversas para el aprovechamiento común de recursos y profesorado con una valoración positiva por parte de nuestros alumnos.

En este periodo el Aula se ha convertido en un referente cultural en la Comarca EUME-TERRACHA y en su área de influencia, sus actividades de extensión han desarrollado diferentes acciones de divulgación científica y cultural, por poner algunos ejemplos se han realizado conferencias, exposiciones, cursos de verano, presentaciones de libros y cursos de extensión de temáticas diversas con reconocidos ponentes de ámbito nacional.(EL PREMIO CONCEDIDO POR EL INSERSO A LA MEJOR PRACTICA RURAL EN ESPAÑA)

Además se desarrollan actividades del ámbito educativo organizadas conjuntamente con Musepos-Clubs Literarios Y Organismos diversos como han sido las actividades divulgativas de música tradicional OS XOGOS DOS NOSOS AVOS-OS OFICIOS DE ANTES ETC .

En esta andadura el Aula de LA UNED SENIOR se ha consolidado como una estructura vital para el desarrollo académico y cultural de nuestra área de influencia. EL CENTRO DE LA UNED DE A CORUÑA . y los distintos Ayuntamientos,así como -LA CONSELLERIA DE BENESTAR de la Xunta de Galicia y las Diiputaciones de A Coruñaespecialmente y en menor medida la de LUGO trabajan conjuntamente para que aunando esfuerzos sigamos reportando beneficios a la comunidad.

P.C. UNED SENIOR

inag.jpg

El sábado 26 de octubre-con la presencia de unos 200 alumnos de LA UNED SENIOR-se inagurò el curso 2013-2014-en la sede del Centro asociado de a Coruña.Este curso con la entrada del Concello de Rianxo. Al evento que comenzó a las 12 horas – también la presencia de los Alcaldes de Aranga-Guitiriz-Irixoa-Monfero-Paderne y Rianxo,junto con otras autoridades académicas y profesores-tutores.
En el transcurso se proyectó un VIDEO-DOCUMENTAL-realizado por el Director Marcos Nine(ganador de 5 Maestro Mateo)-el titulo «5 AÑOS DE VIDA DE LA UNED SENIOR)

l
El curso 2004/2005 el curso de Geriatria comenzó su funcionamiento-en acuerdo don A UNED DE A CORUÑA-que expedía los títulos de 10 MODULOS DE 60 HORAS CADA UNO-en la especialidad CURSO DE CUIDADOS DE MAYORES A DOMICLIO-que siguen ofreciéndose y asisten junto a la UNED SENIOR.

El Aula de la UNED SENIOR se creó en el curso 2008-2009 en virtud de convenio firmado entre la Dirección de A UNED de A Coruña y el Consejo de Ancianos de Xestoso-esto cubría tanto Concellos de a Coruña como de Lugo-EUME-TERRACHA
La inauguración oficial tuvo lugar en =ctubre del 2008

El Aula de la UNED SENIOR se ubican en las escuelas unitarias-habaneras y en centros de Mayores de los distintos Concellos integrantes(Aranga-Guitiriz-Irixoa-Monfero-Paderne y últimamente RIANXO)
Aulas donde se imparten tutorías del los cursos de la Universidad para Mayores
.

En la actualidad, tras un importante incremento anual, son 210 alumnos los que cursan en el Aula de la UNED SENIOR las diferentes opciones de nuestra oferta formativa.

En el curso 2008/2009 se incorporó a su oferta formativa la UNED Senior, siendo pioneros en esta nueva iniciativa de la UNED que actualmente cuenta con 315 asignaturas matriculas los 210 alumnos. Se firmarón distintos convenios con instituciones diversas para el aprovechamiento común de recursos y profesorado con una valoración positiva por parte de nuestros alumnos.

En este periodo el Aula se ha convertido en un referente cultural en la Comarca EUME-TERRACHA y en su área de influencia, sus actividades de extensión han desarrollado diferentes acciones de divulgación científica y cultural, por poner algunos ejemplos se han realizado conferencias, exposiciones, cursos de verano, presentaciones de libros y cursos de extensión de temáticas diversas con reconocidos ponentes de ámbito nacional.(EL PREMIO CONCEDIDO POR EL INSERSO A LA MEJOR PRACTICA RURAL EN ESPAÑA)

Además se desarrollan actividades del ámbito educativo organizadas conjuntamente con Musepos-Clubs Literarios Y Organismos diversos como han sido las actividades divulgativas de música tradicional OS XOGOS DOS NOSOS AVOS-OS OFICIOS DE ANTES ETC .

En esta andadura el Aula de LA UNED SENIOR se ha consolidado como una estructura vital para el desarrollo académico y cultural de nuestra área de influencia. EL CENTRO DE LA UNED DE A CORUÑA . y los distintos Ayuntamientos,así como -LA CONSELLERIA DE BENESTAR de la Xunta de Galicia y las Diiputaciones de A Coruñaespecialmente y en menor medida la de LUGO trabajan conjuntamente para que aunando esfuerzos sigamos reportando beneficios a la comunidad.

P.C. UNED SENIOR

Concello de Tordoia, Dolmen de Cabaleiros e a Pena Longa de Seixán

Alumnos da clase de Historia de Galicia da UNED SENIOR de Xestoso, acompañados do seu profesor o arqueólogo

Felipe-Senén, visitaron monumentos prehistóricos do concello de Tordoia, como o dolmen de Cabaleiros e a Pena Longa de Seixán.

Clase a fin de adentrarse en escenarios do Neolítico e do Megalitismo, para entender aquel primer intento organizativo e xerarquico no que tanto se domesticaba ós animais e ás prantas, como ó mesmo  medio natural.

Adentrándose nos cultos animistas á naturerza, ás pedras, a auga, ó lume, orixe de moitas festas de caracter agrario que aínda perviven.

Os alumnos comprobaron tamén o estado de deixadez, a falta de coidados, limpeza, que presentan estes atractivos recurosos identitarios e turísticos, así como con grandes dificultades para o aparcadoiro.

 

Imagen

 

Imagen

Encuentro de PEMAN CON EL COORDINADOR de LA UNED SENIOR

Se celebró un encuentro en la sede de la UNED del famoso meteorólogo galego con el Coordinador de la Uned senior  para comenzar las clases en este 2º trimestre y elaborar un esbozo general de la asignatura que impartirá Peman en la UNED SENIOR.
 
Santiago Pemán, el hombre del tiempo más famoso de Galicia, arrasa por donde pasa.
Nació en Santiago de Compostela – 8 de Abril de 1936 .Tiene Titulo de aviación Civil como piloto desde 1960 y en 1970 inspector de aviación Civil.
En la escuela de comercio de A Coruña en 1960 – el titulo de Perito Mercantíl. También es patrón de de yate con el titulo Capitán y hombre del tiempo en TVG desde 1986.
Los temas a dar serán:
Introducción al Cambio Climático.  Nos afecta de verdad?
Climatología en General
Climatoloxía Galega e a súas diferencias
Los vientos dominantes en Galicia – el mar.
Refrans metereoloxicos e ditos populares
Todo esto y más – donde habrá una participación activa de los alumnos.
 
Imagen

Museo arqueoloxico de Vilalba

Onte, día 11 de decembro, os alumnos da Uned Senior de Xestoso, viaxamos a Vilalba, para visitar o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía. Antes desta visita, demos un pequeno paseo á beira do río Magdalena, contemplando a paisaxe e tamén os diferentes monumentos adicados a varios escritores da Terra Cha, como Manuel María, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Fernán Vello, Darío Xoán Cabana, etc. Neste percorrido, hai varios muíños recuperados. Entre eles, o muíño do Rañego, onde tivo lugar, hai algún tempo,  o nomeamento de Chairego de Honra do noso profesor D. Felipe Senén López.
A continuación, fixemos a visita ao museo, cuxa alma mater foi un médico de profesión, pero amante da arqueoloxía, Don José María Ramil Soneira, quen se dedicou a estudar os restos máis antigos de seres humanos que aparecen en Galicia, desde o Paleolítico, ata a época romana. Coleccionou pedras e restos de animais e plantas, que lle ían proporcionando os paisanos, e tamén procedentes de escavacións arqueolóxicas. Tamén experimentou tallando a pedra, Foi coñecedor da técnica do traballo, de como facer as ferramentas que utilizaban os homes prehistóricos.
Neste museo, existen restos do Paleolítico, do Neolítico e da Idade do Bronce, ata a cultura castrexa. E axuda moi ben aos visitantes a comprender o mundo da antigüidade. Non só é un Museo de Prehistoria, senón tamén un centro de investigacións arqueolóxicas.
Guiados por Don Eduardo Ramil Rego, fillo do fundador do museo, fixemos un percorrido polas distintas salas, seguindo unha orde cronolóxica, desde o Paleolítico ata o mundo romano. Escoitando as amplas e claras explicacións do guía, puidemos contemplar nas distintas vitrinas e paneis, útiles de pedra(lascada e pulida), pezas de cerámica, obxectos metálicos, como puñais, etc. Non só obxectos creados polo home, senón tamén restos de animais e plantas, que nos permiten coñecer mellor aos poboadores da antigüidade e ao seu hábitat.
Sorprendeunos escoitar como se atoparon en Galicia restos de hienas(mesmo excrementos), de elefantes, de rinocerontes, de bisontes, etc., que habitaron nestas terras durante a época cálida. Como no transcurso das distintas épocas, desde o Paleolítico, Idade da pedra lascada, o Neolítico, Idade da pedra pulida e Idade de Bronce ou dos metais, os homes pasaron de comer restos de animais, mesmo enfermos ou mortos, a ser cazadores e pescadores, cando xa dominaban a técnica de confección de ferramentas. Logo, empezaron a cultivar a terra e a domesticar animais, e fixéronse sedentarios, construíndo aldeas, ata chegar aos castros. Cando xa tiveron a comida asegurada, puderon dedicarse á arte, e así aparecen as pinturas nas covas, os petróglifos ao aire libre, etc.
Outro aspecto interesante son os monumentos funerarios que, ao principio, eran lugares de enterramento comúns; pero, logo, cando apareceron as primeiras diferencias sociais, xa son individuais.
Finalmente, temos que dicir que nos consideramos privilexiados por poder facer estas viaxes tan enriquecedoras, e, neste caso, por poder visitar este marabilloso Museo de Vilalba.
Grazas a Don José María Ramil Soneira e ao seu fillo Eduardo por esta gran obra.

Uned Senior de Xestoso.

LOURDES-alumna de UNED SENIOR

Para ver as fotos, pinche aquí:

http://www.flickr.com/photos/100923254@N02/sets/72157636652016486/

A MULLER NA UNED SENIOR DE XESTOSO

En solidariedade con máis da metade da poboación mundial, a Uned Senior de Xestoso celebrou o DÍA INTEERNACIONAL DA MULLER-2013, centrándose na vida das mulleres que deixaron máis pegada en cada un dos seus membros: avoas, nais, mestras, esposas, amigas….

Foi un acto sumamente participativo e sumamente emotivo: chegou ó corazón de tódolos presentes removendo no baúl dos recordos a mellor herdanza que deixaron moitas mulleres nas nosas vidas, provocando a aparición de máis dunha bágoa…

A celebración estivo presididda polo Coordinador da Uned Senior de Xestoso: D. Luis Ángel Rodríguez Patiño e os Profesores de Informática, Música e Historia de Galicia.

Durou preto de oito horas que estiveron repletas de diferentes actividades:

1.- Actuacións musicais variadas, a cargo do alumnado de Música da Uned Senior, sabiamente dirixidos polo Profesor da materia.

2.- Charla sobra a MULLER GALEGA a cargo do sabio Profesor de Historia de Galicia

3.- Aportacións escritas de varias alumnas sobre temas relacionados coa muller, especialmente a muller galega do médio rural, que souberon incidir no máis sensible da alma humana.

Cabe resaltar que este tipo de aportacións vense incrementado nos úlltimos tempos; o que indica maior implicación do alumnado na vida da Uned Senior de Xestoso.

4.- Recitación de poesías a cargo de outros.

5.- Cancións varias a cargo dos alumnos dotados de mellor voz e predisposición para o canto.

6.- Música en vivo a cargo do noso moi querido e moi sábio Profesor de Música.

7.- Baile por parellas e en equipo.

E tampouco podía faltar nun horario tan prolongado unha boa mesa con productos típicos da nosa terra sabiamente elaborados pola nosa cociñeira de sempre; unha longa conversa, intercambio de saúdos, apertas e outras manifestación de amistade.

Foi un día moi importante para engadir á nosa “ Historia da Uned Senior de Xestoso”.

 

MERCEDES CACHAZA PLATAS

(Alumna da Uned Senior)

Para ver as fotos pinche aquí:

http://www.flickr.com/photos/100923254@N02/sets/72157636651743034/

 

 

GUIA DIDACTICA:GIMNASIA A TRAVES DEL BAILE

GUIA DIDACTICA
“LA SALUD Y EL BAILE”
UNED SENIOR
Coordina
Silvia Cerame Pérez. UNED. Enfermera
scerame@scerame.com
INTRODUCCIÓN:
Los seres humanos, desde tiempos ancestrales, han usado el baile para celebrar, sanar
compartir en comunidad y expresar sentimientos. Hoy en día el baile se usa en
tratamientos de enfermedades tanto físicas como mentales.
Sabes que necesitas hacer ejercicio, pero te dices a ti mismo “no tengo edad ya para
ello”, un lugar adecuado y, sobre todo, ganas. Eres consciente de que el ejercicio es
sano, pero practicarlo se convierte en una pequeña (¿pero muy pequeña?) molestia.
¿Por qué no probar con el baile?. Es divertido, vemos a los amigos y se hace ejercicio
sin apenas darnos cuenta.
La práctica regular del baile quizá nos convierta en bailarines especializados, pero
nosotros buscamos saber bailar y que esto nos proporcione una serie de beneficios que
después repercutirán en una mejora importante de nuestra salud y de nuestra calidad de
vida.
· Al mover las piernas se activa y se mejora la circulación sanguínea hacia el
corazón. Al igual que los ejercicios aeróbicos, el baile, si se practica con
regularidad, puede ayudar a disminuir tu ritmo cardiaco, la presión arterial y el
nivel de colesterol en la sangre. De acuerdo a los expertos, es necesario practicar
baile durante 30 a 40 minutos de tres a cuatro veces a la semana para mejorar la
salud de tu corazón.
· Bailar ayuda al mantenimiento de los reflejos. En casi todas las clases de baile se
realizan ejercicios de estiramiento y calentamiento. Al practicar los movimientos
de un baile en específico todas las semanas en las clases, se desarrolla la
flexibilidad, agilidad y mejor coordinación. Estas habilidades son altamente
beneficiosa para la salud en general. De hecho, el baile podría ayudar a que una
persona mejore su flexibilidad, aun cuando padece de un trastorno neurológico
como la enfermedad de Parkinson. En un estudio realizado en la escuela de
medicina de Washington University se descubrió que bailar tango argentino era
mejor actividad física para mejorar la capacidad de movimiento en los pacientes
de la enfermedad de Parkinson que una clase de ejercicio.
· El baile también fortalece los huesos y mejora la postura. Muchos estilos de
baile requieren de movimientos que fortalecen los huesos como la tibia, el
peroné y el fémur. Una práctica regular de baile puede evitar o disminuir la
pérdida de masa ósea, previniendo de esta manera la osteoporosis.
· Cada estilo de baile ayuda a fortalecer diferentes grupos de músculos mediante
la práctica de movimientos repetitivos y coreografías. Esto significa que, con
una práctica regular de baile, se puede desarrollar resistencia para realizar
actividades físicas durante largos periodos de tiempo sin mucha fatiga. . Todos
los estilos de baile ayudan a fortalecer el sistema muscular. Los bailes que
requieren de saltos, como el ballet, fortalecen los músculos de las piernas. Bailes
como el flamenco ayudan a fortalecer los músculos de los muslos, piernas y
brazos.
· Reducción del colesterol por eliminación de toxinas y control de peso. Al igual
que caminar o nadar, bailar ayuda a quemar calorías. En media hora de baile se
pueden quemar entre 200 y 400 calorías. Cada vez que se practica una rutina de
baile se están dando cientos de pasos. Sin lugar a dudas, practicar esas
placenteras rutinas de baile es una de las maneras más divertidas de mantener el
cuerpo en forma.
· Los beneficios del baile no se limitan a tu salud física. El baile también ayuda a
mantener tu cerebro en forma. Al aprender rutinas de baile y coreografías,
mejoras tu memoria y tu habilidad de realizar varias tareas al mismo tiempo. Un
estudio realizado por el American Council on Exercise descubrió que las
personas que practican bailes de salón al menos dos veces a la semana son
menos propensas a desarrollar demencia. También algunos investigadores han
descubierto que el baile podría ayudar a reducir los riesgos de la enfermedad de
Alzheimer.
· Es una actividad social que reduce el estrés y la tensión. Los estudios han
demostrado que las actividades sociales, como el baile, ayudan a que las
personas tengan una vida más longeva y sana. Ayuda a evitar el aislamiento
social por medio de las relaciones interpersonales
· El baile da la oportunidad de expresar a tu ser auténtico. Pone en contacto a la
persona con su cuerpo y su alma. Ayuda a que se sienta cómoda con su
apariencia física. Bailes como la danza del vientre, el flamenco, la salsa y las
danzas africanas celebran todos los tipos de cuerpo. Cuando se aprende un baile
y se comparte lo aprendido en el grupo la persona se siente satisfecha consigo
misma. La experiencia de aprender un baile proporciona sentimientos positivos
que fortalecen su autoestima y confianza en ti misma.
· La respiración se hace más liviana y fácil con el ejercicio y por lo tanto es
beneficioso el baile para ayudar a respirar mejor
· Mejoría de la flexibilidad de las articulaciones
· Ayuda a mejoría del sueño para que sea más profundo y fácil de conciliar
· Mediante el baile se trabaja la coordinación y memoria visual porque por medio
del baile hay que seguir el ritmo de la música
· Ayuda al control de la diabetes en personas que la sufren pues el ejercicio hace
bajar los valores de la glucosa
Todos hemos bailado alguna vez, pero al convertirlo en un hábito conseguiremos que
nuestro cuerpo y nuestra mente noten todos sus beneficios. ¿No te parece que ya estás
tardando en empezar?, esta sería la pregunta que deberíamos a hacer a nuestros alumnos
de la UNED Sénior.
Y es muy importante erradicar la tendencia natural al ostracismo en las personas
mayores, conseguir que sigan sintiendo la necesidad de “hacer algo” de ser útiles,
relacionarse con los demás y abandonar ese “morir un poco” que suponen las horas
perdidas sin nada mejor que hacer que tragarse las novelas o los programas rosas de la
“tele” en ese momento. Esto se consigue dándoles algo en lo que además de moverse se
diviertan y esto es el baile. Pues vamos a una fiesta o verbena en un pueblo y nos
encontramos que los que bailan toda la noche son la gente mayor y no se cansan, pasan
todas las horas en que la orquesta toca bailando con su pareja. El hecho de asistir a clase
supondrá salir de casa y abandonar el sedentarismo del televisor, integrarse en un grupo
humano y sentir la pertenencia a él, descubrir una nueva diversión y hacer ejercicio.
Se ha hablado poco o casi nada del baile al enumerar sus ventajas. Porque el aprendizaje
del baile no es en sí el objetivo de la actividad. Es el medio, es la excusa, es la
justificación, pero nunca el fin en sí mismo.
OBJETIVO
Mejorar su salud y por lo tanto mantenimiento de la misma, que salgan de sus casas,
que hagan ejercicio, que se integren en un grupo, que se sientan parte de él, que
disfruten y que descubran una nueva forma de pasarlo bien… si además de esto,
somos capaces de enseñarles a bailar, aunque sólo sea un poco, habremos conseguido
cumplir con creces nuestra misión, que no es otra que contribuir a mejorar su calidad
de vida.
Los beneficios del baile para la salud son numerosos. No importa que tipo de baile sea–
salsa, tango, danza del vientre, flamenco, bailes de salón–todos estos estilos de baile son
actividades físicas saludables. Cuando bailas no sólo obtienes los beneficios de un
ejercicio aeróbico. También recibes los beneficios mentales y emocionales que aporta
una actividad social.
CONTENIDOS
PRIMERA PARTE DEL CURSO:
**Explicación teórica apoyada por PowerPoint de unos 20 minutos, explicando:
a) Lo que se intenta conseguir, beneficios para la salud y mejoría de la misma con
el baile
b) Explicación de los grupos musculares y huesos que se mueven con el baile
c) Los distintos tipos de baile que son usuales entre la gente mayor y que pudieran
aprender para beneficio de su salud. Explicando que tipo de hueso, articulación o
músculo se mueve en ese baile.
Descanso de 10 minutos
SEGUNDA PARTE DEL CURSO:
**Explicación práctica de los distintos tipos de baile y ritmos musicales que son
adecuados a las personas mayores como merengue, bachata, bolero, salsa, son,
pasodoble, cha cha cha, etc.
Esta parte práctica se hará durante el resto de la clase e incluso si quisieran podrían
quedarse practicando otro tiempo.
BIBLIOGRAFIA
*** Beneficios del Baile, boletín Informativo de Azúcar Abasto, Dic. 2001
*** Hablar con el cuerpo, Editorial Comanegra SlImagen